O WhatsApp: De verdade mellorou a nosa vida?
O WhatsApp é unha aplicación dispoñible para os móbiles de última xeración, chamados smartphones.
Agora mesmo, é raro ou pouco usual non ver a xente moza, rapaces ou xente que utiliza moito o teléfono, con este sistema instalado no seu smartphone, por que? Pois polas comodidades que esto supón.
En primeiro lugar, necesitas un servizo de internet. Este programa ofrece unha especie de mensaxería rápida e eficaz ao momento, sempre e cando a persoa coa que se necesite falar teña ese mesmo programa. Ademais, permite enviar imaxes, videos e notas de voz. E o mellor de todo isto, é que permite un gran aforro á hora das facturas telefónicas.
Pero, como case todo o bo, sempre hai algo malo, e son as consecuencias que o WhatsApp trouxo con el.
Para empezar, unha vez que envías unha mensaxe queda rastro de a quen llo enviaches, hora e día, e permite ver a que hora foi a última conexión de cada usuario. Tamén, outra das consecuencias, e das mais comúns, e ver nunha comida familiar, un grupo de amigos ou calquera outra cita, ver a xente co móbil na man, sen falar, só atendendo o que pasa a través de esa pantalla. Isto fai que as persoas se descentren do mundo real.
Ademáis, non mostra unha gran intimidade, o que iso pode ser un gran problema. Seguro que a alguén lle pasou o feito de ter discusións con amigos ou familiares, e que algunhas destas fosen a través do WhatsApp, ou simplemente, que comezasen por culpa deste: Que si porque a túa parella fala con alguén que a ti non che gusta, porque estivo en línea e non che falou, porque un amigo lle contou un segredo teu persoal etc… E incluso, xa non é o primer caso de bullying.
O WhatsApp ten cousas boas, pero tamén malas. É un sistema que se se utiliza adecuadamente, pode ser de gran axuda, pero hoxe en día non o utilizamos como é adecuado, o que pode supoñer un grave problema. A nosa intimidade corre grave peligro, e deberíamos ser conscientes disto, e intentar utilizalo de forma máis segura, ou evitar que se faga mal uso del.
Tags: Smartphone, usuario, WhatsApp
Luns 16 de Decembro do 2013 ás 9:40 am
LAURA CHAZO E ISABEL PORTAS:
Como xa se explica na noticia, esta aplicación ten bos e malos usos. Por unha parte é boa, porque o feito de que os mensaxes sexan gratis fai que a xente se comunique máis sen preocuparse polo longa que puidese chegar a ser a factura. Pero por outro lado, como cada vez a empeza a utilizar xente máis cativa, non están realmente informados de todos os perigos que isto pode conlevar. Xa que todo ,absolutamente todo o que se envía por esta aplicación queda gardado no servidor. Por iso hai que ter moito coidado á hora de utilizar o whatsapp.
Luns 16 de Decembro do 2013 ás 9:42 am
Marta Pérez e Andrea Iglesias
Na nosa opinión o WhatsApp ten as súas vantaxes e os seus inconvintes como todos os medios de comunicación.
As vantaxes son que nos permiten estar comunicados constantemente e prodúcenos un gran aforro económico xa que en lugar de chamar por teléfono ou enviar sms, mandamos un WhatsApp que é gratuito.
Pero pensamos que ten tamén inconviuntes como que agora existen programas para “espiar o WhatsApp” é dicir,que nos permite leer as conversacións doutras persoas; esté é un problema xa que está violando a nosa intimidade.
En resumen poderíamos dicir que o WhatsApp é un bo medio de comunicación sempre que se utilice con responsabilidade.
Luns 16 de Decembro do 2013 ás 9:44 am
Pedro Pavía e Javier Martinez
É certo que o Whatsapp é unha aplicación moi util para a comunicación con xente a cal non poidas ver a miúdo, tamen permiteche aforrar moito na factura telefónica pois este método permite a comunicación só con ter conexión a internet. Os rapaces de hoxe en día empézano a utilizar xa con idades tempranas, o cal non é bo nin para a sua saude visual, ou para o seu desarrollo persoal, pois si botan todo o día falando polo Whatsapp non faran determinadas actividades propias da sua idade, isto é como un vicio. A parte non seria a primeira vez que as redes sociais como esta provocan un acoso, pois non ves con quen estas a falar ainda que penses saber con quen falas.
