GATTACA
En setembro o “New York Times” mostraba a toda páxina un anuncio sorprendente: na composición víase a foto dun bebé xunto cun menú para o “melloramento xenético” proporcionado por GATTACA, unha empresa de enxeñería xenética. O anuncio ofrecía diferentes posibilidades segundo o que os potenciais clientes estivesen dispostos a pagar: podíase escoller dende un coeficiente intelectual superior á media ata determinadas cualidades atléticas para os futuros bebés. Miles de persoas, moitas delas futuros pais, entraron na dirección de Internet que figuraba no anuncio pero descubriron que se trataba soamente do anuncio dunha película.
(Sacado de Internet sobre a promoción da película “Gattaca”)
Daste conta do por que do título escollido?, que significa a palabra Gattaca? (Pista: É unha palabra formada polas siglas das bases do ADN)?
Que opinas do uso da selección xenética na forma en que se nos presenta no filme?
Tags: manipulación xenética, xenética
Xoves 19 de Febreiro do 2015 ás 2:32 pm
GATTACA son as iniciales das catro bases nitroxenadas (guanina, adenina, timina e citosina)
é unha película que che fai pensar como sería o futuro, si poderíamos ter ou non fillos xenéticamente perfectos.
A película ten detalles científicos coma a escaleira en forma de dobre hélice coma a estructura do ADN.
O contido da película é moi bo, xa que fala dun tema moi interesante.
Mirando esto desde un punto de vista negativo no estamos de acuerdo xa que no queremos que nuestros hijos salgan perfectos, sino como la naturaleza desee, y desde un punto de vista positivo se podría evitar las enfermidades.
Laura Cañon y Nerea Cuesta.
Xoves 19 de Febreiro do 2015 ás 2:33 pm
A orixe do título é unha combinación das iniciais das bases nitroxenadas do ADN: adenina, guanina, timina e citosina.
Só traería beneficios á xente rica que se puidese permitir ter fillos “xenéticamente perfectos”, e se convertiría nunha nova forma de discriminación ao analizar as cualidades dun individuo facéndo análises, reservando os mellores postos de traballo para os que foron “prefabricados”.
Xoves 19 de Febreiro do 2015 ás 2:37 pm
GATTACA: Son as bases nitroxenadas do ADN humano (Guanina, Tinina, Citosina e Adenina)
Dependendo do uso que se lle dea, estamos a favor ou en contra. Por exemplo, si é para eliminar posibles enfermedades xenéticas, estamos de acordo. Pero sin embargo, si o uso que se lle daría é para crear un ser humano “superior”, non estamos de acordo, xa que eso ocasionaría (tal e como se mostra na película), unha enorme discriminación entre uns humanos e outros.
Diego Allo e Rubén Martínez.
Xoves 19 de Febreiro do 2015 ás 2:38 pm
Son as siglas das bases nitroxenadas do ADN.G (guanina), A(adenina), T(timina) e C(citosina).
Non se pode discriminar a alguen pola súa carga xenética nin polos seus defectos nos xenes, unha persoa pode ser apta pra facer calquera traballo por moitos problemas xenéticos que teña. Cada un de nos temos unha serie de defectos.
No filme plantéxasenos a selección de características dun embrión e a nos parecenos que pode ser unha cousa que no futuro se poida chegar a realizar ao pagar unha importante suma de diñeiro.
Aida Ferreiro e Arancha Romay.
Mércores 25 de Febreiro do 2015 ás 1:21 pm
GATTACA (G-A-T-T-A-C-A, formada polas bases nitroxenadas nas que se codifica o ADN), reflicte un mundo no que as persoas viven condicionadas polos seus xenes, e están divididas en aquelas nas que estes se organizaron de maneira natural e aleatoria (fillos de Deus) e os que foron seleccionados pola man do home.
A selección xenética actual é capaz de escoller certos aspectos, aínda que non pode diseccionar ás persoas da maneira en que se ve na película, quizais porque nós aínda somos conscientes de que somos moito máis ca un conxunto de xenes. Ó meu punto de vista, a xente de GATTACA non é capaz de ver máis aló da información que levan dentro, sen decatarse de que o mundo que lles rodea pode condicionalos moito máis do que pensan, máis que eses paquetiños contidos nas células e escritos con catro letras.
Belén Paz Allo 1ºBAC C
Sábado 28 de Febreiro do 2015 ás 10:48 pm
A primeira que podemos destacar da película, é o título, que encaixa coa temática referente ao ADN do propio filme, “GATTACA” é una pequena secuencia de ADN, formada por un conxunto de bases.
A nosa opinión sobre este uso da xenética, é que non é correcto, xa que podemos ver que na película úsano como unha nova maneira de discriminar ás persoas. As nacidas como bebés de deseño, danlles a prestixio e traballos máis privilexiados en postos superiores. Mentres que aos “fillos de deus”, danlles postos de moita menor categoría. Aínda que se chegamos a punto de poder saber, dende o momento da fecundación, as enfermidades graves, como por exemplo cancros, sería unha das cousas boas nesas situacións. Inclusive, poder quitar esa enfermidade dos nosos xenes para evitar que se desenrolen.
