Inflúe en algo ter pais homosexuais?

Os nenos que se encontran no risco da exclusión social e son acollidos por pais homoxesuais experimentan o mesmo aumento no desarrollo cognitivo e en coeficiente intelectual que aqueles acollidos por parellas heterosexuais. O traballo demostra que non hai base científica pra discriminar aos pais pola súa orientación sexual.

Rapaces en situación de acollida familiar que estiveron sometidos a múltiples factores de risco como a exposición prenatal a drogas, o abuso físico e as neglixencias por parte dos pais biolóxicos foron acollidos por proxenitores heterosexuais e por proxenitores homosexuais, tanto mulleres como homes. Case todos os pais estaban casados ou vivían en parlla. Ao longo dos dous primeiros anos despóis da acollida, os nenos realizaron probas psicolóxicas periódicas para evaluar o desarrollo cognitivo, e os pais completaron cuestionarios sobre o comportamento dos fillos.

 

imagen

Houbo moi poucas diferencias entre os nenos durante o tempo que durou a acollida. En xeral, tanto os nenos acollidos por heterosexuais como por gays e lesbianas aumentaron o seu desarrollo cognitivo, e os seus problemas de conduta mantivéronse estables. Ademáis, os coeficientes intelectuales subiron.

A adopción por persoas homosexuais é motivo de controversia en moitos países. Sen embargo, este estudo demostra que “non hai base científica para discriminar aos pais homosexuales”. Os rapaces necesitan persoas que os queiran, independentemente do seu xénero ou orientación sexual.

 

Tags: , ,

16 Respostas a “Inflúe en algo ter pais homosexuais?”

  1. mariapintos Dixo:

    Os investigadores da Universidade de California realizaron un seguimento de 82 nenos de entre 4 e 8 anos en situación de acollida familiar expostos a múltiples factores de risco. Algúns destes nenos foron acollidos por proxenitores homosexuais e os nenos acollidos por estes aumentaron o seu desarrollo cognitivo e non os seus problemas de conducta, o que quere dicir, que estar baixo a tutela de dous homes, duas mulleres, ou unha muller e un home, é o de menos, o importante e que o coiden, queiran e lle axuden a ter un bo futuro.

  2. cristinaperez2 Dixo:

    Estou de acordo co que nos di este post. Ter uns pais homosexuais non ten porque repercutir no rapaz ou rapaza, moitos estudios din que é un mellor ambiente no que o neno pode aumentar o seu coeficiente.
    http://www.xatakaciencia.com/genetica/los-padres-homosexuales-perjudican-el-desarrollo-de-sus-hijos
    Esta páxina dinos que un dos medos de que unha das familias homosexuais teña un neno é que ese neno poida saír tamén homosexual pero iso non ten nada que ver, o neno sae exactamente igual que si fora con unha familia heterosexual, xoga cos mesmos xoguetes e ve os mesmos programas de televisión.

  3. aliciabello Dixo:

    Numerosos estudios de Judith Rich Harris que verifican a certeza de que en realida os meniños vaixo o coidado de parexas homosexuais, non repercute no seu desarrollo , xa que estes son iguais o resto.
    Nos tes psicológicos non se apreciaban nin trastornos na personalida nin problemas no comportamento.
    http://www.xatakaciencia.com/genetica/los-padres-homosexuales-perjudican-el-desarrollo-de-sus-hijos

  4. isabelportas Dixo:

    Eu penso que non inflúe para nada que os pais sexan homosexuais ou pola contra heterosexuais. Xa que tanto uns coma outros lle van a dar a mesma educación os nenos , como ben se ve na noticia. Non ten por que influirlle en nada a orientación sexual dos seus pais aos rapaces. Se os pais os coidan, os alimentan, e lle dan todos os coidados que un neno debe recibir , pois será coidado esplendidamente ,tanto por dous homes ,duas mulleres, ou unha parella heterosexual. Tamén como ben se ve nos telediarios día a día, moitas parellas teñen os nenos e logo abandonanos no primer lugar onde poidan, para que vai sufrir un neno? Para iso, é mellor que parellas que queiran ter nenos non poidan, teñan dereito a adoptalos e coidalos, e darlle unha vida feliz, sin ter en conta o sexo dos pais.

  5. lauradios Dixo:

    Tal e como di o artigo anterior moitas veces pénsase que a maneira idónea de crear a un neno ten que ser da forma convencional (composta por un pai e unha nai)xa que cremos que se un rapaz medra cuns pais homosexuais pode cambiar de polaridade sexual e que pode frustarse de algunha maneira o desarroio da personalidade.