Luns 16 de Decembro do 2013 ás 9:49 am
NOELIA:
Na nosa opinión que se utilice o WhatsApp é interesante xa que a comunicación e máis rápida e máis barata. Respeto ao mencionado na noticia, que unha persoa esté có móbil na mesa, non ocorre sempre só naqueles casos de que as persoas estén obsesionados con este método de comunicación. O problema grave do WhatsApp é que a través del estamos máis controlados,pero tamén é moi grave que a mitade das discusións son producidas através del ou pola súa causa. Polo tanto o WhatsApp é bo dentro dos seus límites.
Martes 21 de Xaneiro do 2014 ás 1:47 pm
LORENA E BENITO POZA
A verdade e que estamos de acordo completamente, o whatsapp é moy rentable en canto a aforrar cartos, pero tamén é moy vicioso e pode perxudicar na hora de que outra xente te pode acosar, o caso do bullying.
Martes 28 de Xaneiro do 2014 ás 1:48 pm
Nós creemos que o whatsapp mellorou e perxúdicou ás nosas vidas, xa que ten o privilexio de que nós poidamos comunicarnos máis rapidamente uns con outros, crear grupos de varias persoas para falar todas conxuntamente. Ademáis é un bo invento para pasarnos fotos, cancións, falar e todo gratuitamente. Aínda que non todo e bó, xa que pasamos moitas horas diante do móbil, non falar entre nós, senón co móbil, e ademáis produce adictividade ademáis de que un tema importante é que non é o 100% seguro, xa que a través deste programa houbo moitos problemas con persoas xovenes. Pero a nosa opinión é que este programa non fose eliminado xa que é o noso medio de comunicación.
Yaiza Santiago y Carolina Baúlo
Martes 4 de Febreiro do 2014 ás 2:13 pm
Na nosa opinión o WhastsApp trouxo consigo moitas ventaxas, xa que podemos falar cos nosos amigos ou ben familiares completamente gratis. Tamen podemos enviar notas de voz e grazas a esto poderianos aforrar usandoas en vez de chamar.
Tamen cabe decir que ten consigo algunhas desventaxas como facerse pasar por outra persoas, espiar as conversacións de outros..ezt.
Iván Nogueira Piñeiro
Cristian Díaz Rivas
Martes 1 de Abril do 2014 ás 12:35 pm
Na nosa opinión o “Whatsapp” foi un gran avance tecnolóxico para as nosas vidas, xa que facilitou moito as comunicación entre familiares e amigos cun gran aforro. En canto aos casos de acoso e bullying o problema non e do whatsapp senón, no mal uso que se fai del. Un dos problemas que consideramos máis graves é a adicción que algunhas persoas desarrolan sobre este; pero o que hai que ensinar é que o whatsapp é unha cousa útil pero que hai que usala con moderación.
David Padín Varela, Carolina Millán Barreiro e Ainoa Novás Vaamonde.
Martes 1 de Abril do 2014 ás 9:34 pm
Na miña opinión, o whatsapp como tantas outras aplicacións tecnolóxicas modernas sí nos facilitan a vida. Esto ten ventaxas e desventaxas como todo, pero penso que ten máis cousas boas que malas. Facilita unha comunicación instantánea coas persoas que nos roedan e coas demáis persoas do mundo e compartir os nosos momentos mediante a subida ou o envio de multimedia (fotos, vídeos, música, etc). Xa que este tipo de aplicacións non teñen límites e chegan a calquer recuncho do mundo.
Tamén penso que as desvantaxas son provocadas pola mala xestión da aplicación, así que realmente o whatsapp non ten culpa dos nosos problemas, senon que istos con causados por nós mesmos ( ansiedade, malestar, e demáis síntomas que provoca a famosa “última conexión”) ou por terceiros (bullying, acoso cibernético, etc).
