O efecto placebo.
Aínda que nos pareza algo imposible, unha persoa pode autosuxestionarse inducida por factores externos como poden ser un ambiente agradable, unhas palabras cariñosas ou a confianza dun persoal médico, ata chegar a curarse de todo sen necesidade de ningún medicamento. Isto denominámolo comunmente “efecto placebo”.
O termo “efecto placebo” foi acuñado polo anestesista americano Henry K. Beecher en 1955. Henry observou que un terzo dos seus pacientes melloraban cando se lles suministraba unha pastilla parecida a un medicamento habitual pero sen ningún efecto farmacolóxico. A partir deste estudo, decidiuse que para que unha substancia fora considerada útil, a súa eficacia tiña que ser superior á do placebo. O interesante é que o efecto placebo non ten por que estar sempre relacionada co consumo dunha pastilla ou cunha inxección, senón que moitas veces o proceso mediante o que se produce é o máis importante.
Isto podería explicar o beneficio que experimenta a xente que recurre a métodos de curación alternativos como a acupuntura, as flores de Bach, a osteopatía ou a medicina homeopática. Non se pode negar que nestos métodos a atención persoal ao paciente é moito maior que na consulta habitual do médico e pode levar a unha mellor resposta inmune, aínda que a eficacia do método en si mesmo non estea demostrada.
Un investigador de Harvard, Ted Kaptchuk, realizou outro experimento con 270 pacientes que sufrían dor nas articulacións. Dividiu o grupo en dous, a unha parte do grupo suministroulles unhas pastillas “placebo” advertíndoos de que producían somnolencia (aínda que isto non era así) e á outra parte suministroulle un tratamento de acupuntura, ainda que as agullas nunca perforarían a pel, dato que os pacientes descoñecían. Tras realizar o experimento, moitos pacientes chamaron para queixarse da somnolencia producida pola pastilla e pola inchazón que provocaran as agullas. Nalgúns casos, a dor incluso se disparara. Pero o máis sorprendente foi que a maioría dos pacientes experimentaran unha melloría, superior incluso na parte do grupo á que se lle suministrara a acupuntura.
Ben Goldacre, narra no seu libro experiencias aínda máis sorprendentes: casos de cirurxía ou amputacións, incisións con coitelo ou pacientes que nin se inmutan cando ven como lle cortan un óso sen recibir ningún tipo de substancia que poida paliar a dor. Este é o poder da mente.
Como conclusión, vemos que unha atención máis cercana e personalizada nos centros médicos podería axudar aos pacientes a curarse máis rápido. E ti, estás de acordo con isto?
Fonte: http://www.ojocientifico.com/4139/que-es-el-efecto-placebo
Tags: cariño, placebo, psicoloxía, trato
Luns 18 de Marzo do 2013 ás 4:32 pm
Eu creo que esto do efecto placebo pode ser verdade. Unha persoa pode curarse antes si está cómoda co seu entorno ou si a xente a trata ben, é algo máis psicolóxico, co feito de sentirse coidado, sentir que alguen se está preocupando pola túa enfermidade ou o teu malestar e se esforza por solucionarlo. Tamén creo que esto non é asi con todas as enfermidades, algunhas axudache a curalas e outras a facelas máis levadeiras. Por exemplo, se sufres un cancro, por moi ben que te traten non che vai a curar así porque sí, pero axuda moito a que poidas curar antes porque te sintes mellor, con máis apoio e axuda.
Martes 2 de Abril do 2013 ás 5:01 pm
Parécenos un tema moi interesante, aínda que xa era un tema moi coñecido por todos ao falar por exemplo dos nosos anciáns e persoas maiores, acabamos de ver que realmente podería de ter unha explicación centífico e psicolóxica.
O que sucede é que os nosos maiores, cando non toman un medicamento, quéixanse de dor, e cando o toman din que xa están perfectamente, aínda que verdadeiramente ese medicamento non lle faga nada; con tal de tomar ese medicina síntense mellor e súbeselle o ánimo, tamén pode ser unha chamada de atención en ocasións.
Por outro lado, na maioría das persoas que posúen verdadeiramente unha dor, precisan un medicamento, xa que por mala sorte o seu problema sí que precisa coidados e axudas que lle aporta un medicamento.
O efecto placebo xunto coa boa atención dos médicos, fan que a medicina cumpla o seu deber e solucione os problemas e dores que unha persoa pode ter, sin recurrir a medicamentos excesivamente fuertes.
