Lise Meitner, o machismo e o racismo no mundo da ciencia
Lise Meitner foi unha física austríana, nacida en Viena (7-11-1878) e falecida en Cambridge (27-10-1968).
Naceu no seo dunha familia xudea. En 1901 entrou na Universidade de Viena, na que estudou física xunto con Ludwig Boltzmann. Ao rematar o doutorado, en 1907, mudouse a Berlín para seguir as clases de Max Planck, e estivo xunto a Otto Hahn nunha investigación que durou máis de trinta anos, co que descubriu o protactinio en 1918. Foi profesora no Instituto Kaiser Wilhelm da Universidade de Berlín dende 1926 ata 1933.
No 38 abandonou Alemaña e ingresou no Instituto de Manne Siegbahnla da Universidade de Estocolmo como investigadora atómica, alí estableceu contacto co seu sobriño, Otto Frisch. Otto Hahn e Fritz Strassmann crearon o primeiro exemplo da fisión nuclear coa contribución de Lise Meitner. Os resultados deste exemplo foron publicados por Hahn en 1939, pero foi Meitner a que introduciu o termo da fisión nuclear nunha explicación do fenómeno nun traballo publicado na revista “Nature”.
Suxeriu a existencia da reacción en cadena o que contribuiu ao desenrolo da bomba atómica, realizou grandes aportes tanto á teoría atómica como ao campo da radioactividade e colaborou con Otto Hahn, premio Nobel de Química, no descubrimento da obtención do punto de fisión. A pesar destos feitos, nunca foi recoñecida como coautora deste descubrimento por ser xudea. Recibiu o recoñecemento polas súas contribucións á física en 1996, cando lle foi concedido o premio Enrico Fermi nos Estados Unidos. Tamén se nomeu o Meitnerio no seu honor.
Faleceu en Cambridge (Inglaterra), o 27 de outubro de 1968. Tal e como ela desexaba, foi enterrada en Bramley (Hampshire, Inglaterra) xunto ao seu irmán Walter, falecido en 1964. O seu sobriño Otto Frish escribiu o seu epitafio: “Lise Meitner: unha física que nunca perdeu a súa humanidade.”
O machismo e o racismo tan arraigados na época que lle tocou vivir a Meitner impediu que fora recoñecida como realmente se merecía, por iso a día de hoxe non é tan coñecida coma outros científicos. Non pensades que esta muller se merecía un oco maior no mundo da Física e da Química?
Tags: fisica, Lise, machismo, Meitner, racismo, radioactividade
Xoves 3 de Xaneiro do 2013 ás 4:02 pm
Certamente esta muller se merecía un oco maior no mundo da ciencia, xa que ela tamén se merecía o premio Nobel de Química xa que ela participou no descubrimento da fisión nuclear, polo que non todo o mérito foi de Otto Hahn, aparte de que ela foi a segunda muller en conseguir un doctorado en Física na Universidade de Viena, algo que era case imposoble para as mulleres naquela época.
Ademais, Meitner,ao principio,tivo que facerse pasar por home para poder desempeñar o seu traballo, algo que me parece moi inxusto. http://www.mujeryciencia.es/2008/09/17/lise-meitner/
Xoves 3 de Xaneiro do 2013 ás 9:46 pm
O caso de Lisa Meither, e igual ao caso de outras moitas cientificas ao longo da historia,como por exemplo Sophie Germain(pioneira na teoria da elasticidad),Rosalind Franklin(colaborou de forma importante no estudio sobre o ADN e o ARN), todas elas foron discriminadas de xeito que nunca se lle atribuiron a elas os grandes logros que conseguiron no mundo da ciencia, simplemente por ser mulleres, por iso a maioria de cientificos importantes dos que coñecemos hoxe en dia o seu nome son homes. Ainda asi, por desgracia hoxe en dia este tema cambiou ben pouco, xa que en E.E.U.U. so o 35% dos científicos o ingenieros son mulleres, e o mais preocupante da situacion e que en ese mesmo pais so o 2,4% dos postos de dirección en estos campos pertencen ao sector femenino. Esperemos e confiemos en que esta situacion cambie progresivamente ao longo dos anos.
Domingo 6 de Xaneiro do 2013 ás 9:21 pm
É moi posible que descoñezcamos moitas das mulleres brillantes coma Lise Meitner, pois o machimo que había antes non lles deixaba as mulleres nin estudar. Aínda que Lise non obtivera o Premio Nobel, como debería, pódese dicir que tivo sorte, pois actualmente recoñeceselle o mérito ao seu traballo. Hoxe en día, o que eu creo que se debería facer, é buscar ás moitas de mulleres coma ela e valorar o seu traballo, xa sexa só informando diso, ou cun premio si é importante. Non debemos perder máis nomes dos que xa se levan perdido na historia.