Manipulación xenética de actualidade
Seguindo coa temática de GATTACA atopámonos estos días cunha noticia sobre un estudo no que se conseguiu relacionar os xenes co aspecto da cara dalgunhas persoas, abríndose posibilidades como facer un retrato robot do rostro dunha persoa analizando os seus xenes, ou a posible futura escolla de embrións dacordo coa cara que desexemos para @s nos@s filll@s.
Un dos científicos entrevistados polo xornalista é Carracedo, importante xenetista galego que tivemos a oportunidade de coñecer pois veunos visitar ao centro fai uns cursos a ofrecernos unha charla sobre “Xenética e xenómica”.
Outras noticias recientes relacionadas coa manipulación xenética son a solta de mosquitos machos transxénicos que producen ovos inviables (para evitar a propagación do dengue) ou a creación dun novo par de bases nitroxenadas (ademais de A-T e G-C) que poden incorporarse e replicarse no xenoma dunha bacteria. Tamén se resolveu estos días que a ovella Dolly non se pode patentar.
Escolle unha noticia e opina.
Tags: bases nitroxenadas, clonación, código xenético, dengue, Dolly, escolla xenética, manipulación xenética, transxénico
Martes 13 de Maio do 2014 ás 12:37 pm
O traballo de Romesberg foi un gran paso adiante. As bacterias funcionan perfectamente con 4 letras que con 6, as novas que introduxo nunha bacteria (X,Y), que se emparentan entre si. Un logro dos biólogos de California foi garantizar que a bacteria poida conseguir do entorno as novas bases na súa forma simple, para despois incorporalas ao ADN. Agora pódense formar 216 combinacións, fronte ás 64 anteriores, iso significa unha maior variedade de proteínas.
RAQUEL FERNÁNDEZ E JENNIFER DIOS
Martes 13 de Maio do 2014 ás 12:46 pm
“Ampliando el lenguaje de Dios”
Nesta noticia fálase da creación de dúas novas bases nitroxenadas(X e Y) a parte das xa existentes (A,G,C e T), sendo complementarias X-Y, A-T, G-C; e así introduce novas combinacións e pasamos de ter 64 posibilidades de proteínas a 216 posibilidades.
Este novo sistema de bases nitroxenadas implantouse en bacterias e estas funcionaron perfectamente “con seis letras que coas catro naturais”; este é considerado un gran avance para os expertos da bioloxía sintetica. O seguinte paso que queren facer, é conseguir que as novas bases nitroxenadas sexan transcritas polo ARN.
David Padín e Irene Maquieira
Martes 13 de Maio do 2014 ás 12:46 pm
Nos eleximos a noticia sobre os mosquitos machos transxénicos.
O tema da noticia é crear mosquitos transxénicos para combatir a epidemia de dengue.
Brasil propón soltar machos modificados xenéticamente para ter crías no viables. De esta forma, conseguirán que a femia non se reproduza, o que provocaría reducir a poboación de insectos.
O primeiro ensaio desarrollouse nun barrio de Juazeiro, no cal se conseguiu reducir a poboación de mosquitos nun 85%. Os mosquitos modificados comportanse igual e viven uns 20 días. Sería necesario liberar 500 mosquitos semanales por habitante para garantizar a disminución da población de Aedes.
Os científicos espoñen que en breves farase un segundo ensaio.
O dengue é un virus viaxeiro, o cal causa 12.500 mortes anuales.
Esta técnica xa se leva intentando utilizar desde os anos 50, pero agora está máis perfeccionada e os mosquitos transxénicos son idénticos aos reais.
Esperamos que esta técnica funcione para poder reducir a cantidade de mortos anuales.
Carolina Millán Barreiro e Ainoa Novás Vaamonde
Martes 13 de Maio do 2014 ás 1:20 pm
Mara Dios e Saray Romero.
