Unha alternativa da man do Sol

A enerxía nuclear está en boca de todos hoxe en día. As críticas contra ela e os seus perigos non paran de aumentar; sen embargo, non podemos desfacernos dela porque supón a maior fonte de ingreso de enerxía… Ou non?

En realidade, a enerxía máis empregada no planeta Terra é a solar. Non me refiro ás nosas centrais solares, que son máis ben escasas, senón ao proceso máis obvio de obtención de enerxía: a fotosíntese.

Este é un proceso único dos vexetais ou iso pensabamos ata fai pouco. En 2011 presentouse a primeira célula solar avanzada do tamaño dunha naipe que simulaba proceso que as plantas utilizan para converter a luz solar en auga e enerxía.

imagenEsta folla artificial podería chegar a ser unha fonte de enerxía eléctrica para os fogares en países en desenrolo, tanto pola súa eficiencia, dez veces superior á de unha folla natural, como polo seu baixo coste.

Fabricada a partir dun chip de silicio, compoñentes electrónicos e catalizadores que acelerarían as reaccións químicas propias da fotosíntese, podería producir enerxía suficiente como para abastecer a unha casa con electricidade durante a lo menos 45 horas sen diminuír a súa actividade, sempre e cando recibira luz do Sol previamente e teña auga.

Este descubrimento supón un gran paso cara a fotosíntese artificial e, en caso de seguir adiante, contaríamos cunha fonte de enerxía limpa, barata e segura que podería chegar a substituír á enerxía nuclear e enerxía fósil, evitando os perigos que estas conlevan, tanto para a nosa saúde (nuclear) como para a atmosfera e sostemento do planeta (fósil).  Cres que merece a pena intentalo?

 

Tags: , , ,