Un microscopio de papel.
Foldscope é un microscopio basado no origami, imprímese sobre papel e pregándoo, engadindo unha lente, un LED e unha pila podemos conseguir un microscopio por menos dun euro. O seu peso é de apenas uns gramos, non rompe con facilidade e móntase en menos de 10 minutos. A pesar de que é tan barato pode proporcionar máis de 2.000 aumentos cunha resolución submicrométrica.
Este invento desarrollárono científicos da Universidade de Stanford que defenden que se poden ver parasitos e bacterias ampliados. Os seus creadores tamén falan de que o microscopio é sumerxible e non rompe aínda que o pises repetidas veces.
Por todo isto este invento suporía un gran avance na mediciña e na educación, sobre todo en países subdesarrollados e azotados por enfermidades.
Nos institutos os alumnos poderían fabricar o seu propio microscopio antes de utilízalo nas clases prácticas. Na sanidade pode salvar moitas vidas facendo un estudo a tempo e previndo enfermidades. Fálase de que estes microscopios, polo seu baixo coste, poderían ser desechables para evitar o contaxio de enfermidades.
Tags: Enfermidades, microscopio, origami
Martes 27 de Maio do 2014 ás 12:44 pm
Este microscopio é o máis barato posible, xa que está feito de papel. Os nenos poden recortar con tesoiras e montar o microscopio en menos de 10 minutos. O seu precio é de menos de un euro.
Foldscope pódese usar para realizar observacións de laboratorio.
Parécenos un gran avance tanto para a mediciña e a educación como naqueles países subdesenrolados.
Carolina Millán Barreiro e Ainoa Novás Vaamonde