A lúa afástase.

imagenMoitos nunca nos paramos a pensar se a lúa vai desaparecer do ceo ,  se sempre estará aí , coa terra . Estudos recentes din que a lúa estase a afastar da terra. Nun proceso moi lento , como todo na natureza , a lúa sepárase 4 centímetros por ano da terra , isto podería facer que , dentro de millóns de anos a lúa sexa atrapada pola gravidade solar e mergullida nun inferno ardente , do que non volvería xamais , pero porque se da isto ? A terra móvese cada vez máis despacio polo influxo da auga, e, ao moverse máis lento, a lúa faino máis rápido , o que fai que se afaste , isto dase pola terceira lei de Newton .   Cando a lúa desapareza, as mareas serán menos marcadas pero non nos preocupan moito os efectos porque á lúa aínda lle quedan por diante moitos millóns de anos, e o noso planeta será engulido polo Sol antes de notar os efectos do escape da lúa.

 

Tags: , , ,

4 Respostas a “A lúa afástase.”

  1. andresoubina Dixo:

    Carlos Santiago e Andrés Oubiña:

    Tranquilízanos saber que isto non ocorrerá ata dentro de moitos anos, tal vez cando ocorra xa non haxa vida humana na Terra, xa sexa porque non sobrevivimos ou porque conseguimos a tecnoloxía necesaria para ir a vivir a outro planeta no intento de evitar algún suceso externo ou incluso puidemos evitar este afastamento. Aínda así se tal como di os efectos disto non son demasiado graves non o vemos como un problema e estamos seguros de que o máis probable sería que encontrasemos unha solución.

  2. diegoallovazquez Dixo:

    Nos creemos que este feito pode afectar ás mareas, como di o mesmo post, esto pode cambiar a vida dos seres vivos mariños e incluso a nosa por este feito.
    ANTIA OTERO E DIEGO ALLO.

  3. uxiasantos Dixo:

    Nos pensamos o motivo polo que a Terra se despraza cada vez máis lento ven dado polo desxeo dos polos, tamen se pode chegar a dar pola fricción entre a superficie da Terra e a enorme masa de auga que está sobre ela hace que, co tempo,a Terra xire un pouco máis lentamente sobre o seu eixe.

    Uxía Santos e Sara Domínguez

  4. lauracastrelo Dixo:

    A lúa afástase cada ano 3,78 cm da Terra debido a que a Terra xira cada vez máis lentamente sobre o seu eixe debido principalmente a fricción da sua superficie e a enome masa de auga sobre ela,e segundo a terceira lei de Newton ( Por cada forza que actúa sobre un corpo , este realiza unha forza de igual intensidad, pero de sentido contrario sobre o corpo que a fixo) cando máis lento xire a terra,máis rápido xirará a lua,alonxándose cada vez máis do planeta.
    Como consecuencia, os días volveránse máis longos, os invernos serán moito máis frios en os veráns moito máis cálidos, o que afectara as especies que xa están acostumadas a un tipo de clima e que no soportarían os extremos, ademáis que as mareas non serían tan marcadas, pero seguirían existindo, grazas ao sol.Pero estos efectos non son preocupantes, ademáis de que nunca chegaremos ao extremo de quedarnos sin lúa, pois se a Terra continuase raléntizandose, chegaría un momento no que Terra e lúa se equilibren e a lúa non se afastaría nunca máis.