Hoxe en día aínda non sabemos demasiado sobre xenética e polo tanto vémonos moi limitados á hora de empregagala,pero estase traballando para nun futuro poder facer un bo uso da xenética. Un exemplo podería ser o que nos da o testo dos mosquitos transxénicos infértiles que se están soltando nas poboacións africanas para reducir os casos da enfermidade da malaria que provoca millóns de mortes ao ano. A pesar de que manipular a xenética pode resultar favorable en moitos casos,tamén hai determinadas aplicacións que non son tan boas,como por exemplo deseñar aos nenos a modo que sexan xenéticamente perfectos antes de nacer. Isto está comezando a levarse a cabo nalgúns países,ainda que eu non estou de acordo, xa que penso que debemos aceptar aos nosos fillos tal e como son e cando decidimos ter fillos debemos ter en conta todos os riscos que isto supón.
Martes 13 de Maio do 2014 ás 1:27 pm
Creados os primeiros monos “a medida”.
O traballo básase na aplicación da gchamada tecnoloxía CRISPR/Cas9,que básicamente consiste en utilizar unhas baterias para que fagan de tixeiras xenéticas que sirvan para introducir os xenes que se queren investigar,coa peculiaridade de que se pode dirixir exactamente dónde vai a producirse a mutación.Con elo evítase xenerar aniamis inviables e ademáis conseguense exemplares que se parecen o máis posible ao que sucede na natureza.O único requisito é que o proceso de modificación debe facerse xusto despois da fecundación,cando o futuro macaco é solo un embrión dunha célula.Desta maneira asegúrase que todo o organismo leva a mutación.Xa son dous os animais nacidos despois de aplicarlle esta técnica.O traballo permitirá contar con modelos animais en simios de enfermodades ata agora difíciles de investigar,como as degenerativas.Ademais permitirá contar con exemplares o más semellante aos humanos,co que espérase que se reduzan os fracasos que se producen actualmente.
ALBA ROMERO 1ºBAC-B
Martes 13 de Maio do 2014 ás 1:31 pm
Nós pensamos que o tema de soltar mosquitos tranxénicos e unha boa idea, xa que aparte de ser infértiles, os ovos que crean, non van a ir arriba, e eso vai a facer que os que teñen a transmiten a malaria, vaian morrendo pouco a pouco. Todo este proceso é totalmente natural, e non contamina nada. E eso o único que fai e evitar que a xente se contamine da malaria, que eso o único que crea e mortes case sempre. Deberían de facerse máis cousas así con outros seres vivos, ou incluso con cousas que poidan, ou acaben infectando ás persoas.
Álvaro Falcón e Álvaro Monteagudo.
Mércores 14 de Maio do 2014 ás 1:03 pm
A experimentación neste campo, pode levar a resolución de graves problemas naturais como a extinción de especies, ou a solución dun problema no 3º mundo, a posibilidade de clonar animais permitiría a raza humana poder controlar o número de animais de ganado, e obter asi unha reserva case infinita de carne
Pero tamen ten lados negativos, o perigo de incorporar nunha especie, individuos co mesmo material xenético, e a pouca variabilidade dos caracteres, polo que toda a especie sería sensible ante o mesmmo estímulo ou enfermmidade.
Jose Antonio Dacosta e Jose Luis Pérez
Mércores 14 de Maio do 2014 ás 1:23 pm
MARCOS FERNÁNDEZ - NOELIA SUÁREZ
Nos por unha parte defendemos a utilización da clonación de animais en aqueles que están en perigo de extinción, porque desta maneira poderíamos conseguir que ao reproducirse se amplie más rapidamente o número de individuos dunha especie. Tamén vemos ben que a través dunha mostra de xenes se realice un retrato robot pois sería moito máis sinxelo para identificar persoas desaparecidas ou delicuentes. Outra cousa que vemos ben é facer os mosquitos infértiles para que non transmitan enfermidades como a do dengue. Os aspetos negativos serían non aportar variabilidade a unha especie debido a seren exactamente iguais ao individuo real, polo que isto sería perxudicial para esta.
Mércores 14 de Maio do 2014 ás 1:29 pm
A clonación é o proceso de crear unha copia xenética idéntica doutro organismo orixinal. Ás veces este término pode aplicarse aos clones “naturais”, como os xemelgos monocigóticos, ou cando un organismo se reproduce asexualmente como no caso de especies monosexuais e organismos hermafroditas, aínda que a maioría das veces se refire a un clon creado intencionadamente.