Tamén observamos que a felicidade non é algo asegurado apesar de que se trate de persoas xeneticamente perfectas. Por que? Para nós, a felicidade atópase en como vivir. Que che causa máis satisfacción, loitar toda a túa vida polo que queres ou nacer xa con iso proporcionado por ser como es? A resposta é fácil e máis se vemos o caso de Jerome, que logrou suicidarse porque non era capaz de asumir ter unha medalla de prata, cando estaba creado para ter a de ouro. Así que unha vida curada de adiccións, enfermidades e deseñada polos proxenitores. A felicidade só a vemos en Vincent, porque tras loitar e caer polo camino logrou facer realidade o seu soño, vencendo á perfección coas súas imperfeccións.
Así que a xenética neste caso ten más desventaxas que virtudes para nós. Xa que unha vida na que non se pode alcanzar o que desexas, sería vivir unha vida con ganas de que xa rematara.
María Ramos Carro e Estela Bea Muñiz 1ºBACH C
Mércores 4 de Marzo do 2015 ás 7:22 pm
GATTACA hace referencia a una secuencia de bases nitrogenadas : Guanina, Adenina, Timina y Citosina.
La película me gustó mucho por que muestra una historia que realmente , tal y como está avanzando la ciencia, podría pasar perfectamente; ser aceptado o no dependiendo de los genes que tengas , hacen que lo que antes se daba por azar , ahora puedas elegirlo tú. Yo personalmente si tuviese un/a hijo/a y pudiese elegir que no padeciese enfermedades de corazón etc.. también lo haría si pudiera permitírmelo aunque de esta forma estemos dando pie a una nueva forma de discriminación.
De todos modos hay que ver hasta donde puede llegar la ciencia, y ojalá viva para seguir viendo con que nos sorprende día a día.
Sara Docal.
Domingo 8 de Marzo do 2015 ás 5:24 pm
Andrés Oubiña e Carlos Santiago:
O título de palícula está escrito coas bases nitroxenadas do ADN: G(guanina), A(adenina), T(timina), C(citosina).
Da forma na que se nos presenta o filme, parece ser toda a cara negativa desta forma de usala ciencia. Tal como mostran, en lugar de mellorar a raza e a vida individual das persoas no mundo faríao aínda máis inxusto e estamental, dividindo a sociedade, como na película, en fillos de Deus e en “perfectos”, chegando ó punto no que en vez de entrevistas, cun exame de sangue poderíase contratar xente ou non.
Por outro lado sempre nos queda a parte boa de poder axudar a persoas enfermas ou minusválidas.
Domingo 8 de Marzo do 2015 ás 7:56 pm
Gattaca é o acronimo das proteinas que forman o ADN: Adenina, Citosina, Guanina e Timina.
Esta pelicula ocupase dun futuro moi cercano onde os pais, grazas aos avances na medicina xenetica, teñen a posibilidade de configurar o material xenetico dos seus fillos. Antes da xestacion os embrions son seleccionados para evitar enfermidades e calquer outro rasgo que poida calificarse de indesexable. Desa forma, o novo ser creado nun laboratorio e un “ser valido”, un individuo controla as suas capacidades desarroiadas ao 100 por 100. Un ser casi perfecto.
Nos pensamos que no filme o protagonista aproveitase do seu irman e o seu material xenetico modificado, porque el tiña problemas de saúde e o seu soño era ir a Lúa pero polos seus problemas nunca podria facelo pero grazas ao seu irman que fora modificado xeneticamente pudo conseguir o seu soño mentras que o seu irman morreu nos motores do cohete.
Sara Dominguez e Uxía Santos Carregal.
Luns 9 de Marzo do 2015 ás 7:26 pm
O nome de Gatacca débesea ás bases nitroxenadas que forman a secuencia da cadea do ADN (ácido desoxirribonucleico).As bases nitroxenadas son compostos orgánicos e os eslabons que forman a cadea do ADN son o ácido nucleico que contén as instruccións xenéticas utilizadas no desarrollo efuncionamiento dos organismos vivos conocidos.
Así Gattaca é unha pequena secuencia de ADN, xa que as letras G, A, T e C que forman a palabra son as iniciales das bases nitroxenadas que forman o ADN: guanina, adenina, timina y citosina.
Pensamos que na película Gattaca,baséanse na selección natural,se eres apto para facer certas cousas irache ben en todo,en cambio si tes a mínima discapacidade,por herencia,ou por fallos xenéticos,xa serás descartado para un grupo chamado os discapacitados e facer traballos que ao resto non lle gustan,como acabou de barrendeiro o protagonista da película,pero realmente o seu soño era mais poderoso que o que os médicos e as probas decían e consegiu entrar donde el quería ata chegar o punto de cumplir o seu soño,asi que realmente si se quere ,por moitas probas que digan que non ,podes,pois el levouno a cabo.
En cambio ao mellor tes uns xenes moi bos e non sirves para moitas cousas que o que está mal xenéticamente si pode.
Non escolleriamos un bebé de deseño,pois un fillo ten que ter os seus pros e contras,idealizar un fillo e como si ao fin e ao cabo non fora teu,pois non ten os xenes que ti en verdade lle deches ,se non que os mellores teus e da tua parella que escolleches,os país queren o mellor para os fillos,pero cada un é como é cos seus xenes ainda que a selección natural actúe constantemente.
María Santamaría e Sarah Michele Labandeira 1BAC B
Xoves 12 de Marzo do 2015 ás 3:46 pm
Penso que o título da película ven dado do feito de que a empresa de dito nome mellora o ADN de futuros bebés.
