Que é o cancro?
Cando un dano celular non pode ser reparado, a auto-destrución celular impide que o dano sexa herdado polas células fillas.Cando estes mecanismos de control son interrompid0s nunha célula, el e os seus descendentes inician unha división descontrolada, que eventualmente levará a un tumor ou nódulos.
Cando as células que constitúen o tumor non posúen a capacidade de invadir e destruír outros órganos, falamos de tumores benignos. Pero, cando esas células medran sen control ademáis de sufrir cambios, adquiren novos poderes para invadir os tecidos circundantes e órganos (infiltración), e poden moverse e medrar noutras partes do corpo (metástase), falamos de malignidade, que é o que chamamos cancro.
O cancro comeza cando as células normais convertense en cancerosas, adquiren a capacidade de multiplicarse de forma imparable e invadir outros órganos e tecidos. A primeira fase iníciase cando estes axentes actúan sobre a célula, cambiando o seu material xenético. A primeira mutación, non é suficiente para xerar un cancro, pero é o inicio do proceso.Non sempre é posible diagnosticar o cancro máis cedo porque:
-Durante as fases iniciais, o cancro non manifesta ningún síntoma (asintomática).
-Non todos os tumores poden ser examinados na poboación normal para diagnosticar lesións pre-malignas.
Tipo de cancro |
Axente carceríxeno |
Como evitalo? |
Cancro de pel |
A radiación ultravioleta |
Tomar sol adecuadamente |
Cancro de pulmón, ril, fígado |
Cromo, níquel, cobalto, asbesto, chumbo, arsénico |
Seguir medidas de seguridade no traballo |
Cáncer de pulmón e testículo |
Hidrocarburos aromáticos policíclicos (fume do tabaco, hollín, alcatrán, petróleo…) |
Evitar o consumo de tabaco e seguir medidas de seguridade no traballo |
Cáncro de fígado, estómago |
Nitrosaminas |
Evitar o cosumo excesivo de afumados e embutidos |
Cáncro de colo de utero |
Virus do Papiloma Humano (VPH) |
Consultar o xinecólogo |
Cáncro de fígado |
Virus da hepatite B (VHB) |
Cumplir o calendario de vacinación e, para poboación de risco, utilización de xeringas desechables e preservativo nas relacións sexuais |
Cáncro de estómago |
Helicobacter pyllori (bacteria) |
Tratamento antibiótico |
Tags: cancro, Enfermidades, mutación, prevencion, saúde
Mércores 6 de Novembro do 2013 ás 12:16 pm
Este post está moi ben elaborado e é moi interesante por que normalmente falamos de cancro sin coñecer o significado completo nin a importancia que teñen certos detalles para desarrollar esta enfermidade.Este post infórmanos moi ben da existencia dos tumores malignos e dos tumores benignos,que seguramente moitos de nos descoñecemos a existencia destes últimos pola gran importancia e desarollo que teñen hoxe en día os tumores malignos,o que chamamos cancro.Tamén é moi interesante por que nos fala dos tipos de cancro que hai e das posibles solucións para evitalos,cóntanos tamén que durante as primeiras fases do cancro non se manifesta ningún síntoma.
Alba Romero.