A contaminación

 A contaminación do aire convirteuse no maior risco da saúde ambiental do noso planeta, provocando arredor de 7 millóns de mortes ó ano, case unha de cada oito mortes.

imagenAs cifras obtidas pertencen ao 2012, as cales duplican anteriores estadísticas e determinan que a contaminación xa está dentro dos fogares (estufas de madeira ou carbón) e por suposto a contaminación tamén está fora dos nosos fogares (tráfico), provocando máis mortes que o tabaco, mortes na calzada ou por diabetes, todas xuntas.

OMS indicábanos, en 2008, unha cifra de 3′5 millóns de persoas falecidas por algún motivo relacionado coa contaminanción ambiental, cifra que é exactamente a metade da actual. Estas cifras son sorprendentes e dramáticas, e polo tanto un xigantesco problema que nos afecta a todos, tanto a países en desenvolvemento como desenvolvidos.

Os datos afirman que de unha forma máis precisa que 3′7 millóns de persoas morreron por causas ambientais externas e o resto, 4′3 millóns, débense a polución do interior de fogares. As mortes están relacionadas con cardiopatía isquémicaictusenfermidade pulmonar obstructiva crónica cancro de pulmón e infeccións respiratorias graves.

 Según a OMS os  grupos máis propensos na sociedade son as mulleres, nenos e anciáns, e afecta sobre todo as poboacións de baixos e medios ingresos como o Sudeste Asiático, Pacífico Ocidental ou África.

 

Tags: , , , , , , , ,

6 Respostas a “A contaminación”

  1. saradorado Dixo:

    Neste post fálannos das graves repercusións que trae a contaminación incluído nos nosos propios fogares e que nós mesmos a producimos. Isto acarrea mortes en masa de arredor de 3′5 millóns de persoas anualmente por cancros de pulmón, ictus, enfermididades pulmonares obstructivas crónicas e infeccións respiratorias entre outras.
    Por exemplo,na nosa comunidade a contaminación disparouse logo do suceso do Prestige que provocou o vertido ao mar de 63.000 toneladas de fueloil que alcanzaron as costas dende o norte de Portugal ata Francia.Esta gran mostra de contaminación nas nosas costas afectou por exemplo os ovos do chorlitejo patinegro (’Charadrius alexandrinus’)a unica ave costeira nidificante nas praias da costa atlántica galega.

    Inés María e Sara Dorado

  2. albasantos Dixo:

    O post fala dos problemas de saúde e mortes que acarrexa a contaminación producida polas industrias. A cifra aumentou case ao dobre en catro anos debido a que en vez de reducir as emisións de gases contaminantes aumentámolas.
    As zonas máis afectadas son países en desenvolvemento sen leis de protección do medio ambiente. Son zonas perfectas para a deslocalización de empresas, que contaminan e explotan os recursos naturais do lugar.

    Iván Nogueira e Alba Santos

  3. scarletybarboza Dixo:

    Opinamos que a contaminación é un gran problema que xerou o ser humano tras a industrialización e o abuso das novas tecnoloxías que utilizan enerxías non renovables e producen un exceso de polución.
    O home debería centrarse en descubrir ou en investigar novas formas de utilizar estas tecnoloxías de un xeito que non perxudique ao planeta.
    Os grupos máis afectados son os menos desenvolvidos porque algunhas empresas, en busca de man de obra barata (deslocalización) transportan sus fábricas(foco de contaminación) a dichos países, o que provoca que estes lugares estén máis afectados pola contaminación. Ao ser países menos desenvolvidos carecen de medios para as enfermidades que provocan estes focos de contaminación de ahí que a tasa de mortalidade sexa tan alta.
    Andrea Velez,Scarlety Barboza y Andrea Patiño.

  4. uxiasantos Dixo:

    A contaminación é unha mestura de partículas solidas e gases no aire.
    Vivimos rodeados de contaminación sen darnos conta. Contaminamos casi mais do que respiramos.
    Como ben di no post causa multitude de enfermidades, tanto normais como mortais.
    Para evitar esto podemos: usar o transporte publico ou a bicicleta. Aforrar luz, agua e calefacción.. Aplicar as tres R: Reducir, Reciclar e Reusar.
    Sara Domínguez e Uxía Santos

  5. carolinaalvarez Dixo:

    En efecto nuestro planeta se encuentra expuesto a numerosos contaminantes que perjudican el bienestar y la salud de los seres vivos que habitamos en él.
    Los principales culpables son la contaminación ambiental y el efecto invernadero que producen el 70% de los gases.
    Si tomásemos conciencia de lo que cada uno de nosotros puede aportar al conocer las causas que provocan la contaminación del suelo, del agua y del aire, contribuiríamos a disminuir los daños que se ocasionan en el medio ambiente.
    La contaminación del aire tiene efectos en las enfermedades respiratorias, virales etc. El agua contaminada puede ocasionar cólera, poliomelitis o hepatitis. Las enfermedades psicológicas como el estrés, insomnio, fatiga auditiva proceden de la contaminación acústica.

    Carolina Álvarez y Laura Castrelo 1ºB

  6. paulavazquez Dixo:

    As estadisticas que se recolleron en 2012 mostrannos a gran importancia que ten coidar o planeta, cousas como non cerrar a villa do grifo cando nun a usamos, ou tirar o lixo ao contenedor non correspondente, son causas que afectan, a largo plazo ao noso planeta, e as persoas, porque como se observa no post prodúcense arredor de 7 millóns de mortes ao ano. Pero esas acción non son as que maís dano causan á nosa atmosfera, senón os residuos que expulsan as fábricas, os gases que expulsan os coches que non son eléctricos,contaminación lumínica, etc.
    Un dos factores máis salientables é o efecto invernadoiro que consiste na absorción da atmosfera dos raios infravermellos impedindo que estes salgan da atmosfera e creando así un aumento das temperaturas.

    Paula Vázquez e Laura Nogueira