Charla con Daniel Soutullo “Panorámica da euxenesia”

 O alumnado de 1º de Bacharelato asistirá o vindeiro 28 de Maio a unha charla do noso convidado coa temática “Panorámica da euxenesia”.

Daniel Soutullo é catedrático de Bioloxía e Xeoloxía de Ensino Secundario e colaborou no Departamento de Xenética da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela onde se licenciou.

Ten publicados multitude de ensaios de xenética e bioética como:  ”De Darwin ao ADN. Ensaios sobre as implicacións imagensociais da bioloxía”,  ”La eugenesia. Desde Galton hasta hoy” , “Os xenes e o futuro humano”, ”Sobre clons e xenes. Ensaios sobre as implicacións sociais da bioloxía”, ”Biología, cultura y ética. Crítica de la sociobiología humana”,  “Las células madre, el genoma y las intervenciones genéticas. Ensayos sobre las implicaciones sociales de la biología”…

Recibiu o Premio de Investigación sobre Bioética da Fundació Víctor Grífols i Lucas (Barcelona), no ano 2006, polo libro titulado Biología, cultura y ética. Crítica de la sociobiología humana. Ademais é membro de varios consellos e asociacións como o Comité Científico da European Association of Global Bioethics e participa como conferenciante en multitude de foros e institucións.

 

Tags: , , , ,

25 Respostas a “Charla con Daniel Soutullo “Panorámica da euxenesia””

  1. joaquinirajo2 Dixo:

    Pareceunos que a charla estuvo moi entretida porque aportounos datos importantes acerca da euxenesia.
    Tamen nos contou acontecementos historicos sobre a euxenesia, como por exemplo , o que facian os nazis eu unha especie de euxenesia.
    O problema da euxenesia e usala sin ética, posto que si a usamos sin ética estaríamos facendo o que facían os nazis.

    Joaquín Irajo Cores e Pablo Baúlde García

  2. xiangonzalez Dixo:

    Sorprendeunos moito que se realizasen ese tipo de discriminación e “torturas” en países tan desenvoltos como América.

    Dende logo, a euxenesia dende os seus orixes ata a actualidade, pegou un cambio radical e acertado no ámbito ético e moral. Pasar da discriminación racial ou xénica a utilización de células nai para salvar vidas e un gran avance tanto a nivel médico como social.

    Na nosa opinión, os usos actuales da euxenesia son totalmente respetables e para nada inmorais.

    Xian González e Rubén Martínez.

  3. adriangarcia Dixo:

    Impresionoume moito que se realizasen esas practicas en todos eses paises tan desenvoltos tales como Estados Unidos.

    Nunca me imaxinei que só por unha teoría sobre os xenes puidera chegar a tanto, a verdade.

    A min nn me parece ético que llers prohibiran ter fillos a todos aquelas persoas que non tiñan os correctos xens ou as características perfectas ou adecuadas para crear individuos xenéticamente perfectos.

    Pero en xeral gustoume moito a charla xa que aprendín algo do cal non tiña nin idea, e descubrín ese lado oscuro xa ciencia nun pasado.

    Adrián García

  4. albapernas2 Dixo:

    Ana Longo e Alba Pernas

    Foi unha charla moi amena e a vez serviu para que coñecesemos ben o significado do termo “euxenesia”, quen foi o seu autor, chamado Galton e todas as diferentes aplicacións euxenésicas que existiron ao longo da historia.
    A euxenesia é unha filosofia social que defende a mellora dos rasgos hereditarios dunha raza, co que se pretende obter a perfeción xenética. O método que se utilizaba para levar esto acabo era a seleción artificial, polo tanto podemos relacionalo co visto na película GATTACA.
    Grazas a Daniel Soutullo, catedrático de Bioloxía e Xeoloxía, agora comprendemos mellor o termo euxenesia e en que consiste.

  5. albaromerolajos Dixo:

    Foi unha charla divertida e entretida por que Daniel Soutollo ensinounos cousas que descoñecíamos como a Euxenesia e os seus tipos.Ensinounos moitas cousas sobre ela e deunos unha boa e moi boi ben redactada charla.Desenvolveuse de forma organizada e entendéndose perfectamente o que se falaba.
    Nela aprendemos a orixe da euxenesa e quen a utilizou,para que e os seus diferentes tipos.
    Un dos obxectivos da euxenesia era crear personas que foran sas e ao mesmo tempo tamén intelixentes.E uns dous seus distintos tipos é a euxenesia nazi que foi unha parte fundamental da ideoloxía,pero a euxensia tamén presentanba algún que outro problema,como a discriminación de persoas segundo a súa categoría e segundo a súa raza supostamente por que non estaba preparadas para a reprodución.