Martes 1 de Abril do 2014 ás 10:11 pm
O whatsapp é unha aplicación para teléfono, tablet ou ordenador de mensaxería instantánea. No aparello electrónico que máis se utiliza é no teléfono. É moi habitual hoxe en día e por influencia desta aplicación telefónica e de outras semellantes ver a todo o mundo pegado ao móbil, tecleando sin parar. Incluso hoxe en día como consecuencia do noso vicio ao whatsapp é moi común ver a un grupo de amigos reunidos ou a un grupo de persoas e que en lugar de falar unhas con outras, andan viciados ao whatsapp. Esta apliación estase a convertir nunha droga. O whats app é o motivo de discusión de moitas parellas e amigos, xa que permite ver as últimas conexións das persoas coas que se fala. Neste sentido o whats app viola a intimidade das persoas. No caso do I phone existe a posibilidade de non mostrar esta última consexión, pero nos resto dos teléfonos móstrase en todos esta última conexión.
Pero bueno o whatsapp non é únicamente cousas malas, se non que tamén pode ter cousas boas se lle damos un bo uso e non como un vicio que únicamente nos fai comer a cabeza e que nos fai antisociais. As ventaxas do whatsapp son que non permiten comunicarnos dunha maneira moito más facil e permítenos pasar fotos dunha maneira máis cómoda, ademais fan que teñamos unha facttura telefónica máis baixa. As novas tecnoloxías son boas se as sabemos usar, asi que hai que utilizalas con cabeza e sentido.
Venres 4 de Abril do 2014 ás 1:29 pm
Antía Otero e Lucas Abal:
O Whatsapp, wpp abreviado, é unha aplcación coa finalidade de axudarnos na nosa vida diaria, podemos falar fácilmente coas persoas, estén donde estén, sempre e cando teñan conectividade a internet, e así é, axudanos, pero, como aquí explica, é moi frecuente estar con algunha persoa e estar có móvil na man e non facerlle caso ao que tes ao lado, e mesmo que estes falando con el polo móvil tendoo ao lado, facemos un uso abusivo de el, xa que a maoiría de veces nin sequera estades falando de cousas importantes. Tamén podemos falar dos grupos que se crean en dita aplicación, xa que a maioría son grupos inservibles nos que non se fala nada importante, sólo se falan tonterías por eles pero que están sonando seguido, ou tamén hai outros grupos que se fixeron por algunha razón pero que xa non se usan e están ahí sin que ninguén os use. Hai xente que non é capaz de salir da súa casa sin o seu móvil por medo a que pase algo e non poida enterarse ou que lle pase algo a el e non poida avisar, e si salen sen o seu móvil sintense agobiaedos e de máis, isto é xa que a xente volveuse adicta aos seus móviles, e, máis en concreto, ao Wpp, isto lévanos á conclusión de que é unha herramienta moi útil, pero usada na súa xusta medida.
Venres 4 de Abril do 2014 ás 3:20 pm
Como nos conta a noticia, o Whatsapp ten tanto boas cousas como malas. Se o utilizamos debídamente e para cousas realmente importantes non tería porque haber problemas, o malo empeza cando se utiliza para facer mal a outra persoa e sendo así esta ben que quede rastro das mensaxes enviadas porque son probas de que eso ocorreu de verdad. Deberíamos controlarnos a hora de estar con outras persoas, se temos xente ao redor porque utilizar o móbil e non facerlle caso a quen xa temos diante? Pero por desgraza non é así, e cada vez comeza a utilizarse máis pronto. Penso que este programa esta ben porque nos pode axudar no día a día para comunicarnos sen necesidade de realizar unha chamada, pero todo debe ter os seus límites.
Venres 12 de Decembro do 2014 ás 9:47 pm
O Whatsapp é unha aplicación para os smartphones que ten como finalidade comunicar á xente instantáneamente. Si ben é certo que esta aplicación resulta moi útil, tamén o é o feito de que descentra ás persoas do mundo real (sobre todo ós adolescentes).
Deberíamos plantexarnos se o uso do Whatsapp non ten máis desventaxas ca ventaxas, xa que como vemos neste artículo incluso chega a alonxarnos da xente do noso arredor con tonterías como a da última conexión ou discusións a través desta aplicación. A xente antes de que aparecera o Whatsapp sempre arreglouse sen ningún problema e nós creemos que incluso puideron ser máis felices. Pero a estas alturas senón fóra o Whatsapp sería o Line ou calquera outra aplicación.
O ideal sería o uso racional e certa moderación, usalo pra o necesario e non estar todo o día colgados do teléfono como a maior parte da xente, actualmente, o está.
Inés María y Sara Dorado