Martes 2 de Abril do 2013 ás 5:05 pm
Estamos de acordo con isto porque a veces deixámonos suxestionar polo que nos din, e ao estar tan convencidos do que escoitamos, podemos ignorar, por exemplo, os síntomas dunha enfermidade. Nun estudo feito no Reino Unido comprobouse que se a dous homes se lle fai beber cervexa, a un sen alcohol e a outro con el e dicíndolles o contrario, o home que bebeu cervexas sen alcohol acabou borracho, e con claros síntomas de embriaguez, mentres que o que bebera a cervexa sen alcohol sufriu efecto ningún, polo que queda demostrado o efecto placebo.
Martes 1 de Outubro do 2013 ás 12:47 pm
O efecto placebo non é máis que unha pequena mentira para mellorar o benestar da persoa que tome o medicamento ou o tratamento en concreto. Aínda que se teña que utilizar a mentira para conseguir un resultado bo, nós cremos que está xustificado sempre que o placebo inxerido non sexa perxudicial ou adictivo. Non podemos deixar de lado o nivel de gravedade do problema de saúde a tratar, cremos que este método só se debería utilizar en problemas de leve gravidade.
Lara González e Paola Costa
Domingo 13 de Outubro do 2013 ás 8:35 pm
Jose Antonio Vázquez e Claudia María
Resulta verdadeiramente sorprendente que as persoas reaccionen igual ou incluso mellor cando toman unha pastilla sen ningunha propiedade mediciñal que cando se lles receta un fármaco auténtico. Isto demostra o poder que ten a mente sobre o corpo, xa que o paciente se cura únicamente porque pensa que esta sendo tratado. Deste xeito, o corpo elimina por si mesmo a enfermidade. Aparentemente todos os aspectos do efecto placebo parecen ser positivos pero tamén pode ter efectos negativos xa que no caso de que o paciente se decate de que non está sendo tratado pode causar unha mala reacción no individuo e o “falso tratamento” deixará de facer efecto.
A nos parécenos que, no caso de que se poida, sempre habría que empregar este método, que tampouco ten ningun efecto secundario como poden ter os auténticos fármacos.
Mércores 30 de Outubro do 2013 ás 2:25 pm
Pensamos isto do efecto placebo pode ser verdade, pois as veces cando sentimos dor pode cambiar moito a intensidade deste, dependendo de diversos aspectos como o trato que recibimos. Moitas veces a dor ou sensación que temos ante algo é simplemente psicolóxica. Unha persoa se esta constantemente preocupada de si lle vai doer a barriga terminará doendolle, pero non porque teña ningún tipo de problema, se non que todo está na súa mente, é algo psicolóxico. Este efecto placebo non é que cure enfermidades pero sí que axuda a sentirse mellor, e que dalgunha maneira a enfermidade vaia mellorando sempre obviamente cun control médico. Deste xeito a enfermidade poderíase curar moito mellor que por exemplo, si nos encerramos en nós mesmos poderíamos caer nunha profunda depresión a cal é unha enfermidade mental. Este método pode resultar realmente útil.
Mércores 30 de Outubro do 2013 ás 2:26 pm
PEDRO PAVÍA E JAVIER MARTINEZ
Pensamos isto do efecto placebo pode ser verdade, pois as veces cando sentimos dor pode cambiar moito a intensidade deste, dependendo de diversos aspectos como o trato que recibimos. Moitas veces a dor ou sensación que temos ante algo é simplemente psicolóxica. Unha persoa se esta constantemente preocupada de si lle vai doer a barriga terminará doendolle, pero non porque teña ningún tipo de problema, se non que todo está na súa mente, é algo psicolóxico. Este efecto placebo non é que cure enfermidades pero sí que axuda a sentirse mellor, e que dalgunha maneira a enfermidade vaia mellorando sempre obviamente cun control médico. Deste xeito a enfermidade poderíase curar moito mellor que por exemplo, si nos encerramos en nós mesmos poderíamos caer nunha profunda depresión a cal é unha enfermidade mental. Este método pode resultar realmente útil.
Xoves 12 de Decembro do 2013 ás 10:49 pm
Eu penso que si existe o efecto placebo. Moitas persoas senten malestar solamente con escoitar a outras persoas queixarse. Isto chámase ser hipocondríaco. Se por exemplo a unha destas persoas pensan que lle estás dando o que eles pensan que é un medicamento para curar eses síntomas, producirá un efecto psicolóxico en eles. Pois isto pode pasar con calquera persoa xa que se na túa mente pensas o mal que estás a túa dor incremetarase. Eu estou totalmente a favor do uso do efecto placebo para tratar a enfermos.