    ALBA ROMERO

  6. sarayromero Dixo:

    Mara Dios e Saray Romero

    A charla sobre a euxenesia que nos deu Daniel Soutollo, pareceunos moi interesante, porque ademais de coñecer unha antiga ideoloxía basada na superioridade das razas tamén nos serviu para coñecer un pouco de historia e as determinadas aplicacións da euxenesia nos diferentes países.
    A euxenesia consistía na mellora dos rasgos hereditarios humanos mediante a esterilización forzada dos humanos considerados “inferiores”.
    Esta teoría foi proporcionada por Francis Galton, primo de Charles Darwin,polo que tamén nos introduciu un pouco no mundo da bioloxía.

  7. jorgeandresdios Dixo:

    Jorge Dios e Manuel Oubiña:

    Daniel Soutullo, na charla, falounos sobre a euxenésia. Aínda que a charla durou pouco, e tiña que explicar as cousas con presa, acabámonos enterando bastante. A euxenésia e a intervención nos xenes humanos, co fin de mellorar os rasgos hederitarios. Explicou, que a euxenésia xa ven de moi atrás, surxíu da teoría do darwinismo e de Galton. Logo esta teoría foi usada por Hitler co fin de mellorar a raza e así evitar que continuara habendo persoas con enfermidades e defectos.

    Tamén nos contou que a euxenésia tivo moita repercusión en outros países como Austria, Suiza… no que se practicou a euxenésia con millares de persoas. A euxenésia tivo moitas críticas como que esta teoría leva a medidas pouco éticas, e que leva a perdida da diversidade xenética.

    Esta charla foi bastante entretenida, e foi moi ben explicada por Daniel Soutullo.

  8. anarial Dixo:

    O mércores 28 de Maio asistimos a unha charla de Daniel Soutullo, na que nos falaba sobre a euxenesia, que é o que defende a mellora dos rasgos hereditarios mediante diversos métodos selectivos.
    Daniel explicounos o procedemento de esta filosofía social e do seu obxetivo de crear novos seres máis intelixentes e máis saudables.
    Púxonos de exemplo a historia do nazismo en Alemaña, a cal é representada por Hitler, que esterilizou ás persoas inferiores para ter unha Alemaña soamente de raza aria.
    É unha charla moi interesante a cal lle recomendamos ao instituto que volva a traer a Daniel Soutullo para que os próximos alumnos poidan disfrutar desta magnífica experiencia sobre o mundo da xenética.

    Nerea Cuesta García y Ana Rial Cousido.

  9. ivannogueira Dixo:

    O mércores pasado Daniel Soutollo veunos a dar unha charla sobre a euxenesia. A charla foi bastante curta, apenas durou 50 minutos.

    A euxenesia consiste en modificar os xens para que o individuo sexa perfecto.

    A euxenesia causou moitas catastrofes como esterilizar a persoas que non eran perfectas por ter algun tipo de enfermidade, ou por calquer outra cousa que non lle gustase.

    Na miña opinión estou en contra desta técnica, porque non debemos discriminar aos demais por ter algunha enfermidade, ou calquer outra cousa. Nin debemos de prohibir a xente que non teña fillos por sufir calquer tipo de enfermidade.

    Iván Nogueira Piñeiro.

  10. danielmougan Dixo:

    A charla de Daniel Soutullo sobre a euxenese pareceunos moi interesante, xa que nos acercou máis a esta filosofía social da que nunca escoitáramos falar.

    Explicounos a orixe dela e foinos contando as distintas aplicacións ao longo da historia. Naceu entre 1860 e 1870 coas teorías de Francis Galton e Charles Darwin, aínda que as súas raíces atópanse na Antiga Grecia sendo apoiada por Platón. En 1881 Graham Bell postulouse a favor da euxenese, recomendando a prohibición do matrimonio entre persoas xordas. Entre 1930 e 1940 os nazis utilizaron a euxenese, estirilizando a centos de miles de personas (400.000 persoas entre 1934 e 1937), e incluso chegaron a matar a miles de inválidos mediante a eutanasia.

    En outros países tamén se levou a cabo a euxenese como no caso de: Cánada que a mantivo ata 1970, Suecia esterilizou a 62.000 persoas en 40 anos. Reino Unido, Estados Unidos, Australia, Noruega, Francia, Finlandia, Dinamarca, Estonia, Islandia e Suiza tamén implantaron a euxenese.

    Nós creemos que é unha medida racista e totalmente inhumana, polo que estamos en contra de todos os plans de euxenese feitos.