Penso que este é un avance moi importante e útil, xa que poderemos determinar que un fillo teña a máis mínima propensión a padecer enfermidades. Por outra parte, penso que sería un método moi caro e só ao alcance de moi poucos, polo que podería darse o caso de que os bebés “perfectos” discriminasen aos que non o son.
Xoves 12 de Marzo do 2015 ás 8:55 pm
O título da película é unha secuencia de ADN (Guanina, Adenina, Timina, Timina, Adenina, Citosina, Adenina), ten que ver coa xenética o tema principal da película.
Na película hai unha enerme desigualdade entre os que poseen boas características xéneticas (que xa foron elexidas de ante man) aos que chaman validos e teñen un futuro prometedor e os que poseen características desventaxosas (que foron nacidos sen ninguha modificación xenética) aos que chaman inválidos e non teñen nin futuro.
Venres 13 de Marzo do 2015 ás 8:00 pm
Cremos que o nome dado á película, “Gattaca” provén das bases nitroxenadas das cadeas de nucleótidos do ADN. G (guanina), A (adenina), T (timina) e C (citosina). Pensamos que é unha crueldade xa que a persoa perfecta non existe, todos temos cousas favorables e cousas negativas. O feito de tratar aos “fillos de Deus” é moi inxusto. Isto parecenos un abuso da ciencia e un menosprecio ás persoas. A calidade de vida e as nosas características ou enfermidades non se poden escoller, xa que así non sería igual de rica a nosa especie.
Antía Dios e Ruth Vidal.
Sábado 14 de Marzo do 2015 ás 12:49 pm
O titulo Gattaca foi minuciosamente escollido xa que é un nome creado a partir das bases do ADN (Guanina,Citosina,Timina e Adenina). A pelicula trasladanos a un mundo cunha visión distopica de un mundo mais transhumanista donde a principal forma de nacemento de persoas e posible baixo a selección xenetica. Debido a isto e co paso do tempo os únicos ser humnaos considerados dignos, ou perfectos eran os que nacian cunha modificación xenetica para quedaren libres de defectos xeneticos e enfermidades, os que eran hijos de dios ou nacidos de forma natural eran denominados aos peores traballos en comparacion aos “perfectos”, polo que a min respecta e baixo esta sociedade penso que esto seria un tipo de ventaxa a nivel medica pero a vez racista a nivel social.
Domingo 15 de Marzo do 2015 ás 10:52 am
O nome da película básase nunha pequena secuencia de ADN, que leva as iniciais das bases nitroxenadas que o forman: Adenina, Guanina, Citosina, Timina.
Estou de acordo ca forma na que a película nos presenta a selección xenética. Si é certo que esta nova técnica pode mellorar moito a nosa sociedade en xeral, pero tamén e certo, que non solo as persoas ”perfectas” poden facer cousas máis complexas e ser os que máis destaquen, deixando ós chamados fillos de deus como incapaces de facer as mismas cousas que eles.
Alba Comojo Viñas
Luns 16 de Marzo do 2015 ás 7:22 pm
O nome da película é unha secuencia do ADN, que son as iniciais das bases nitroxenadas: Adenina, Guanina, Citosina, Timina. A escaleira da casa de Jerome, a nos pareceunos a doble hélice do ADN.
Pensamos que a persoa perfecta non existe, cada un ten as súas cousas positivas e negativas. Nesta película hai un absoluto abuso da ciencia e desprezo cara as persoas que son ‘fillos de Deus’.
Alexandra Zapata, Sonsoles Bermúdez e Irene Maquieira
Martes 17 de Marzo do 2015 ás 3:50 pm
O título ven das 4 bases nitroxenadas do ADN. Na miña opinión persoal a película ten trozos subrealistas ou mellor dito futuristas, pero si se pode apreciar ben que nesta sociedade cada vez e maior o número de persoas seleccionadas xenéticamente o que pode traer consecuencias positivas como un aumento das probabilidades de vida, pero faría dos humanos unha máquinas perfectas con apenas capacidades para sentir.
Jose suarez 1ºb
Martes 17 de Marzo do 2015 ás 10:26 pm
Creemos que a película fálanos dun futuro quizais non tan afastado como a primeira vista pódenos parecer. A pegada genetica aquela información que atopamos no DNA e que nos permite distinguirnos uns doutros, é un dos temas tocados pola xenética que non é precisamente dos máis atrasados. Hoxe en día xa se poden obter bebés parcialmente á carta, outra cousa é que estea permitido ou non. Tamén hai quen cre que é inmoral. O gran problema de popularización e normalización das técnicas de bebes in vitro “á carta” seria o que presenta a película, a discriminación de certa parte da poboación. Hoxe en día tambien hai empresas que nos ofrecen comunicarnos, mediante unha análise de angre, a nosa esperanza de vida e as posibles causas da nosa morte. Si isto se normalizara, tamén nos introduciria de cabeza cara a un novo e grave problema social. Un exemplo é o.feito que á hora de atopar un traballo, os xefes nunca elixirían a alguén que saben que é.propenso a sufrir moitas enfermidades ou no caso dunha axencia de seguros de vida, quizais non aceptarían alguén que tivese que morrer xoven.
Pili Rial e Héctor Arango
Martes 17 de Marzo do 2015 ás 10:49 pm
Si, son as siglas das bases nitroxenadas do ADN.