Pola nosa parte, cremos que é innecesario clorar tanto animais como humanos, xa que ainda que che clonaran non poderías ser a mesma persoa xa que as circunstancias serían diferentes así que sería unha persoa fisicamente idéntica pero con rasgos diferentes na súa aptitude.
O que cremos é que si a finalidade da clonación fose non clonar un individuo completo, senon clonar órganos ou tecidos, o que faría que as persoas non tivesen que esperar por un doante que fose compatible con el e así non se tería que poñer en risco a vida do doante.
Marina Pérez e Lara Otero
Mércores 14 de Maio do 2014 ás 1:30 pm
Tamara Dopico e Sara Piñeiro:
Esta temática ten dous puntos, un positivo e outro negativo. O punto positivo é que poderiamos obter organismos que están en perigo de extinción ou poder clonar tecidos sans para poderllos donar a individuos enfermos que os necesite. Tamén ca clonación podemos controlar a expansión dunha enfermidade como o dengue.
O punto de vista negativo é que non habería variabilidade á especie porque serían xenetica e fenotípicamente iguais. E con isto podería levar á extinción dunha especie xa que si hai un fenómeno externo que afecte negativamente á especie, non habería supervivintes.
No caso da ovella Dolly, clonada en Estados Unidos, conseguiuse o experimente da clonación mediante a extracción dunha célula da glándula mamaria dunha ovella vella implantándose nun óvulo doutra ovella sen núcleo. Tras pasar o tempo da xestación, naceu a famosa ovella Dolly que faleceu ao pouco tempo xa que que tiña as enfermidades propias da ovella proxenitora.
Mércores 14 de Maio do 2014 ás 1:31 pm
A manipulación xenética nos animais parécenos mal xa que non poderían aparecer caracteres novos nas poboacións, só aparecerían indiviuos uns iguais a outros, sería romper a cadea evolutiva.
Pero clonar a animais dunha especie en perigo de extinción sería boa idea, poderiamos acabar coa extinción das especies.
Carmen Ozores e Alicia Baúlo.
Mércores 14 de Maio do 2014 ás 1:34 pm
Lucas Abal e Antía Otero
TEMA: Novo par de bases nitroxenadas
Un dos últimos avances na ciencia foi a creación dun novo par de bases nitroxenadas (X e Y), as cales son capaces de pasar desapercibidas e non accionar o mecanismo de reparación xenética, que os destruiría ao momento. O obxetivo é crear novas bases capaces de fabricar novas proteínas. Estas compleméntanse entre sí e, por agora, non son capaces de fabricar novas proteínas. Agora, en lugar de poder obter 64 combinacións, poderemos orixinar 216 combinacións.
Grazas a obtención de novos compostos, podemos orixinar por exemplo, o adipato, utilizado na creación de antibióticos. Tamén regulan as funcións vitais do noso organismo, novas formas de vida,… Este tema está moi criticado pola simple razón que xogamos a ser deuses.
Unha pregunta: se o alfabeto da vida pode ampliarse, por que non o fixo a natureza? E se nacen novos seres co código xenético ampliado, obterán novas características favorables para sobrevivir ou desaparecerán por non poder adaptarse ao medio ?
Mércores 14 de Maio do 2014 ás 1:36 pm
Un ser vivo clonado é xenéticamente idéntico ao seu proxenitor e non se pode patentar nada que xa exista no medio natural.
A manipulación xenética é un procedemento cuxas técnicas poden ser utilizadas en beneficio da humanidade, como a curación de enfermidades, a creación de mellores razas de ganado, etc.
Tamén, para a procreación e a experimentación en seres humanos.