    Daniel Mougán e Juan Ramón Dios.

  11. carmenespremans Dixo:

    A charla que nos deu Daniel Soutullo trataba o tema da euxenesia, algo que moi pouca xente coñece, e a maioría nunca oiu falar dela, pois ben, a euxenesia é unha filosofía social que defende a mellora dos trazos hereditarios humanos,búscase mellorar a raza humana, eliminando aqueles individuos cuios xenes eran defectuosos ou simplemente non cumprían cos ideales de algunhas ideoloxías. Foi propulsada por Francis Galton en 1865, recurrendo ó entonces recente traballo do seu curmán Charles Darwin, e foi apoiada por moitos outros persoaxes históricos.
    Hai moitas maneiras para lograr a euxenesia: dende o asesinato masivo de persoas, á esterilización sen autorización de homes e mulleres. Aplicouse en moitos países e nalgúns fai pouco tempo que se anulou,por exemplo,en Xulio de 1933 Alemaña aprobou unha lei que permitía a esterilización involuntaria de «borrachos, criminais sexuais e lunáticos hereditarios e incurables, y de aqueles que padezcan unha enfermedade incurable que puidera transmitirse a súa descendencia», Canadá tamén levou a cabo miles de esterilizaciones forzosas ata os anos 1970, en Europa, países como Australia,o Reino Unido, Noruega, Francia, Finlandia, Dinamarca, Estonia, Islandia e Suiza, levaron a cabo programas de esterilización de persoas declaradas deficientes mentais polo estado.

    Nos opinamos que é unha pena que moi pouca xente sepa que é a euxenesia, porque é un tema moi interesante, como o foi a charla, e ata fai relativamente pocuo aínda estaba implantada nalgúns países, aínda que pareza incríble que se poida esterilizar a alguén en contra da súa voluntade só por ter unha enfermidade ou unha discapacidade. Pero na actualidade tamén intentamos que os nosos fillos non teñan enfermidades, e grazas á ciencia podémolo conseguir, é como unha euxenesia “moderna”.

    Carmen Espremáns Cidón e Laura Piñeiro Franco.

  12. antoniovazquez Dixo:

    Antonio Vázquez e Claudía María
    A euxenesia presentouse como unha teoría científica que pretendía mellorar a “calidade” da sociedade intentando que as persoas con mellores xenes fosen as que se reproducisen. Baseouse, en certo modo, na teoría da evolución de Darwin, que explicaba que só os individuos mellor adaptados sobrevivían, e a partir dela intentaron crear unha sociedade cos mellores xenes posibles; sen embargo, Darwin defendeu que era a propia natureza a que “escollía” os xenes máis favorables e nunca o home debería decidir por ela.
    Seguindo a idea da euxenesia, leváronse a cabo prácticas brutais para lograr o seu obxectivo: Castraron a persoas que tiñan algún defecto xenético ou enfermidade para evitar que se reproducisen, realizaron matanzas… Esta teoría tuvo unha gran repercusión na historia e un exemplo dela foi a Alemania nazi de Hitler, que intentaba depurar a raza porque consideraba que os xudeos eran inferiores e debían morrer. É dicir, Hitler buscaba a perfección da raza eliminando os individuos que, segundo el, eran defectuosos.
    Na actualidade a euxenesia desapareceu case por completo.

  13. joseluisperez Dixo:

    Conforme a euxenesia, pareceme moi bo método depende de como sexa usado, xa que, que sea utilizado para eliminar a poboacion con problemas ou simplemente analfabeta resultado de que nunca tuberan un profesor que lles ensinara a leer, escribir, etc. Aínda que todos os paises apostaron por esta idea non en todos os paises foi levado ata o mesmo extremo. A esterelidade pode ser usada polo ben do país pero mellor que non sexa obrigada.
    A idea que quería reflexionar no principio, o creador desta idea foi mal entendida durnate anos, na miña opinión a euxenesia intenta crear unha sociedade mellor e non necesariamente hai que erradicar culturas xa que dentro de cada unha delas pode haber xente moi cualificada.

    Jose Antonio Dacosta y Jose Luís Perez.

  14. noeliasuarez Dixo:

    MARCOS FERNÁNDEZ E NOELIA SUÁREZ:
    A nós persoalmente chamounos a atención a cantidade de persoas que foron asasinadas e tamén resultou sorprendente que se levase a cabo ata fai pouco. En Estados Unidos matouse a xente simplemente polos resultados que daban nuns tests os cales non podían ser resoltos xa que a xente que os facía era analfabeta. En Suecia esta prática realizábase ata os anos 90, que é fai moi pouco. A Alemaña nazi tamén levaba a cabo este método pero con especial énfasis nos xudeos. A pesar de que antes fora un método perxudicial na actualidade tamén se leva a cabo para procesos que resultan veneficiosos.
    En conclusión a charla resultou interesante, proporcionandonos datos curiosos e descubríndonos un tema novo do que non sabiamos nada.

