De que depende a forma do nariz?
Na universidade de Iowa en Estados Unidos, descubriron que os chamados senos maxilares, teñen un papel moi importante na forma do noso nariz, e incluso no noso benestar. Tras analizar os rostros de orixen africano e europeo, concluiron en que os senos favoreceron a evolución do nariz segundo a parte do mundo donde se encontran, e en función do clima desta zona, para así mellorar a súa función principal, limpar o aire que respiramos. De ese modo en climas cálidos, a forma do nariz é chata e curta, xa que xeneralmente o aire é quente e húmido, polo tanto interésanos que chege rápido aos pulmóns; en cambio nos climas fríos a forma do nariz é estreita e alargada, xa que é a mellor opción para atrapar o aire durante certo tempo e quentalo e humedecelo antes de que chegue aos pulmóns. Esto explica polo tanto que o nariz da maioría da xente que vive en zona de clima frío sexa afilada mentres que os habitantes en zonas cálidas sexa curta e chata.
(nariz africana) (nariz euro-americana)
Tags: clima, evolución, nariz, respiración