Pero esto tamén teria desventaxas,pois non habería variabilidade xenética
Sandra Baúlde e Juan Jesús Gómez
Sábado 17 de Maio do 2014 ás 10:53 am
A ovella Dolly foi un experimento dunha ovella clonada que fixeron fai uns anos. O instituto Roslin intentou moitas veces patentar a clonación desta ovella pero EE.UU no seu veredicto respecto á porposta do instituto Roslin alegou que ao ser un ser vivo clonado é xenéticamente igual ao seu modelo, ao proxenitor polo tanto xa existe na natureza. A lei de EE.UU di que non se pode patentar todo aquilo que xa exista na natureza. O dereito legal desta primeira clonación téñeno Wilmut e Keith pero non ata o extremo de poder cobrar por as clonacións. O Instituto Roslin para defenderse do veredicto de EE.UU dixo que a ovella Dolly, foi creada polo home e non pola natureza, o que quixeron dicir foi que eles tamen teñen dereito a patentalo como calquer persoa que crea ou descubre algo novo, e neste caso o novo que se descubriu foi a clonación.
Con anterioridade tamén intentaron patentar a tecnoloxía utilizada e á ovella en Europa, pero Europa só deixou que patentaran a tecnoloxía utilizada xa que unha das reglas para patentar algo en Europa é que ten que ser novedoso e calificaron que a clonación de Dolly non era novedosa xaque utilizaba ADN dunha ovella antiga. O instituito Roslin esta vez tamén presentou a súa defensa dicindo que o ADN non era o mesmo que o da ovella antiga xa que por factores ambientais varía. Pero esta defensa, como a de EE.UU non lle serviu para moito ao Instituto Roslin. A ovella morreu aos 6 anos, xa que o seu ADN era de unha ovella vella, e en certo modo era como si ela tamen fora igual de vella. A clonación débese seguir mellorando, en cando a antugüidadeb das células, xa que si se conserva a clonación pode que non sirva de moito. Nós pensamos que a clonación é beneficiosa para facer tecidos e órganos por exemplo, para que si unha persoa está enferma do corazón ou ten un tecido moi desgastado que se lle poida cambiar o que non funciona ben por un clonado e asi alongarlle un pouco a vida.Tamén creemos que a clonación de persoas non tería moito sentido e no caso dos animais tampouco a non ser en casos excepcionais como os dos animais en perigo de extinción.
LAURA PIÑEIRO E CARMEN ESPREMÁNS
Martes 20 de Maio do 2014 ás 12:20 pm
Este experimento parecenos moi importante para a humanidade e o avance da ciencia xa que se evitan as enfermidades contaxiosas que producen as picaduras dos mosquitos, este experimento e moi custoso que se realizou en Juazeiro (Brasil) que invertiu, moito diñeiro nesta experimento…
Eloy Vidal Cores
Sergio Parracho Nieto
Martes 20 de Maio do 2014 ás 12:24 pm
Este experimento parecenos moi importante para a humanidade e o avance da ciencia xa que se evitan as enfermidades contaxiosas que producen as picaduras dos mosquitos, este experimento e moi custoso que se realizou en Juazeiro (Brasil) que invertiu, moito diñeiro neste experimento.
O experimento saiu adiante e conseguironse evitar moitas enfermidades porque os mosquitos tranxenicos non permiten ovar cos mosquitos nn transxenicos.
Eloy Vidal Cores
Sergio Parracho Nieto
Martes 20 de Maio do 2014 ás 12:30 pm
Dúas das necesidades de calquera animal son: alimentarse e reproducirse. Unha da forma nas que os mosquitos sacian a súa fame e cas picaduras aos seres humanos. En Brasil levouse a cabo a idea de soltar machos modificados genéticamente para ter crías non viables.E asi facer que diminúa a poboacion de mosquitos para asi evitar que se expanda o dengue. Fixose o primeiro ensaio no barrio de Juazeiro e a poboación de mosquitos diminuíu un 85%. O dengue é un virus viaxeiro que causa un virus hemorráxico que provoca unhas 12.500 mortes ao ano, así que a unica solución que nos queda é extinguir ese mosquito que é unha tarefa moi difícil xa que os mosquitos poden reproducirse incluso nunha pequena charca. Solo se modifican os mosquitos machos, que son os que non pican. Hai xente que esta en desacordo con que solten ese tipo de mosquitos artificiales, entre eles os ecoloxistas, que din que se debe estudar máis esa teoría antes de soltalos.