  15. rosamarina Dixo:

    Daniel Soutullo falounos sobre a euxenesia. A euxenesia, dende un punto de vista actual,pode ser definida como o conxunto de metodos encaminados a mellorar a dotación xenética das poblacións humanas ou dos individuos, reducindo a transmisión dos xenes consuiderados prexudiciais (euxenesia negatica) ou promovendo a propagación dos xenes considerados beneficiosos (euxenesia positiva). Tamen nos contou cales foron os países nos que se levaron a cabo practicas de esterilización para facer que as persoas que non tiveran as caracteristicas axeitadas non se puideran reproducir.
    Pareceunos unha charla entretida, non sabiamos nada sobre este tema e aprendemos cousas interesantes que descoñeciamos.
    Marina Pérez e Lara Otero

  16. lucasabal Dixo:

    Antía Otero e Lucas Abal

    O tema da euxenesia é un tema pouco común. A euxenesia é unha pseudociencia que defende a mellora dos rasgos hereditarios mediante diversas formas de intervencións manipuladas e métodos selectivos de humanos. Esta pseudociencia levouse a súa práctica durante moito tempo. Na nosa opinión, creemos que o seu uso no pasado foi unha aberración pola cantidade de xente que foi esterilizada, sobre todo no ámbito de Hitler. Todos temos dereito á vida e a formar unha familia, sexan ricos ou pobres, cultos ou incultos,… A incultura non é hereditaria: os fillos dun analfabeto poden chegar a pertencer a clases moi altas e viceversa.

  17. sandrabaulde Dixo:

    na charla Daniel Soutullo falounos da euxenesia, e logo profundizou na euxenesia nazi
    que estivo dirixida a aqueles seres humanos que os nazis identificaron como unha vida indigna de ser vivida incluindo aos delincuentes, enfermos mentales, discapacitados físicos, disidentes políticos, pedófilos, homosexuais, dementes, relixiosos e débiles, para a eliminación da cadea hereditaria Hitler fundamentou as súas ideas racistas no darwinismo social, é dicir, basándose na evolución social como unha evolución biolóxica de habilidades e supervivencia do máis forte.A euxenesia tamén ten boas aplicacións como cando un feto nacerá enfermo e para que non sufra recurrese a esta técnica.

    Sandra Baúlde e Juan Jesús Gómez

  18. laurachazo Dixo:

    Laura Chazo e Isabel Portas.

    A charla que nos deu Daniel Soutullo pareceunos moi interesante por que a maioría non sabiamos que significaba eso da euxenesia.
    Explicounos multitude de cousas,moitas de elas que non nos esperabamos,como o feito de que ata o ano 1997 en Suiza seguiuse utilizando o método de estirilizar ás persoas para que só se reproducisen os mellor dotados.Parece incríble que moitas de elas aceptasen pola súa porpia vontade ser esterilizadas aceptando os argumentos que lles daban para que aceptasen.
    A euxenesia está moi ligada ao darwinismo social.Nos séculos XIX e XX a euxenesia incluía métodos tales como a esterilización forzada e o xenocidio.Foi utilizada como argumento para xustificar a discriminación de colectivos,e entre elas destaca o euxenismo nazi,no que se eliminaron a moitísimas persoas consideradas de raza inferior (6 millóns de xudíos, 800.000 gitanos…)e no que se eliminou ou esterilizou a 275.000 persoas, entre impedidos, enfermos mentais e homosexuais.

  19. pedropavia Dixo:

    Pedro Pavia e Javier Martinez din:

    Parecenos que a euxenesia non sería unha boa técnica a utilizar na sociedade tal e como se facia antigamente, cando nin tiñan os estudos suficientes sobre o tema. A charla pareceunos interesante dende o punto de vista de aprender novos conceptos en bioética xa que non coñecíamos estes estudos. gustounos moito as historias que contou de como se solía utilizar aínda ata non fai moito en países tan desenrolados como Suecia, que tivo que pedir perdon por facer este mal uso perxudicante para as persoas. Esterilizabanse a moitas, demasiadas mulleres despois de dar a luz.