Pois en parte é razoabre que alguén que teña moitas probabilidades de sufrir un ataque ao corazón teña menos preferencia a alguen que non, pero nesta película chegase ao punto de discriminación por ter so un 1% de posibilidades e se algunha persoa “mellorada xeneticamente” ten algún defecto chega a obsesionarse con el
Mércores 18 de Marzo do 2015 ás 10:56 am
Selene Rivas e Tere Nogueira:
o nome de Gattaca ven dado da utilización das letras utilizadas para denominar as bases de nucleóticos que se encontran no ADN, e significa “ben nacido”.
Non estamos dacordo coa visión que se presenta da selección xenética na película, porque é inxusto que estemos xa condicionados ao que vamos a ser nun futuro cando apenas temos duas semanas de vida e estamos no ventre da nosa nai. Pensamos, que a selección xenética debería utilizarse solo para rebaixar as posibilidades de que no futuro un ser humano poida ter unha determinada enfermidade, como por exemplo cancro, ou algunha enfermidade cardiovascular.
Ademais, a ese método só poderían acceder aqueles que económicamente puidesen, e estaríamos a falar como dunha nova “euxenesia” na que só os máis fortes, intelixentes, e mellores físicamente, poderían optar aos mellores sectores laborales e a unhas mellores calidades de vida.
Mércores 18 de Marzo do 2015 ás 12:04 pm
Gattaca é unha película moi interesante porque nos amosa como sería a vida humana nunha sociedade biotecnolóxica onde se crean bebé de deseño que contan coas características mais ventaxosas e polo tanto esta situación provoca o rechazo as persoas “naturais”.
A pelicula amosanos como é posible que unha persoa que loita por conseguir o seu soño independientemente das suas caracteristicas físicas pode logralo con esforzo e intentando superarse día a día.
Foi unha pelicula que nos aportou moitos novos coñecementos e axudounos a enternder moito mellor o tema dos bebes de deseño que tamén tratamos nesta evaluación en Filosofía.
Sara e Inés María
Mércores 18 de Marzo do 2015 ás 12:07 pm
O título da película é unha secuencia de ADN (Guanina, Adenina, Timina, Timina, Adenina, Citosina, Adenina). A simboloxía xenética está presente en toda a película. Por exemplo, na escaleira da casa do protagonista, que ten forma de espiral, emulando as cadeas do ADN, ou o segundo nome de Jerome(Eugene) que ten a mesma raíz que a palabra “Euxenesia”.
Opinamos que o uso deste tipo de “pase” para definir o “nivel social” das persoas non é mais que outra forma de discriminación clasista, e nesta película demóstrase que unha persoa con suficiente vontade pore superar o resto de “aptos” xenéticamente.
Alex Otero e Rubén Chaves
Mércores 18 de Marzo do 2015 ás 12:11 pm
Non , non nos demos conta. Tras buscalo encontramos que é unha pequena secuencia de ADN.
Opinamos que ainda que é algo que non se devería facer , é algo que se tes cartos acabalo facendo. Pero o protagonista demostra que con perseverancia e esforzo acabas logrando o que queres , ainda que haia que mentir , estafar é usurpar a identidade doutra persoa.
Benito Esperón.
Adrian Alonso.
Mércores 18 de Marzo do 2015 ás 12:17 pm
O nome da película débese á unión das bases do ADN. (Guanina, Adenina, Timina e Citosina.) A película sitúase nun futuro non moi lexano, no que a reproxenética e o uso de éste, xa estaría avanzado e moi utilizado. O protagonista sofre moito na sua vida polo feito de non haber sido deseñado xenéticamente, e por obter irregularidades xenéticas, as que máis tarde afectaránlle á hora de conseguir o traballo do seus soños, xa que o requisito principal é unha boa xenética, para poder aguantar no espazo. Ante iso os pais dos protagonistas deciden ter un fillo por reproxenética e usar a selección xénica para evitar que iso ocurra outra vez. Persoalmente non usaría a seleccion xénica para características superficiais (cor de ollos, pel, etc…), pero si consideraría usala para evitar que o meu fillo tivese un problema cardíaco ou algun problema grave de saude.. E tamén se tivese os cartos para financialo, xa que é unha actividade moi costosa.
Andrea Villamil e Sofía Doval
Mércores 18 de Marzo do 2015 ás 12:23 pm
O nome da película debese as bases nitroxenadas do ADN: adenina (A), guanina (G), citosina (C) e timina (T).
A película e moi interesante. Plasma o que pode ser o noso futuro donde as persoas capacitadas para os mellores traballos son só aquelas “perfectas xenéticamente”. O protagonista demostra ser unha persoa perseverante e capacitado para calquer traballo a pesar de ser un “fillo de Deus”.
Creemos que o uso da reproxenética é demasiado exaxerado xa que non se limitan en correxir enfermidades cardiovasculares ou outras coma a miopía senón que queren que os bebés teñan os ollos máis bonitos, sexan os máis altos, os máis esbeltos…
Alba Santos e Iván Nogueira
Mércores 18 de Marzo do 2015 ás 12:26 pm
Si, porque notase que é unha secuencia de ADN(Guanina,Adenina, Timina, Timina, Adenina, Citosina e Adenina)é moi acertado xa que se axusta ao tema principal da película:a importancia do ADN.
Opinamos que nos parece mal a superioridad que lle da a película ao ADN fronte ás metas e desexos que ten unha persoa. Está demostrado científicamente que o desexo que pode ter unha persoa é capaz de derribar muros como a discapacidade ou en definitiva obstáculos da vida independientemente do seu ADN.