Óscar Iglesias Nieto e Diego Peso Pereira.
Martes 20 de Maio do 2014 ás 12:34 pm
Nós escollemos a noticia dos mosquitos tranxénicos para acabar co dengue.
Neste experimento modificanse xenéticamente ós mosquitos macho e liberanse 500.000 deles cada semana, para así saciar as ansias reproductoras das femias aínda que as crías non serían viables. Esto estase a levar a cabo en Brasil para así acabar ca terrible enfermidade do dengue, unha das máis preocupantes do país.
Este insecto nace en augas estancadas e sucias, e reprodúcese cunha gran velocidade; fai unhas décadas era case inapreciable, e agora apoderouse dende África a Sudamérica e o Sudeste asiático.
Respecto a esta noticia nós cremos que a mutación xenética non debe ser a principal solución ós nosos problemas tanto de saúde como de enfermidades. A nosa proposta sería a de investigar unha vacina que puidese inmunizarnos dos seus efectos en vez de cambiar xenéticamente a este tipo de mosquitos xa que aínda que a nós nos pode parecer (e parece) un gran obstáculo, pode que outros animais necesiten da súa existencia. Coa esterilización dos mosquitos poderiamos acabar coa súa propia especie, e tal vez eso perxudique moito a outras.
Lara González e Paola Costa.
Martes 20 de Maio do 2014 ás 12:44 pm
Esta noticia e moi asombrosa xa que nos di e nos demostra que a natureza non crea clons se non que os crean os humanos. Unha das razóns polas que máis me chamou a atención foi a crreación das celulas protectoras da insulina que podrían servir a pacientes de diabetes, edevolveronlle a fe aos científicos sobre a futura utilidade terapeutica da clonación.
Sergio Parracho Nieto
Eloy Vidal Cores
Martes 20 de Maio do 2014 ás 12:44 pm
Nos seus efectos positivos a clonación pode axudar a combater enfermidades que na actualidade non teñen solución, poderían salvarse moitas especies en perigo de extinción e a creación de novas especies na natureza que nos aportasen novas sustancias.No mundo da mediciña poderían producirse medicamentos ou organos a partir da clonación. Unha copia xenética e seu modelo non teñen o ADN exactamente iguais. Os clons teñen a carga xenética das mitocondrias distinta repecto dos modelos que replican. Ademais, existen alteracions xenéticas provocados por factores ambientais que diferencian a orixinais e copias.
Na nosa opinión está ben que non se patente a clonación, xa que desa maneira existirían empresas que se beneficiasen desta industria, e tendo en conta que a clonación tamén ten efectos negativos, xa que afecta a biodiversidade de varias maneiras. Polo tanto, cremos que a decisión de que non se patente a clonación animal está ben.
Sofía Fernández Bermúdez e Noelia Núñez Franco.
Martes 20 de Maio do 2014 ás 12:49 pm
Laura Grande,Laura Oriola, Nuria Alvarez:
Dolly foi o primer mamífero en ser clonado dunha célula adulta. Un ser vivo clonado é xeneticamente idéntico ao do seu proxenitor. A identidade xenética de Dolly respecto ao seu proxenitor donante a convirte en algo imposible de patentar.
Para fabricar a Dolly uns investigadores seguiron un método que consistía en tomar unha célula de unha ovella adulta, eliminarlle o núcleo e introducilo no óvulo de outra ovella ao que se lle había quitado o núcleo.
Pódese decir que Dolly foi creada polo home, e non pola natureza.
Dolly produciu crías normales de forma natural e isto serviu para demostrar que este tipo de animales clonados poden reproducirse.
Dolly sufría artritis nunha articulación dunha pata traseira e unha enfermidade pulmonar dexenerativa e por iso en 2003 foi sacrificada. E dous anos despois, en 2005, un científico descubreu que coa mesma técnica de Dolly, pódense clonar embrións humanos.
Martes 20 de Maio do 2014 ás 1:18 pm
A clonación poderia resolver moitos problemas no futuro como por exemplo conseguir animais dos caracteres que queremos que sexan mais axeitados ao xeito de vida que van vivir e mais resistentes a enfermidades determinadas.
