Órganos á carta

 Un dos útimos avances tecnolóxicos é a impresora 3D que se utiliza para a creación de obxectos reais a partir de modelos creados por ordenador, pódense crear dende xoguetes, xoias, comida… ata órganos e tecidos.

A creación de órganos mediante unha impresora 3D é un proceso especializados, no que se empregan células nai humanas. Grazas a este proceso elimínase a necesidade de encontrar doantes e o problema do rechazo do transplante. Esto denomínase biorreprografía ou impresión de órganos en 3D e é unha alternativa á medicina rexenerativa.

 Ao principio, o uso desta tecnoloxía era para desenvolver próteses sólidas a base de plástico, titanio e outros materiais co obxectivo de substituir partes sólidas dos ósos aproveitando a súa capacidade para deseñar pezas a medida do doente. Pero, na actualidade, a ciencia busca ir máis alá, e o que intentan é fabricar pezas vivas a base de células do propio doente, de maneira que poden integrarse no corpo sen ser considerado un corpo estraño. O reto está en producir órganos completos, con toda a capacidade funcional do mesmo.

 

Tags: , , ,

5 Respostas a “Órganos á carta”

  1. marcosporto Dixo:

    Na nosa opinión, consideramos isto un gran avance da tecnoloxía e medicina actual, xa que remediaría moitas enfermidades xenéticas ou non xenéticas, ca substitución dos órganos afectados, evitando o uso de doantes.

    Marcos Porto e Carla Prado.

  2. roigonzalez Dixo:

    Nós non sabíamos que se puiedese utilizar a tecnoloxía de impresora 3D ou chegar a crear órganos ou tecidos para un doente sen posibilidade de que este rechaze o órgano.
    Agora mesmo xa hai a posibilidade de crear capas de hígado con esta tecnoloxía. También puidose crear unha tráquea para una niña que necesita un transplante apartir das suas propias células nai.

    http://www.batanga.com/curiosidades/5985/el-
    futuro-de-la-impresion-3d-organos-humanos

    João Fernando
    Roi González

  3. albarodriguez Dixo:

    A tecnoloxía actual está evolucionando tanto que chegou ata este punto. No futuro, pensamos que habrá bastantes posibilidades de que poidan chegar a conseguir a creación dun órgano completo.
    Estamos a favor desta práctica xa que grazas a ela podránse salvar moitas vidas.
    Pero pode existir unha errata, a maioría destes avances son feitos por empresas privadas, co que non estarían a disposición de calquera persoa. So se benificiarían aquelas persoas cun seguro privado que cubra este tratamento.

    Alba Rodríguez y Estela Manjón

  4. martaportas Dixo:

    Na nosa opinión, esta nova tecnoloxía podría salvar a moitas persoas dado que ao se formar o órgano cas propias células nai do paciente non sería rechazado polo seu organismo. Grazas a este método tamén se poderían curar enfermidades crónicas, malformacións e incluso o cancro, xa que podemos substituír o órgano dañado por un san.

    Laura Padín e Marta Portas.

  5. lararodriguezosorio Dixo:

    Este e un tema moi interesante,e creemos que podía ser bastante eficaz e podría dar bos resultados nalgún futuro lonxe (polo de agora) según os plantexamentos expostos. Esto evitaría problemas con rechazos e as longas lista de espera.

    http://www.batanga.com/curiosidades/5031/medicina-regenerativa-impresion-de-organos-en-3d

    Lara Rodríguez e David Cores