Tecnoloxías futuristas?
As ideas futuristas que tiñamos fai anos vianse reflexadas, sobre todo, nas películas de espías como Superagente 86, que para aquela época incorporaban ideas inalcanzables, que pode que só fixeran para causar gracia, como por exemplo, o Zapatófono ultrasecreto.
Por increíble que pareza, na actualidade, obxetos como estos están saindo ao mercado. A versión moderna do Zapatófono, que a compañía O2 acaba de lanzar no Reino Unido, é unha curiosa prenda que está valorada en 2.900 €. Fanse a partir de teléfonos móbiles vellos que os usuarios rexeitan. A idea principal deste proxecto é chamar a atención sobre a necesidade de reciclar.
Outros obxectos que eran impensables fóra das películas ata fai uns poucos anos son:
As “Glass Google”, unhas gafas de realidade aumentada, que te mostran a información dun smarthphone pero sen utilizar as mans. Teñen acceso a Internet, podes facer chamadas e videochamadas, captar imaxes en primeira persoa e incluso teñen servicio GPS.
El “iWatch” de Apple, é un reloxo de man intelixente, co sistema operativo iOs propio de teléfonos. Así o reloxo ten as aplicacións propias dun iPhone ou dun iPad.
E por último, o mais novedoso e futurista, moi propio de películas como The Matrix, un chip que nos converte en baterías. Encárgase de xerar enerxía a partir da calor que expulsamos directamente pola pel. O chamado chip TEGwear, ainda está sendo investigado pero pénsase que nun futuro permitiranos cargar os nosos dispositivos electrónicos co noso corpo.
Chegamos xa o futuro “de película”, ou simplemente é o comezo de todo o que nos queda por avanzar? Son simples tenoloxías, nada máis que materiais de usar e tirar, ou acabarán modificando o noso modo de vida?
Tags: futuro, Glass Google, iWatch, TEGwear, zapatófono
Martes 2 de Abril do 2013 ás 4:59 pm
Todas estas invencións que nun principio eran pura fantasía e aparecen agora na realidade, son un gran avance para a humanidade.
Se nos basamos nisto, donde estarán os límites nun tempo futuro? Chegaremos a ter teléfonos incrustados na cabeza en forma de chips? Hoxe en día pode parecer unha barbaridade, pero antigamente tamén o eran os teléfonos móviles, e incluso o teléfono fixo.
Como é lóxico, a sociedade e con ela a tecnoloxía avanza a medida que pasa o tempo. Hoxe en día temos unha concesión da vida moi distinta á que tiñamos antes.
A pesar de todo isto, nós pensamos que moitas destas invencións desaparecerán por puro aborrecemento e só unhas poucas lograrán sobrevivir, instalarse nas nosas vidas e evolucionar…
Martes 2 de Abril do 2013 ás 5:01 pm
Aquí vemos claramente como a tecnoloxía avanza a pasos axigantados, xa que unhas simples gafas poidan acceder a internet, facer chamadas e videochamadas, captar imaxes en primeira persoa e ter servizo GPS, e unha autentica barbaridade. Quen nos diría a nos fai 20 anos, que hoxe foramos a ter estos avances? Quen nos diría, que aquel telefono, o famoso Zapatófono ultrasecreto, hoxe iva a facerse realidade? E tamén que un reloxo conteña case o mesmo contido que un Iphone. Outro tema que nos deixa abraiados é o do chip TEGwear co que se podría cargar aparellos electronicos a través do calor que desprendemos da nosa pel. A este paso, que sucederá dentro de 100 anos? Andaremos en coches voadores? Levaremos un telefono incorporado no cerebro? Quen sabe, a tecnoloxía estanos deixando moi bocabertos nesta última década, e non sabemos que pode ser o seguinte que pode chegar…
Martes 2 de Abril do 2013 ás 11:19 pm
Claramente que la incorporación de los nuevos avances tecnológicos nos hace mas fácil la vida y nos sorprende cada día mas pero como en todo, tiene sus desventajas. Uno de los aspectos negativos es que nos “estamos reemplazando por robots”, ya que con la aparición e introducción de robots inteligentes, máquinas .. se han reemplazado a muchas personas en sus respectivos trabajos.
Nuestra opinión acerca de este tema es que las nuevas innovaciones tecnológicas son imprescindibles y básicas para el desarrollo y progreso de la humanidad.
Los avances van creciendo con el tiempo y nos hacen la vida mucho mas fácil para todo tipo de actividades, será algo que tendremos siempre y con ello mismo también ayuda a la ciencia para poder tener logros científicos.
Martes 9 de Abril do 2013 ás 1:46 pm
Estou de acordo con que só as tecnoloxías que melloren a nosa calidade de vida son as que van a perdurar e creo que unha das nomeadas no artigo que maís me chamou a atenciòn é o chip TEGWEAR.
Se a calor do noso corpo é unha fonte de enerxía limpa e xera calor mesmo cando dorme, esta calor pode transformarse en electricidade a través dun xerador termoeléctrico en contacto coa pel (esta invenciòn segundo informaciòn publicada en internet, estaría no mercado o pròximo ano 2014, non nun futuro afastado). Unha das vantaxes de utilizar estes dispositivos alimentados pola calor corporal serìa a de substituír as baterías que utilizamos actualmente e con iso poderíase reducir os residuos tóxicos que xeran cando as tiramos.
Martes 1 de Outubro do 2013 ás 1:40 pm
O Post que vimos parécenos moi interesante, as tecnoloxias do futuro son moi intrigantes e novedosas, como nos gustou tanto este post decidimos comentar algunas tecnoloxias futuristas que atopamos pola rede como por exemplo:
A realidade aumentada, que non substitue a realidad, senon que sobre-imprime os datos do mundo real.
Outro tema moi interesante e que se via imposible de realizar son as pantallas flexibles que parece que xa se esta traballando nese proxecto, e ademais esta avanzando moi rapido con respecto ás espectativas.
Imaxes:
http://www.poderpda.com/wp-content/uploads/2011/10/Tecnologias_2012_RealidadAumentada.jpg
http://www.poderpda.com/wp-content/uploads/2011/10/Tecnologias_2012_pantallasflexibles.jpg
FONTE:
http://www.poderpda.com/editorial/5-tecnologias-cruciales-para-el-futuro-proximo-tendencias/
Isaac Vieites Señorans
Adrián García Mariño