Os números non son só para nós
Diversos estudios demostran que animais como os corvos saben contar e que, incluso algúns saben sumar. Os nosos antepasados, os monos, son eses animais que realizan operacións aritméticas. Para demostrar que esta afirmación é correcta; a neuróloga Margaret Livingston levou a cabo un experimento cuns macacos Rhesus, uns monos moi capacitados que foron sometidos a varios proxectos. Entre os que destaca a súa capacidade para distinguir a súa imaxe nun espello.
Esta investigación constaba de tres tipos de probas. Na primeira, os monos só tiñan que sumar uns puntos nas pantallas; se sinalaban a cantidade correcta recibían un número de gotas de auga (para sacialos) e despois zume (para motivalos) . Na segunda delas sumaban as gotas do 1 ao 9 con números e con letras, que tiñan valores comprendidos do 10 ao 25. Por último, as cantidades estaban representadas con pezas similares ás do xogo do tetris e, como non, os monos tiñan que acertar.
A segunda afirmación ten que ver cos corvus macrorhynchos, uns animais moi intelixentes (como xa se ten demostrado noutros estudos). Shoew Sugita foi o encargado de levar a cabo o experimento, que consistía en colocar dous cubos de lixo con números, coa condición de que só un deles tiña comida. Nun 90% dos casos, os corvos acabaron recoñecendo o número do cubo que contiña máis alimento.
Demostra esa capacidade animal certa semellanza cos humanos? De que serán capaces ao longo da evolución?