¡O home lobo era unha muller!
Un novo descubrimento alarma aos científicos. Fernando Serrulla propuxo unha nova teoría médica que podería barrer para sempre o mito do lobishome galego, Manuel Blanco Romasanta: O asasino múltiple nacido nunha aldea de Esgos que en 1853 salvouse do garrote vil tras un proceso xudicial sin precedentes, seguido con interés en toda España e financiado por Isabel II, sería na realidad unha femia, unha lobismullernacida con un extraño síndrome de intersexualidade.
Xa se sabía que Blanco Romasanta foi inscrito na partida de nacemento, en 1809, como Manuela, aínda que un rexistro parroquial, oito anos máis tarde, o confirmaba como Manuel. O antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro xa apuntou fai tres anos a posibilidad de que Romasanta fose unha muller. Agora Serrulla corrobórao, suxire unha enfermidade concreta e aporta novos datos. Aínda que di que a seguridade absoluta non a poderá ter se non realiza unha proba xenética a cal habería que conseguir sacando unha mostra de algún dos familiares do asasino que supostamente siguen vivindo na provincia de Ourense.
Fernando Serrulla fala de pseudohermafroditismo feminino, unha forma de estado intersexual que viaxa nos xenes de pais a fillos. Blanco Romasanta era Manuela. Tiña sexo de muller pero, a causa deste pseudohermafroditismo, segregaba unha cantidade desmesurada de hormonas masculinas e sufriu un proceso de virilización. “Estas persoas, debido aos andróxenos, poden presentar episodios de forte agresividade.
Tags: descubrimento, Lobo, Romasanta
Martes 8 de Xaneiro do 2013 ás 5:00 pm
O comentario esta ben, xa que nos conta algo moi interesnte.Todos pensamos que o primeiro lobishome era un home como o seu propio nombre indica -.-! Pero agora xa temos duas teorias que respaldan que foi unha muller.
Tamen nos fala do garrote vil, que era un método de execución que terminaba coas vidas dos condenados a “pena capital”.
Unha cousa interesante é a do pseudohermafroditismo que nos di que unhas gónodas nos organos sexuais provocan un “transtorno” e con isto tenden a diferenciarse os do sexo contrario.
Anxo Villanueva e Lorenzo Bemposta.