Un de cada cinco soles ten un planeta como a Terra.

satélite Kepler da NASA recolleu datos nos que se demostra que hai moitos máis planetas nos que poderíamos vivir. Según os estudios eses planetas teñen un tamaño parecido á Terra e están nunha zona habitable. Os investigadores da Universidade de California e da Universidade de Hawái analizaron os datos recollidos e chegaron a conclusión de que o 22% das estrelas similares ao Sol teñen un planeta como a Terra nas súas dimensións e que poden ser habitables. Os astrofísicos pensan que nos próximos anos atoparase un planeta fóra do Sistema Solar de características idénticas ás da Terra.

 imagen

O líder deste proxecto, Erik Petigura, di: “É asombroso cando miras ao ceo pola noite e podes ver a simple vista unha estrela similar ao Sol que está a 12 anos luz como mínimo.” Petigura e os seus axudantes pasaron 34 meses recollendo datos do telescopio espacial Kepler, que pertence a NASA. Este satélite foi lanzado no 2009 coa intención de buscar e estudar exoplanetas similares á Terra en zonas habitables. O 15 de agosto deste ano a NASA informaba que a misión do Kepler rematou, tras fallar o segundo dos xiroscopios que permiten a rotación do satélite. A partir de agora a NASA daralle uso nunha nova misión, a cal aínda non confirmou.

 

Tags: , , , , ,