    Judith Rich estudou o desarrolo de nenos en varias familias inhabituais (homosexuais) e con chegou a conclusión de que os nenos eran tan intelixentes, sans e emocionalmente equilibrados como os rapaces dunha familia convencional.

    En otro estudo feito en EEUU concluíron que fillos a cargo de homosexuais citan os mesmos xoguetes e teñen o mesmo gusto a hora de ver un programa de televisión e elexir os seus heroes do cine.

    Con isto ó que queren chegar é que convivir cuns pais homosexuais non inflúen nos teus gustos, personalidade e orientación sexual xa que os nenos fixan os seus referentes non só nos pais senón tamén en moitos elementos do seu entorno.

  6. marianavia Dixo:

    A xente ve mal que un neno ou unha nena sexan criados por pais homosexuais porque xa ven mal a homosexualidade. Vena como un problema da sociedade, pero é igual de natural ser gay ou lesbiana que ser hetero. Non queren que os homosexuais teñas fillos, biolóxicos ou adoptados, porque pensan que van saír tamén homosexuais, e eso non é así.E ser homosexual ou hetero non ten nada que ver, segues sendo unha persoa, boa ou mala, pero unha persoa. E eso é o que moita xente non entende.

  7. nuriacarro Dixo:

    Eu persoalmente penso que isto é debido ás persoas que son homófobas,é dicir, que odian aos homosexuais soamente por ser así sendo unha cousa completamente normal, tan normal como é que unha persoa sexa heterosexual e polo tanto isto non ten porque influir nin negativamente nin positivamente, aínda que creo que o fillo de unha parella de homosexuais poida ser máis tolerante que outros rapaces de pais heterosexual,xa que el sabe dende pequeno que iso é absolutamente normal.
    Un fillo de unha parella de homosexuais vai a recibir o mesmo cariño,medrará do mesmo xeito é desarrolladas da mesma forma que outro con pais heterosexuais, xa que non ten que ver en nada a túa orientación sexual con este aspecto a pesar de que a moita xente lle resulte difícil e incómodo admitilo.

  8. Daniela Arango Dixo:

    Desde mi punto de vista opino que no influye para nada tener padres homosexuales ya que como podemos comprobar en un estudio reciente realizado por Patterson con 37 madres lesbianas de San Francisco,no se hallaron trastornos apreciables de la personalidad ni problemas de comportamiento respecto a los niños con padres heterosexuales. Tampoco influye en la orientación sexual del niño, puesto que independientemente de que sus padres sean homosexuales o no, cada uno elige su orientación sexual. Si la influencia sobre la tendencia sexual del niño se debiera a la orientación sexual de sus padres, cómo explicariamos que la gran mayoría de niños homosexuales hayan nacido y se hayan criado en un ambiente heterosexual, con padres heterosexuales?
    Pienso también que la discriminación hacia los padres homosexuales se debe a que la sociedad habitualmente suele tener miedo a lo que es diferente simplemente porque no es igual, y esta acostumbrada a un estereotipo de familia constituida por una hombre y una mujer , lo cual no significa que sea la única válida.
    Concluyo diciendo que lo verdaderamente necesario e importante para adoptar a un niño es darles amor, protección, seguridad y dedicación por parte de sus padres.

  9. Sofía Fernández Bermúdez Dixo:

    Eu estou de acordo con que non hay base científica para excluir aos fillos de parellas homosexuais,son nenos totalmente normais cunha educación igual ou mellor a que se lle pode dar a fillos de parellas heterosexuais. Estes nenos son excluídos polo mero feito de ter pais diferentes ,e isto é culpa da sociedade racista na que vivimos.

  10. albaalvarez Dixo:

    Un neno é algo así como un pedazp de pedra sen moldear, e o seu caracter e personalidade tardas anos en perfilarse e madurarse. Nos seus primeiros anos de vida, un neno non fai diferencia entre os seus proxenitores porque o seu cerebro aínda esta en formacion, e hai estudos que din que o ter dous pais favorece mais a madurez do neno.
    Numerosos estudos durante as últimas tres décadas han demostrado que os nenos criados por pais homosexuais demostran o mesmo nivel de función emocional, cognitivo, social e sexual que os nenos criados por pais heterosexuais. Esta investigacion indica que o desarollo óptimo dos nenos non se basa na orientacion sexual dos
    pais, senon no cariño estable por parte de pais comprometidos e cariñosos. A investigacion tamen mostra que os nenos que teñen dous pais, sen importar a orientación sexual destos, crecen mellor que os nenos que solo teñen un pai.