Andrea Patiño, Andrea Velez e Scarlety Barboza
Mércores 18 de Marzo do 2015 ás 1:12 pm
O que quere mostrar son 4 tipos de bases nitroxenadas: adenina timina guanina y citosina.
O que vexo no filme é que ainda que a nivel xénetico se pode mellorar moito ao ser humano con estes metodos, a nivel moral crease unha sociedade que perde moito, xa que crean un novo tipo de discriminación cara a xente que non é creada por métodos xenéticos. En si o uso que quería facer da tecnoloxía nai do protagonista pareceme correcto, en cambio o pai ao ver o que pasara con el xa o discrimina indirectamente e quere seleccionar por el mesmo todas as características para crear un descendente que el considerara merecedor do seu nome.
Apesar de todo este método tampouco é perfecto, xa que vemos que a protagonista segue tendo un 1% de probabilidades de enfermidade cardiaca, co cal vese extremadamente limitada na vida laboral ainda que menos que os “nacidos de deus´´ claramente.
Ao final oprotagonista demostra que ainda con todos os seus problemas é capaz de rendir tamto e máis que os seus compañeiros de deseño.
Se na realidade se chegara a dar isto ata tales extremos debería estar moi regulado para evitar as desigualades.
Mércores 18 de Marzo do 2015 ás 1:27 pm
Si, o título da película usa as iniciales das bases das que está composto o ADN: adenina (A), guanina (G), timina (T) y citosina (C).
Creo que o uso da selección xenética na forma que se nos presenta na película creiaría unha sociedade descompensada,onde os “fillos de Deus” estarían sempre en inferioridade en oportunidades tan solo por non seren “perfectos”, levando a cabo así, os traballos mal vistos na sociedade. Ata o punto de que, pese a ser o mellor en algo, si tes unha mínima probabilidade de sufrir cancro ou outra enfermidade(que e posible que non o sufras nunca) nunca terás a oportunidad de exercer delo si es “fillo de Deus”.
Jorge Irajo e Jorge Pi
–1ºBAC C–
Mércores 18 de Marzo do 2015 ás 1:30 pm
A manipulación da selección xenética nesta película é pouco ética porque só se basa na xenética das persoas e non nas súas outras capacidades.
Por esta regra de tres todos teriamos que ser perfectos e os que non cubriran unha certa base xenética serían descriminados de maneiras pouco morais e sendo rebaixados a un papel insignificante na sociedade.
Mara Suárez e Lydia Fernández
Mércores 18 de Marzo do 2015 ás 1:37 pm
O título foi escollido polas 4 bases nitroxenadas do ADN, citosina (C), guanina (G), adenina (A), timina (T).
Opinamos que non nos parece ben xa que cada persoa se preocuparía polos seus defectos en vez de preocuparse por cousas máis importantes, e tamén aumentaría a discriminación hacia os “fillos de Deus”. Pareceríanos ben se os nenos tiveran unha enfermidade grave, e foran a morrer ao pouco tempo de nacer ou lle impedira ter unha vida normal.
Aroa Santos e Alba Taboada.
Mércores 18 de Marzo do 2015 ás 1:38 pm
Pareceunos unha película moi interesante, xa que vendo a película xa estamos informándonos de moitas cousas. É moi interesdante o tema que se trata, poder elexir as características xenéticas dos teus fillos, aínda que no futuro, se moitas persoas elexisen as características xenéticas dos fillos, haberia unha discriminación hacia as persoas que non foron elexidas xenéticamente ou “fillos de Deus”. o significado do título da película, refírese as bases nitroxenadas do ADN : Guanina, Adenina, Timina e Citosina. Parecenos que na película a reproxenética aparece discriminando as outras persoas, sendo estas persoas, as elexidas xenéticamente, as que dispoñen de máis privilexios. Por exemplo, ao espazo só pode viaxar unha persoa que ten os xenes elexidos, os xenes máis favorables para que se poida considerar unha persoa perfecta. Os fillos de Deus non poden viaxar ao espazo, e menos participar en ningún tipo de proxecto relacionado coa ciencia. A nos pareceunos moi ben que ao final o protagonista, a persoa que non esta elexida xenéticamente, un fillo de Deus, conseguise ir ao espazo. Non nos gustou unha cousa concreta do final, pensamos que a persoa á cal suplanta o protagonista non se debe suicidar, xa que non gañar unha medalla de ouro non é un motivo para quitarse a vida e vivir ata ese momento co peso de non ser perfecto.
Catia Diz e Melanie Otero 1ºC
Mércores 18 de Marzo do 2015 ás 1:38 pm
El titulo de la película GATTACA son as siglas das bases nitroxenadas do ADN (Guanina, Adenina, Timina, Citosinsa).
Eu creo que ten unha parte boa que é lograr a reduccion de enfermedades dexenerativas do ser humano, problemas de adiccions, enfermidades a largo plazo e enfermidades hereditarias.
Os argumentos en contra son, a perda de diversidade xenética, racismo xenético (os “perfectos” discriminan as persoas que naceron naturalmente xa que estaban anclados a os peores traballos pola sua condición xenética).