Sobre a clonación con humanos parecerianos mal porque poden suplantar a nosa imaxe e non seria ético que a teu clon o mandaras a traballar por ti, posto que el seria un humano condenado o escravismo o non seria ético.
Joaquín Irajo Cores e Pablo Baulde Garcia.
Martes 20 de Maio do 2014 ás 1:21 pm
Ás bases nitroxenadas que xa coñeciamos estase a intentar engadir dúas novas bases (X e Y). Con este descubrimento poderían aparecer novas combinacións de bases que darían lugar a novos ácidos nucléicos. O problema é que non se coñece o resultado que pode obterse con estas novas combinacións, tanto poden ser negativas como positivas para os organismos.
Nós cremos que está ben a incorporación de novas bases nitroxenadas, xa que pode ser unha maneira de evolucionar as especies, pero haberá que esperar ós resultados que provocarán estas novas combinacións. Por outra banda hai que ter coidado co que se experimenta porque pode dar lugar a consecuencias negativas para as especies.
Juan Ramón Dios e Daniel Mougán.
Martes 20 de Maio do 2014 ás 1:25 pm
Jorge Dios e Manuel Oubiña:
Esto e un gran avance na ciencia, debido a que grazas a isto poderánse salvar vidas nos lugares donde se atopan os mosquitos que transmiten a enfermidade. E isto non provoca a extinción da especie, se non que moderan o número destes mosquitos, baixando así o seu nivel de poboación.
Martes 20 de Maio do 2014 ás 1:27 pm
O uso da manipulación xenética que atopamos na actualidade pode traer consigo grandes riscos, por exemplo: ter dous seres vivos co mesmo material xenético e polo tanto vulnerables ao mesmo xen ou virus.
Por outra parte na clonación de animais como a ovella Dolly, podería ter un resultado positivo tendo en conta que en algún momento podemos quedar sen algún tipo de recurso, necesario para o supervivencia.
Nos estamos mais de acordo en que isto non se leve a cabo xa que podría causar numerosos perigos que afectarían ao noso desenvolvemento de forma natural.
Ana Longo e Alba Pernas
Mércores 21 de Maio do 2014 ás 1:17 pm
Camila Sieiro y Ana Otero 1ºbach C.
Imos a comentar a noticia sobre o estudo no que se conseguiu relacionar os xenes co aspecto da cara dalgunhas persoas.
Este estudo pode traer cousas boas e malas:
É bó xa que este estudo do ADN axuda na identificación de criminais, nalgúns casos esta información é boa para que se poda castigar ó criminal, xa que só e posible cando se atopa un resto do ADN. Curiosamente, na noticia , os científicos néganse de falar de razas. Eles só indican antecedentes, antepasados. A globalización e a mestizaxe non permiten facer unha clasificación sistemática dos rasgos; nen tan sequera da cor da pel.
Esta tecnica tamén é boa para identificación de víctimas que quedan tras un tsunami, un terremoto, un omicidio ou un incendio, xa que moitras veces é imposible idestificarlas.
Os seus inconvenientes son que falta de privacidade do individuo, xa que só con unha mostra de ADN podemos saber quen se esconde detrás, aparte se se encontran mostras de ADN na escena dun crime, poderían acusala inxustamente.
A primeira vez que se aplicou esta técnica en España foi na catástrofe do 11-M onde tiveron que identificar numerosos cadáveres co rostro desfeito.
Os científicos din que esto é dar o salto dende a información xenética e a apariencia e a futura derivada deste proceso abre un gran debate ético e moral, debido as ventaxas e inconvenientes que antes mencionamos.