  11. Zaira Dixo:

    Moitos estudos demóstranos que non ten nada que ver que os teus pais sexan unha parexa homoxesual ou heterosexual. Un destes estudos foi realizado pola Universidade de California que realizou un seguimento e fixo unha serie de probas nas cales os resultados deron que non afectaban a sua conducta.
    Como di ao final deste artículo: “non hai base científica para discriminar aos pais homosexuales”. Os rapaces necesitan persoas que os queiran,independentemente do seu xénero ou orientación sexual.
    O cal estou dacordo e comparto esa opinión.

  12. Andrea Otero Outeiral Dixo:

    Eu realmente penso que non ten nada que ver que os teus pais sexan homosexuais, esoo non se herda nin nada polo estilo..Pais son aqueles que che coidan, te educan, te protexen e moitas accións mais, non por ser homosexuais non che van a dar os coidados necesarios, como en esta vida hay de todo, non digo que non poida haber algún caso pero non só de pais homosexuais. Neste país estamos acostumados a ver a parella convencional que é unha muller casada cun home que teñen fillos.
    Judith Rich estudou o desarrolo de nenos en varias familias inhabituais (homosexuais) e con chegou a conclusión de que os nenos eran tan intelixentes, sans e emocionalmente equilibrados como os rapaces dunha familia convencional.
    Esto quere decir que ter pais homosexuais non inflúe nos teus gustos.

  13. maradios Dixo:

    A crianza dos fillos supón sempre un gran desafío para os pais homosexuais xa que se enfréntan a dificultades que teñen que ver cos prexuízos,intimidacións e falta de comprensión social pola homosexualidade.
    Estudos científicos creen firmemente que o feito de ser homosexual é irrelevante na crianza dos seus fillos.Os problemas aos que nos enfrentamos non proveñen de ser gay ou lesbiana senón doutros factores.
    Esta noticia da lugar a moitos debates pero probas psicolóxicas demostran que non ten nada que ver a orientación sexual dos pais para o desarrollo e futuro dos fillos.A pesar das diferenzas e exclusións sociais hai matrimonios homosexuais con fillos adoptivos que desarrollan un coeficiente intelectual moi alto que demostra que esto solo inflúe na educación que eles lle dan.
    Mara Dios e Ana Longo

  14. carmenespremans Dixo:

    A sociedade na que vivimos, na súa maioría, aínda non tolera a homosexualidade, pois seguen ca idea da parella tradicional, é dicir, home e muller. Non importa o sexo da nosa parella, o importante debería ser a felicidade que nalgún momento lle poderíamos transmitir aos nosos fillos. Os homosexuais teñen o mesmo dereito que os herterosexuais de poder adoptar fillos, pois eso non vai influír no desarrollo do pequeno ou pequena.
    A homosexualidade non é unha enfermidade e moito menos contaxiosa, moita xente cre que porque os nenos teñan pais homosexuais van a ter fillos homosexuais (Aínda que non son fillos de sangue, son fillos de trato.)

    A psicóloga Judith Rich realizou un estudo en varias familias de pais homosexuais , a súa conclusión foi que os nenos das familias non tradicionais eran tan intelixentes, sans e equilibrados como os nenos dunha familia tradicional. Non foi o único estudo realizado, xa que en EEUU fixeron outro no que determinaron que os fillos de parellas homosexuais teñen os mesmos gustos e afeccións que os demais

    Laura Piñeiro e Carmen Espremáns

  15. marinhadios Dixo:

    Mariña Dios e Cinthia Dios:
    Nós pensamos que non inflúe para nada a sexualidade de teus pais sempre que che eduquen de unha forma debida. Por exemplo, pode ser que os homosexuais coiden mellor a un fillo que unha parexa heterosexual ao seu, aínda que se critique a inexistencia de unha figura paterna ou materna na parella.
    Non é verdade iso de que faga falta unha nai para dar cariño, xa que calquer varón está dotado da capacidade de dar cariño aos seus fillos, así como iso de que faga falta un pai para impoñer respeto. Iso son posturas sexistas, machistas e sobre todo homófobas que na sociedade na que vivimos non deberían exisistir. Todos deberiamos ver a homosexualidade como algo natural, e tamén respetar os dereitos de todos así como entender que todos temos dereito a disfrutar da paternidade.
    É máis, unha persoa que esté en contra disto, estará menos capacitado para inculcar o valor do respeto aos seus descendentes que unha parexa homoxesual. Polo tanto, quen non está capacitado?

  16. aliciasantorum Dixo:

    Eu creo que hai que quitar xa ese cliché de que os nenos de pais homosexuais tamen o son , porque está máis que demostrado que non é así e que son nenos como calquera outros. parece mentira que nunha sociedade do siglo XXI haxa este tipo de discriminacións e creo que esto en parte e por ignorancia, xa que moita xente non ten coñecemento de que eso non se hereda e de que non e unha enfermidade.