Beni Santos 1ºC
Mércores 18 de Marzo do 2015 ás 1:42 pm
Esta película parécenos unha forma moi clara de facerlle ver á xente que a perfección non nos garantiza ser felices,nin tampouco poder cumplir todas as nosas metas, por que unha persoa que non sexa diseñada xeneticamente perfecto, se non que sexa normal (”home de Deus”), se lucha e enfórzase para cumplir as metas que primeiramente parecen imposibles podería conseguir moito máis, como pasa no caso dos dous irmáns da película. A base de esforzo e de traballo día a día, unha persoa que non é perfecta pode conseguir moito máis que unha que si o é, polo simple feito de que sabe que pode dar moito máis de si mesmo. Por iso cremos que cada un ten que ser e nacer como lle toca, sen necesidades de perfeccións xenéticas,sen ser perfecto, e luchar polo que quere y polas súas metas. No único que sería xusto que se ultilizase(e neso si que estamos de acordo)e para conseguir tecidos ou organos, que teñan o mesma información xenética da persoa enferma, e que non haxa ningún problema de rexeitamento pola súa parte, para poder facilitar, por exemplo, os transplantes. En resumen, na medicina sería o único campo que podería e que nos parece xusto que utilicen este concepto. O nome da película ven dado polas bases nitroxenadas que ten o ADN, que é xusto o tema principal que engloba a película.
Antía Viñas e Alba Méndez
Mércores 18 de Marzo do 2015 ás 1:46 pm
Opinamos que a enxeñería xenética está moi ben para evitar enfermidades ou complicacións que vaia a ter o bebé, pero non estamos de acordo con que se fagan bebés perfectos (bebés de deseño). Nesta película vese que a perfección non asegura a felicidade porque pode facerche ser demasiado esixente contigo mesmo. Ademais móstrase como un “fillo de Dios ou inválido” e tan bo ou mellor como un “válido”.
O nome da película ven dado por unha combinación das bases nitroxenadas do ADN.
David García Allo e Nicolás González Patón
Mércores 18 de Marzo do 2015 ás 1:52 pm
O nome desta película veu determinado por un fragmento dunha febra de ADN: Guanina, Adenina,Timina,Timina,Adenina,Citosina e Adenina.
A nosa opinión é que isto sería outro tipo de euxenesia xa que os máis aptos xeneticamente serían superiores aos fillos de deus (fillos de embarazos naturais nos que non intervén a enxeñaría xenética)
A nós o protagonista parécenos un exemplo de superación porque conseguiu superar ao seu irmán xeneticamente superior.
Ana, Nuria e Alfredo 1º C
Xoves 19 de Marzo do 2015 ás 2:08 pm
É unha película na que aparece moi ben explicado a teoría dos bebés de deseño,aínda que non é moi recomendable que isto ocorra xa que dividirían a sociedade outra vez en clases, xa non polo seu poder adquisitivo senón polos seus xenes.
Laura Ozores Nogueira 1ºBach A
Xoves 19 de Marzo do 2015 ás 4:09 pm
A película ten a base na nova euxenesia: a reproxenética que é a unión das tecnoloxías de reproducción asistida e a inxenería xenética,que ofrece aos pais ter “bebés de deseño”,podendo modificar trazos de conducta como é o alcoholismo,esquizofrenia,depresión,intelixencia,comportamiento sexual… É dicir,uns humanos “perfectos”.Do que trata a película é o avance da reproxenética,nunha sociedade onde é preferible ter fillos de esta maneira a telos por amor e ser “fillos de Deus”.Ao longo do tempo,os nenos seleccionados xeneticamente son os elexidos para os mellores empregos e posicións,debido a que nos seus xenes se encontra o “éxito” e os nenos tidos por amor,como o protagonista da histora,Vicent,so poden optar a empregos considerados inferiores,pero nesta película,Vicent demostra que con esforzo e con perseveridade,pódese chegar a obter os resultados dunha persona con carácteristicas xenéticas seleccionadas (de feito na película,Vicent acaba superando ó seu irmán Anthony nunha carreira no mar aberto).
O título da película é unha secuencia de ADN (Guanina, Adenina, Timina, Timina, Adenina, Citosina, Adenina).
Laura Castrelo e Carolina Álvarez 1º BAC B
Xoves 19 de Marzo do 2015 ás 6:06 pm
O nome da película débese á unión das bases nitroxenadas do ADN. (Guanina, Adenina, Timina e Citosina.) É unha película interesante porque nos amosa como sería a vida humana nun futuro nunha sociedade biotecnolóxica onde se crean bebés de deseño que teñen as características máis ventaxosas e polo tanto recházanse as persoas naturais. Parecéume unha boa película para aportar novos coñecementos como a creación de bebes de diseño para desexarlles o melor aos nosos fillos e garantizarlles un futuro mellor.
Xoves 19 de Marzo do 2015 ás 6:43 pm
Gattaca é unha película que amosa como o ser ou non ser un bebé de diseño inflúe en todos os ámbitos da vida. Neste filme só poden acceder a privilexios os que non teñen ningún defecto xenético, mentras que os non modificados permanecen marxinados.
O título da película é unha secuencia de ADN (Guanina, Adenina, Timina, Timina, Adenina, Citosina, Adenina).
Uns pequenos detalles que ten este filme é que a escaleira que Jerome ten que subir ten forma de hélice, similar ó do ADN. E o apelido Eugene ten a mesma raíz grega que -eugenesia-.
