Cal é a velocidade máxima que pode acadar un ser humano?

Moita xente coñece ao atleta Usain Bolt, que posúe o récord mundial dos 100m lisos en 9.58 segundos. Este récord, según estudos, si é superado, non o será por máis dunha diferencia do 0.05% cara o ano 2027. Visto isto cabe preguntarnos: que factores inflúen na velocidade que pode acadar o ser humano?

Unha característica foi que Bolt, no ano que conseguiu marcar ese récord, estaba preto do máximo rendemento deportivo (que se acada aos 26 anos de idade). Unha vez superado este punto, o rendemento comeza a baixar ata que morremos.

Outro dos factores que inflúen na velocidade é o equipamento (unhas zapatillas axeitadas, roupa lixeira…) e a biomecánica da persoa. É moi importante que a amplitude e a frecuencia das zancadas vaian moi unidas. Os límites físicos de Bolt son 1.95m de altura e 94kg de peso. Isto fai que aínda que teña que mover moita masa, as pernas longas axudan á biomecánica polo efecto da palanca. Segundo o matemático Noubary, Usain Bolt é o exemplo perfecto que combina as vantaxes mecánicas dun home alto coas fibras de contracción rápida dun home pequeno. Ademáis da forma física, os expertos afirman que hai outros factores que inflúen nestas probas deportivas, como a dotación xenética do atleta. Reza D. Noubary, calculou que o récord dos 100m lisos acadará os 9.40 segundos cara o ano 2040, e non se poderá superar. O matemático concluíu que si Bolt traballase no tempo de reacción, podería chegar a superar o seu récord unha vez máis.

No 2011, un estudo comprobou que a velocidade dun corredor está relacionada coa forza coa que se impulsa hacia arriba cando salta, polo que canta máis forza, máis velocidade. Se facemos os cálculos, obtemos que a velocidade máxima que pode soportar o ser humano é de aproximadamente 69km/h (Bolt conseguiu o récord a 40km/h aproximadamente). A esa velocidade, seríamos capaces de correr os 100m en 5.18 segundos (máis rápido que un guepardo, por exemplo). Se intentásemos correr a máis velocidade, as nosas pernas non resistirían o esforzo e romperían.


É asombroso como pode chegar a forzarse o corpo dun ser humano, chegando a límites insospeitables. Non sei se algún ser humano chegará a superar a velocidade dos 60km/h, pero sería asombroso que alguén o conseguira.

 

Tags: , ,