O amor realmente nos cambia

 Recentemente, un estudo realizado por un equipo de investigadores chinos e estadounidenses demostra que manter unha relación sentimental afecta á arquitectura do cerebro. Igual iso de que “o amor nos cambia” é máis certo do que pensabamos nun principio.

Segundo unha publicación dunha revista estadounidense, chamada Frontiers in Human Neuroscienc, unha persoa namorada ten unha maior conectividade entre as rexións do cerebro asociadas ca recompensa, a motivación, a regulación da emoción e a cognición social.

imagenPara chegar a esta conclusión o equipo utilizou técnicas de neuroimaxe, neste caso concreto utilizaron imaxes de resonancia magnética funcional para examinar as diferenzas dos patróns de conectividade cerebral en 100 estudantes universitarios. Estes foron separados en tres grupos: os que dixeron estar namorados, os que deixaran de estalo e os “solteiros”.

Os investigadores encontraron no grupo dos namorados un aumento da actividade cerebral en reposo nunha zona chamada córtex do cíngulo anterior do hemisferio esquerdo, o que suxire que este área do cerebro está moi relacionada co estado de namoramento.

 Por outro lado, a actividade cerebral en outra área (o núcleo caudado bilateral) reduciuse significativamente no grupo dos que deixaran de estar namorados. Esta estrutura do cerebro está asociada ca detección de recompensas, a expectativa, a representación dos obxectivos e a integración da información sensorial.

 

Tags: , ,

2 Respostas a “O amor realmente nos cambia”

  1. aroasantos Dixo:

    El amor es importante en la supervivencia humana, la reprodución, el desarrollo y la evolución. Los científicos investigaron que el amor aumenta la actividad cerebral en reposo.
    Los psicólogos definen el amor como un estado de motivación asociada con el deseo de mantener una relación con una persona especial.
    El típico mito de si “el amor nos cambia” ya no es solo un mito más si no que los científicos han comprobado que es verdad.
    Aroa Santos.

  2. uxiasantos Dixo:

    Unha persoa que está namorada ten máis conectividade nas rexións do cerebro asociadas a recompensa, a motivación, a regulación da emoción e a cognición social. Segundo o estudo realizado , déronse de conta que unha persoa namorada, como unha que acaba de estalo, ou simplemente como unha que non estivo non reaccionan da mesma maneira ante unha imaxe.

    Uxía Santos e Sara Domínguez