Mércores 21 de Maio do 2014 ás 1:18 pm
Pedro Pavía e Javier Martínez din:
Pensamos que a clonación é unha técnica útil pero tamén problemática e irracional nalguns casos. No caso das persoas non ten ningunha lóxica a clonación dun ser humano enteiro pois en todo caso poderíamos clonar tecidos para axudarnos nun futuro con algunhas enfermidades, pero como vimos na película La Isla, onde se clonaban seres humanos, copias dos autenticos para cando estes tivesen un problema facer un transplante de calquer órgano do corpo, pero isto non ten ningunha ética, tendo as persoas clonadas enganadas como nun mundo paralelo cheo de mentiras. Dende logo a clonacion é unha tecnica que hai que analizar moito eticamente debido a os problemas que trae e xa non so emocionais e eticos, senon economicos. Pois se un cientifico quere clonar algun organismo tería que pagar ao dono da patente da técnica de clonación unha gran cantidade de diñeiro, podendose aproveitar das persoas se isto ocurre nunha institución privada, pois xa non falamos no sentido de clonar seres humanos, pero si animais ou pequenos microorganismos que serian útiles por exemplo para que non se extingan algunhas especies ou para curas de certas enfermidades. Tamén nos alimentos pode resultar interesante pero sempre hai que ter en conta os contras desta técnica, que poden ser variados, e quizáis non compensan nalguns aspectos.
Mércores 21 de Maio do 2014 ás 1:36 pm
Os animais resultantes dunha clonación non poden ser patentados, aínda que si o pode ser o método empleadopara a clonación. Se se utilizara de este modo acabaría por perderse a diversidade dentro das especies e non habería variedade de caracteres polo tanto se houbese un cambio brusco de clima ou unha enfermidade á que fosen vulnerables, desaparecería a especie.
David Dios e Javier Cores
Martes 27 de Maio do 2014 ás 12:16 pm
Gabriela Besada e Alba Serantes
Un ser vivo clonado é xenéticamente idéntico ao seu proxenitor, xa existente na natureza. E a lei estadounidense establece que non se pode patentar nada que xa exista no medio natural. Polo tanto, non existen razóns para que a ovella Dolly, o primeiro mamífero clonado a partir de unha célula adulta, mereza a protección que confire a propiedade industrial.
Este foi o argumento do xuiz estadounidense rexeitando a petición do instituto Roslin (no que se clonou á Ovella Dolly), pois se este gañara, debería cobrar por cada animal clonado en EEUU.
O instituto Roslin tamén o intentou en Europa pero non o conseguiu debido a que hai tres requisitos que se deben cumprir para recibir o aval das oficinas de patentes. Débese tratar de algo novedoso, con elementos inventivos e con aplicacións industriais. O organismo europeo rexeitou a solicitude ao considerar que se carecía do ingrediente da novidade. “Se é un clon, comparte o ADN do proxenitor e é indistinguible de el tal e como está na natureza, é una copia polo que non representa ningunha novidade”.
Polo de agora, o Instituto Roslin segue sen conseguir o seu obxectivo, maís a pregunta é, o método de clonación ten o obxectivo de avanzar nas investigacións da ciencia ou se cada vez aumenta máis o interés polo beneficio económico?
Martes 27 de Maio do 2014 ás 1:09 pm
A pesar de que a solta do mosquito anopheles tranxénico sexa unha gran ventaxa para a diminución da súa poboación e para reducir os afectados pola enfermidade que transmiten, tamen pode ser un grave problema para o seu ecosistema.
Ao diminuir o número de individuos, moitos animais que se alimentan del poden quedar sen substento ou verse obrigados a alimentarse de outro ser vivo, creando un desequilibrio en todo o ecosistema.
Rubén Martinez e Xian González.
Martes 3 de Xuño do 2014 ás 1:33 pm
Este texto trata do que moitas persoas desexan para os seus fillos, como por exemplo ollos azuis, rubios… Outras persoas, en cambio, queren que os seus fillos nazcan con características ao azar e non mediante unha elección. Pero isto non só ocurre no ambiente humano, que para uns pode resultar bo e para outros malo, tamén ocurre no mundo animal, por exemplo con mosquitos transxénicos, aos cales esterilizan para que así as femias non poidan reproducirse, e polo tanto non poidan expandir a enfermidade que estes transmiten.