  20. anaotero Dixo:

    Ana Otero y Camila Sieiro 1ºBach.C

    Daniel Soutullo explicounos na charla que a euxenesia era unha técnica que consistía en que había que esterilizar a xente que xeneticamente non é válida ,por un así decilo, como as prostitutas, ou a xente de clase baixa. Esta técnica foi utilizada non fai moito tempo, non fai máis de un século miles de persoas foron esterilizadas en contra da súa vontade. Nos cremos que non é solución esterilizalos xa que o analfabetismo, por exemplo, non era un carácter herdable, aínda que por outra parte se a persoa ten uns hábitos os seus fillos verán o seu comportamento e intentarán imitalo.
    Tamén pensamos que é moi inxusto quitarlle a liberdade de ter fillos e tampouco darlle o dereito a vida a eses fillos que non tiveron a posibilidade de nacer e crecer xunto cos seus pais.

  21. marinhadios Dixo:

    Mariña Dios e Cinthia Dios:
    Antes da charla de Daniel Soutullo non coñeciamos o que era a euxenesia, pero pareceunos un tema moi interesante. Este científico explicounos o que era e a historia do pensamento da euxenesia, que servía para facer melloras na especie. Coas leis que aprobaban a euxenesia, facíanse castracións das persoas pobres, enfermas, etc. para que non se reproducisen e así toda a descendencia fose máis lista, nobre, culta… Obviamente isto non é verdade, pero houbo algúns países que o levou a puntos demasiado extremos, sobre todo no nazismo de Hitler. Pero non podemos esquecer que non foron os únicos, xa que por exemplo en EE.UU incluso se fixo antes, e en países democráticos e supostamente desenvoltos como é Suecia a práctica da euxenesia continuou ata os anos 90, feito polo que o goberno pideu disculpas.
    Agora, podemos falar dunha neo-euxenesia,que consistiría en técnicas avanzadas como o aborto en caso de que sexa detectada algunha enfermidade no embrión. Nós estamos a favor desas técnicas novas xa que é un avance para a medicina e pode significar menos sufrimento para moitas familias.

  22. andreaiglesias2 Dixo:

    Marta Pérez e Andrea Iglesias
    O termo euxenesia significa “de boa orixe”. A euxenesia defendía a mellora dos rasgos hereditarios mediante unha selección humana,é dicir,seleccionaban a aquelas persoas que tiñan “mellores xenes” para que tivesen un maior número de descendentes, incluso se lles pediu a algúns famosos científicos que doasen o seu seme. Ademáis, impedíaselles a aquelas persoas que consideraban pouco intelixentes ou con algunha discapacidade que tivesen descendencia.Para facer a destinción entre persoas con “bos xenes” e con “malos xenes” facían unha serie de probas obrigatorias que, en realidade, non demostraban nada xa que a maioría da xente era analfabeta e marcaba unha resposta ao azar.Aquelas persoas que consideraban non aptas para evitar que tivesen descendencia esterilizábanos obrigatoriamente. Calcúlase que foron miles de persoas as que foron esterilizadas e a maioría delas nun período de tempo curto.

  23. saralopez Dixo:

    Tamara Dopico e Sara Piñeiro:
    Pola nosa parte, pareceunos unha charla moi interesante xa que é un temo presente que moita xente non o coñece. Nós non practicariamos esta técnica porque sería un acto non ético e inxusto pola parte da sociedade que lle tocaría. Estes serían, por exemplo, os xitanos, os tolos, os inmigrantes… Os practicantes tiñan un certo racismo a estas persoas xa que os menospreciaban.
    Como Daniel Soutullo, esta práctica estendeuse por todo o mundo, destacando América e toda Europa, incluso chegou aos días do nacismo en Alemaña, que a aplicaban sobre todo nos xudeos.
    Hoxe en día a euxenesia segue existindo aínda que con fins médicos e so se realiza en situacións reducidas. Como por exemplo na fecundación in-vitro na que se seleccionan os mellones embrións (os máis sans) para introducirllo á futura nai e logo dar un feto.

  24. daviddiosotero Dixo:

    Estamos dacordo coa euxenesia, sobretodo cando implica melloras nos males de enfermidades hereditarias, malformacións… O que non nos parece correcto é que sea usada en canto a unha reproducción “á carta” (escoller color de ollos, cabelos…) que moitos pais probablemente farían. Creemos que o fin da euxenesia é o melloramento da especie humana en canto á desaparición das enfermidades, nada máis.
    David Dios e Javi Cores

  25. andreapatino Dixo:

    Eu estou de acordo coa euxenesia, porque fai melloras para a vida das nais, polas malformacións dos nenos que as nais poden chegar a ter.Esto pode ser bo porque podes escoller a cor de ollos e elixir a súas cualidades.