Os usos da trigonometría
A trigonometría, segundo o diccionario, é a rama da matemática que se encarga do estudo das razóns trignométricas. Segundo os adolescentes, a trigonometría é unha cousa que se dá en matemáticas e que non volveremos a usar na vida. Pois iso non é certo, xa que a trigonometría, aparte de estar presente en moitas carreiras, utilízase en moitas das cousas que utilizamos a cotío.
Gústanche as películas de ciencia ficción ou de animación? Seguro que si. O que quizás non sabes é que moitas das paisaxes e personaxes que aparecen nestas pelis, xogos, etc. xeráronse mediante o deseño gráfico por ordenador e que este utiliza distintas ferramentas matemáticas entre as que se encontra atrigonometría.
Esta imaxe amosa o proceso de xeración dunha imaxe virtual. Á esquerda de todo encóntrase o bosquexo, que fai un artista, ao cal ten que asemellarse o informático, ou o mesmo artista se sabe facelo. A segunda é unha das últimas fases do proceso de triangulación para facer a imaxe por ordenador, e a última xa é un corpo sólido coloreado, a partir do cal se pode xerar movemento para obter unha desas animacións que tan familiares nos resultan. Este procedemento é unha variante que se utiliza na topografía real e que hoxe en día aplícase ó deseño de animacións 3D.
Pero estes triángulos non son só para animación e cine, fíxate nesta lista:
-A trigonometría permitiu cartografiar con precisión a superficie da Terra, posicionar as estrelas e galaxias no ceo, deseñar estruturas arquitectónicas.
-Permitiu comprimir imaxes e sons (MP3,MP4,ZIP)
-Mediante triangulación, os GPS encontran todos os puntos que lle indiques, dándolle as coordenadas, ou se este ten unha memoria de lugares, dándolle o lugar onde queres ir.
-Está presente nas ondas de radio e de telefonía móbil, e na descripción do mundo atómico e subatómico…
Tags: deseño gráfico, matemáticas, trigonometría