Nesta película podemos ver como unha persoa non modificada xenéticamente conseguiu chegar ao espazo, que era algo inalcanzable para a xente sen modificacións nos xenes, xa que eran considerados inferiores, con menos capacidade para alcanzar grandes logros. Neste filme demostrouse que pode haber xente non modificada xenéticamente que consiga grandes éxitos, a pesar da gran capacidade de intelixencia que ten toda a xente modificada xenéticamente, o protagonista consigueu enganalos e chegar ao espazo.
Noelia Feijoo e Sara Mougán 1ºC
Xoves 19 de Marzo do 2015 ás 9:10 pm
Iria García e Sara Lojo.
Gattaca, ademais de ser unha película para o entretemneto, é para reflexionar.
A ciencia cada vez evoluciona más, e moitas veces ás nosas espaldas. Gattaca, é para reflexionar sobre iso, unha chamda de atención.
É ético modificar o xenoma? Cando se fala de enfermidades como cáncer, síndrome de Down, etc. a resposta é clara para a maioría da xente, pero cando se trata de modificar o aspecto físico da persoa? É decir, está xusticado modificar o xenoma para altura, para a calvicie, miopía, etc.
Penso que a posición radica no que nos consideremos enfermidade, é decir, todos temos claro que o cáncer, ou adicción estaría “esquivalas” pero a calvicie?
Xoves 19 de Marzo do 2015 ás 11:33 pm
A enxeñería xenética é unha ciencia que pode ser moi útil pero hai que ter coidado con ela.Eliminar problemas ou enfermidades para evitar que un neno naza con algún tipo de discapacidade é unha gran vantaxe, pero usala para facer nenos”á carta”, como se ve na película, ten riscos que tamén se mostran moi ben nela.A exclusión social que poden sufrir os nenos “naturais” ou a preferencia polos humanos perfectos á hora de traballar son consecuencias desagradables, por iso hai que controlar este tipo de cousas.
Alexandra Chaves y Cristian Dios
Mércores 27 de Maio do 2015 ás 11:35 am
GATTACA. O nome da película fórmase coas iniciais das bases nitroxenadas, adenina, guanina, citosina e timina. O director da película xoga con esas letras para atopar un nome que cadra á perfección co argumento da película.
A película propón o dilema de si é ético ou no modificar os xens dunha persona para que nazca tal e como os pais desexen ou que quede o azar. Cos novos avances da ciencia, pode que esto ocurra na nosa sociedade e poidamos escoller como serán os nosos fillos (cor de ollos, sen posibilidad de fallos cardiacos…)
Juan Ramón Dios
Pablo Otero
Adrián Dios
1ºB
Luns 25 de Abril do 2016 ás 12:19 pm
O título da película “gattaca” ben dado polas iniciais das catro bases nitroxenadas do ADN (Guanina,Adenina,Citosina e Tinina).
O uso da xenética tal como se mostra nesta película fai que as persoas nacidas como decían na pelicula, nados sendo fillos de Deus, son discriminados en caso de detectarlle calquera enfermidade mortal, ou que teña un alto porcentaxe de resgo a sufrir algunha de ese tipo, non poderán estudar carreiras para chegar a postos moi importantes na sociedade si non que teñen que ocuparos postos máis básicos da sociedade como por exemplo barrendeiro.
Roi González
João Fernando
Luns 25 de Abril do 2016 ás 12:20 pm
Na película GATTACA móstrase como pode avanzar a tecnoloxía ata tal punto de cambiar a unha persoa xeneticamente, e que esto se reflexe no seu futuro, como pode ser o laboral.
As persoas maior calificadas obteñen os meiores traballos, no caso do protagonista da película minte sobre a súa identidade para poder lograr o seu soño.
Pensamos que nun futuro próximo estes avances poderanse chegar a realizar no noso día a día.
Estela Manjón y Alba Rodríguez
Luns 25 de Abril do 2016 ás 12:28 pm
O título foi escollido polas catro bases nitroxenadas do ADN: citosina (C), guanina (G), adenina (A), timina (T).
Modificar o xénoma pode ser ético se se usa para mellorar ó individuo, sempre en cando sexa para curar enfermidades coma o cancro, o síndrome de down, o sida…
·Aarón Santórum
·Álex Rey
Luns 25 de Abril do 2016 ás 12:36 pm
O nome do titulo GATTACA son as iniciales das catro bases nitroxenadas, G(guanina),A(adenina) T(timina) e C(citosina).
A película pareceume interesante xa que plantea un mundo avanzado na biotecnoloxía, e plante o que podria ocorrer nun futuro con eleccións de xenes nos embrións. Na pelicula plantease un dos poblemas que ocorrería nun futuro como nese que é a descriminación entre os modificados xeneticamente é os (fillos de Deus) os non modificados como lle chaman na pelicula.
Isto pasaría perfectamente na realidade se chegaramos a ese futuro por eso me parece unha pelicula interesante ver como o prota un “fillo de Deus” intenta escalarar na sociedade e buscar esa perfección requerida, e tamen ver como os modificados xenetecamente sufren a presión que lles implican ser foro diseñados e non poden slirse do que esperan de eles, unha presión continua.
Luns 25 de Abril do 2016 ás 12:48 pm
Nazaret Mouta, Ricardo Ramos e Carmen Piñeiro.
O título desta película débese aos nomes das bases nitroxenadas: Guanina, Adenina, Timina e Citosina (GATTACA). Escolleuse este título, pois na película abórdanse temas de alteracións xenéticas no ser humano.
