O Deseño Intelixente

A teoría do deseño intelixente apareceu en Estados Unidos no ano 1987,  cando nos colexios anulouse a obriga de ter que ensinar o Creacionismo nas clases de Ciencias Naturais. Esta teoría, non é máis que unha versión un tanto moderna da existenza de Deus, pero respecto o deseñador no deseño intelixente non o mencionan, nin a el, nin a súa natureza.

imagenAs persoas que están a favor desta teoría, xustifícanse dicindo que vida é tan complexa, as células os átomos, que non puido ser o azar quen o creou todo, se non que tiveron que ser feitos por alguén. Outro argumento é que, é necesario unha intelixencia capaz de crear e controlar as leis do Universo.

A Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos e moitos científicos consideran que o deseño intelixente é unha pseudociencia,  rexeitando as afirmacións desta teoría porque din que carece de unha base científica. A pesar de todo isto, esta teoría conseguiu movilizar a un gran número de persoas en todo EEUU, e estas persoas están buscando que esta teoría se ensine no colexio como xa se facía antes co Creacionismo.

Esta teoría tamén chegou a España. En diferentes universidades e institutos intentouse conseguir o obxetivo de promocionar o deseño intelixente, como nas universidades de Vigo e León, pero foi rechazado porque pensaban que non tiña ningún carácter científico, simplemente que era de carácter creacionista e que non aportaría nada.

A partires do deseño intelixente xurdiron outras teorías, pero que eran parodias. Por exemplo o Pastafarismo no que o seu Deus era un montón de espaguetis.Esta teoría surxiu como protesta para que o deseño intelixente non fora difundido.

imagen

Con todo isto, cabe preguntarse, como moitos científicos din: “¿Onde estaba o deseñador e de onde saíu este deseñador?” Co que as persoas partidarias desta teoría respondían que esta pregunta era irrelevante ou que non tiña nada que ver co deseño intelixente.

 

 

 

Tags: , , ,