Test de Turing, superado!

O test de Turing está considerado como a proba de lume da intelixencia artificial. Turing deixou lista a probra que serviría para responder á pregunta do século: Pode unha máquina pensar?

Por primeira vez desde que Alan Turing diseñou o test, un programa de ordenador logrou convencer a máis do 30% dos humanos cos que interactuaba de que era “xenuinamente humano”. Ninguén podía crerse que este programa sería capaz disto.

Isto non é en realidade un superordenador, senón que é un chatbot ( robot programado para charlar online) que obecede ao nome de Eugene Gootsman. Eugene faise pasar por un neno ucraniano de 13 anos, respondendo a preguntas da súa infancia en Odessa, revelando o seu desprezo pola “Guerra das Galaxias” ou a súa pasión polas cancións de Eminem.

Este programa funciona combinando técnicas do procesamendo do linguaxe, coa concordancia de palabras clave e con acceso a bases de datos. O resultado é un axente de conversación intelixente que pode interaccionar con un ou máis usuarios humanos a través de métodos auditivos ou textuales.

O profesor de Cibernética da Universidade de Reading, Kevin Warwick designou este feito como un dos momentos máis emocionantes na historia da humanidade, non sin antes advertir das implicacións que pode ter para a sociedade. Este paso debería servirnos para reflexionar sobre a nosa crecente indefensión para diferenciar a verdade ou falsidade do que se nos comunican polas redes.

imagen

 

Tags: , , ,

Unha resposta a “Test de Turing, superado!”

  1. lauraozores Dixo:

    Paréceme moi bo que a tecnoloxía permita nun futuro que as persoas maiores poidan ser máis independentes.Pero referíndome á intelixencia artificial ,noncreo que sexa moi convinte que pensen coma nós , xa que se nós podemos pensar e facer mal eles, os robts ,tamen poderían e iso non nos comben .