Nerea Cuesta García y Ana Rial Cousido
Sábado 7 de Xuño do 2014 ás 11:07 am
A noticia da xeración de dúas bases nitroxenadas sen dúbida é a que máis nos chama a atención. Ata agora coñecíamos cinco bases nitroxenadas A (adenina), G(guaninina), C(citosina), T(tinina) e U(uracilo) capaces de transcribirse e xerar 64 combinacións diferentes de proteínas. Pois ben, agora empregaranse ademáis as bases X e Y (non existentes na natureza) que se emparellaran entre si creando un número de combinacións que ascende as 216.
Este novo par de bases nitroxenadas abre a posibilidade dunha creación de microorganismos que poidan ter diversas utilidades e que servirán para mellorar os procesos químicos de algunhas industrias.
A largo prazo, esta introducción podera crear a posibilidade de crear organismos con xenomas totalmente sintéticos.
Antonio Vázquez e Claudia María
Domingo 8 de Xuño do 2014 ás 9:50 am
Mariña Dios e Cinthia Dios:
En Bélxica, na Universidade de Leuven, Peter Claes e o seu equipo fixeron un estudo sobre a relación entre o xenoma e os trazos faciais. Para iso, reuniron a 592 voluntarios de moitas razas de entre 18-40, para que non interviren outros factores. Fixeron imaxes tridimensionais de cada un tomando 7.000 puntos de referencia na súa cara.
Colleron xenomas e buscaron variacións dunha letra nas secuencias, sobre todo na información dos caracteres da cara. En total, centráronse en 24 mutacións de 20 xenes.
Cando estaban establecidas as mutacións e o aspecto que tiñan os mutantes escribiuse un algoritmo informático para relacionar a forma co xenoma. Por exemplo a altura dos pómulos, a separación dos ollos, o ancho do nariz. Sen embargo outros non tiveron que determinalos como o color de pelo e os ollos, porque xa o sabiamos.
Nós pensamos que podería ser un gran avance se se usa da forma correcta e despois duns estudos con bos resultados, xa que este descubrimento podería usarse para crimes e un erro levaría a grandes equivocacións. É unha noticia moi interesante que parece sacada da ciencia ficción. Nunca nos imaxinariamos que isto puidese ocorrer na vida real.
Luns 9 de Xuño do 2014 ás 8:23 am
Marta Pérez Diz e Andrea Iglesias
Como xa sabemos o ADN componse de catro bases nitroxenadas(A,T,C,G)que se combinan entre si dous a dous. Dende unha cadea de ADN conséguese, mediante a transcripción, unha cadea de ARN cambiando a timina(T) do AND polo uracilo(U) do ARN. Cada tres letras de ARN, mediante tradución, obtense un aminoácido. Se realizamos todas as combinacións posibles obtemos un total de 64 combinacións diferentes.
Coa creación das dúas novas letras( X e Y, que se combinan entre si)e mediante o mesmo proceso obteríanse finalmente un total de 216 combinacións distintas.As bacterias creadas coas dúas novas letras viven con normalidade.
Luns 9 de Xuño do 2014 ás 8:41 am
A clonación pode levar á existinción dunha especie,xa que clonando todos serían iguais,sen variabilidade xenética e de caracteres,e se un morre por calquera factor meteorolóxico ou por unha enfermidade morrerían todos.
O método de clonación pode ser patentado,pero patentar os seres vivos resultantes da utilización de este método non,pois non podemos plantexarnos patentar unha vida,ademais sería unha vida que xa existía na natureza.
Ademais,por qué tanto interés en patentar un mamífero clonado e non patentar o que foi utilizado?Pois realmente son os mesmos,a partir dun obtense o outro,coas mesmas células e material xenético.A xente non sería capaz de distinguir cal é o clon e cal é o xa existente,pois a simple vista son identicamente iguais.
Laura Chazo e Isabel Portas.
Venres 13 de Xuño do 2014 ás 9:02 pm
Este metodo poderia resolver grandes problemas naturais como a extincion de especies ou a solución no 3º mundo para a sua propia subsistencia a escala alimentaria. Tamen ten cousas negativas, ao utilizar este metodo acabaría por perderse a diversidade dentro das especies.
Iván Nogueira.