A acción humana e os asolagamentos

As grandes choivas son a causa principal dos asolagamentos, pero hai outros factores importantes que agravan as súas consecuencias, como por exemplo a fusión das neves, cambio climático, rotura de presas, etc….resultado da acción humana.

As inundacións son procesos naturais nos terreos anexos a ríos ou lagos. A súa conversión en catástrofes resulta da acción humana. 

imagen

As accións do home mais relevantes, polas cales se agravan as consecuencias das inundacións son as seguintes:

  • Deforestación. A tala de bosques e os cultivos que desprotexen o solo da súa recubrimento vexetal facilitan a erosión e chegan aos ríos grandes cantidade de materiais en suspensión que agravan os efectos das inundacións.
  •  Asfaltado indiscriminado de superficies. Isto provoca a impermeabilización do solo e impide que a auga sexa absorbida pola terra e  facilite que chegue rapidamente aos cauces naturais.                                                                                                                                                                     
  • Canalización inadecuada de ríos ou presas. As canalizacións poden solucionar problemas en algúns tramos de río, pero agrávanos noutros.      
  •  Desequilibrios sociais e económicos, onde  parte da poboación sen recursos se ve obrigada a situar os seus fogares preto de zonas de risco.    
  • Urbanización preto da costa para atraer ao turismo.  

 A ocupación dos cauces por construcións reduce a sección útil para evacuar a auga e reduce a capacidade de inundación do río. O que provoca maiores desbordamentos. Segundo declarou Ganesh Pangare, coordinador rexional para a auga e os pantanos da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) “Os seres humanos non podemos limitarnos a botarlle a culpa á natureza, porque invadimos as zonas inundables.””.

 

Evolución de Vilagarcía  de Arousa :                                            imagen       imagen

 

Tags: , ,

Unha resposta a “A acción humana e os asolagamentos”

  1. antoniovazquez Dixo:

    Antonio Vázquez e Claudia María
    Este tema parécenos moi interesante e fai peguntarnos se realmente estamos facendo ben arrebatándolle terreo ao mar e destruíndo a paisaxe. Está claro que necesitamos zonas donde edificar e contruír pero ao marxe diso, deberíamos ter certo respeto pola natureza e intentar dañar a zona o menos posible. Tamén polo noso ben, pois os asolagamentos supoñen unha grave catástrofe e poden costar a vida de moitas persoas. É necesario comprometerse coa natureza, deixar de pensar tanto nos nosos intereses e pensar no ben do planeta e o seu bo sotemento. Unha das principais finalidades, ademais de baixar o impacto realizado sobre a natureza, sería reducir a emisión de gases invernadoiro. O planeta depende de nos e se o dañamos, estamos dañandonos tamén a nos mesmos.