Na película utilízanse estas alteracións, non só para o uso da saúde, se non tamén para os rasgos físicos. Trata de que a ciencia evoluciona cada vez máis, e chega a realizar experimentos que a nosa mente non se podería nin imaxinar. Aquí divídese á poboación segundo a maneira na que están xenéticamente creados,os que nacen naturalmente están desprestixiados, e os que nacen cós seus xenes elixidos. obtan a mellores traballos.
Domingo 1 de Maio do 2016 ás 11:23 am
GATTACA, é unha película que mostra os problemas que tería vivir nunha sociedade na que nos organizamos polos nosos xenes, e non pola nosa perseverancia, traballo e estudo (aínda que, na sociedade actual non se vexa moito disto, pero bueno, inténtase). O título fórmano as catro letras que representan ás bases nitroxenadas (Adenina, Timina, Citosina e Guanina).
Esta película, ademáis de mostrar os problemas que tería unha sociedade así, tamén nos ensina; que non sendo perfecto vas a ser máis feliz, é máis, estás máis condicionado, xa que naceches para ser perfecto, e tes menos marxe de error. Por iso, a nós nos gusta como estamos ahora (bueno, quitamos o tema enfermidades, que para iso si que é moi útil). Somos máquinas imperfectas e sentimentais, e as nosas diferenzas nos fan mellores, porque a única maneira de aprender (polo menos que nos coñezamos) é mediante os erros.
Marcos Porto e Carla Prado
Luns 2 de Maio do 2016 ás 12:17 pm
O nome da película, GATTACA xorde dunha combinación das bases nitroxenadas-adenina, citosina,guanina e timina-.
Esta pelicula mostra unha sociedade rexida e basada na base xenética do individuo, na que por ser un “fillo de Dios” xa só podías acceder a traballos de clase baixa como barrendeiro ou tamen nos bancos negandolles un crédito.
O protagonista ensinanos que con esforzo e dedicación pódese conseguir todo que non solo importa o físico, moitas veces importa máis a mente.
Tamen nos mostra a película, que os que son “puros” ou “perfectos” tampouco teñen unha vida perfecta xa que están continuamente sometidos á presión da sociedade.
Paula Vázquez e Laura Nogueira
Luns 2 de Maio do 2016 ás 12:43 pm
O nome da película “GATTACA” fai referencia a unha pequena secuencia de ADN formada polas bases nitroxenadas: guanina (G), adenina (A), timina (T) e citosina (C).
Para nós esta película representa a superación persoal, dado que Vincent non era xenéticamente modificado e logrou alcanzar o seu soño con moito traballo.
Dende o punto de vista clínico habería unha parte boa nesta biotecnoloxía da recombinación xenética, que poderíamos evitar enfermidades sabendo que o noso feto as pode padecer cambiando o xen determinado, polo tanto se o noso fillo estivera predeterminado a ter unha deficiencia cardíaca sería posible sanalo antes de que nacese.
Dende o punto de vista ético non habería parte boa, dado que o mellor para a humanidade é a diversidade. Tamén é inxusta a discriminación que conleva que exista xente “perfecta” e outra “imperfecta”.
Laura Padín e Marta Portas, 1ºBAC B.
Luns 30 de Maio do 2016 ás 12:24 pm
O título desta película corresponde a unha pequena secuencia de ADN, formada por un conxunto de bases ordeadas da seguinte maneira,
GATTACA:G-A-T-T-A-C-A (Guanina-Adenina-Timina-Timina-Adenina-Citosina-Adenina).
A escolla deste título pode ser debida ao argumento da película, que está relacionado coa xenética e coa escolla dos embrións con mellores características para a sociedade e as preferentes para os pais. Creando así unha sociedade onde os nacidos por escolla xenética teñen todas as oportunidades e onde os “fillos de Deus” que son os concibidos de forma natural quedan relegados aos traballos menos especializados e máis duros.
Na nosa opinión, o uso da selección xenética de embrións seméllanos un intento de creación dunha sociedade con ideais baseados na conciencia do nazismo, é dicir, unha superioridade duns individuos respecto a outros que neste caso sería a dos individuos concibidos pola escolla xenética (os máis perfectos, os que menos problemas de saúde posúen, os que teñen as “mellores” calidades…) en contraposición aos concibidos naturalmente (con máis problemas de saúde, aos cales non lles deixan mostras as súas habilidades, os máis marxinados…).
Esta escolla levaríanos a unha sociedade desigualitaria, ao igual ca actual, pero por motivos diferentes; e na cal resalta máis o motivo de diferenza entre os individuos.
Haizea Bianca e Carla Somoza.
Luns 30 de Maio do 2016 ás 12:33 pm
O título da película fai referencia a secuencia de bases nitroxenadas,adenina,guanina,citosina e timina.
Esta película mostra como alguen que non posé as aptitudes que busca unha empresa grazas ao seu sacrificio,e suor consigue o seu verdadeiro soño.
A selección xenética nesta película non é utilizada da mellor maneira,(na nosa opinión)xa que non podes controlar ,nin elexir todo os bos xens para o teu fillo ,senón sería o fin da variabilidade xenética,todos queremos o mellor para os nosos fillos e queremos que teñan unha vida lonxeva ,e que non morran aos trinta anos como lle diagnosticaron a Vincent na plícula ,pero se na vida real ocorrera esto creemos que ao fin e os problemas serían maiores.
David Cores Costa e Lara Rodríguez Osorio,1ºBAC B