Que sei da ría na que vivo…
Esta é unha presentación sobre a ría de Arousa feita polos alumnos/as de Bioloxía e Xeoloxía de 4ºESO do IES A Basella. Cóntannos que é unha ría, que recursos nos ofrece e que valores naturais. Que vos parece?
Tags: afloramento, arousa, biodiversidade, bivalvos, carreirón, especies invasoras, figuras de protección, LIC, parque nacional, RAMSAR, recursos do mar, rías, ZEPA
Sábado 15 de Maio do 2010 ás 2:49 pm
Unha ría é: zona costeira resultado da penetración do mar na desembocadura dun río a causa dun fundimento da costa.
Ofrecenos recursos como por exemplo os mexillóns, as ameixas, os camaróns, berberechos, navallas, etc.
Valores naturais como ecosistemas mariños, de praia, sistemas dunares,bosques de laurisilva, aves limícolas…
Pareceme moi interesante todos estes lugares e debémonos sentir moi orgullosos de poder telos ao noso carón e poder disfrutar deles. Deberíamos coidalos moito máis, sen destruilos,sen abusar deles,etc,xa que é un privilexio para todos nós poder contar con estes lugares tan fermosos.
Martes 18 de Maio do 2010 ás 4:04 pm
Quizais, por vivir rodeados de tan abundantes recursos, como nos ofrecen as Rías Baixas galegas, non nos percatamos da enorme riqueza que posuímos ao noso carón.
Debemos concienciarnos e mentalizarnos da vital importancia que ten a súa conservación ou non tardará en desaparecer.
E non basta con dicir que por estar estas zonas incluídas nalgún complexo ou denominación oficial xa está ben protexida. Hai que ter ben claro o por que unha zona está protexida, e sobre todo como se deben visitar estes lugares; xa que non serve de moito, ou máis ben de nada, que un lugar estea protexido se cada vez que acolle visitantes padece infinitas profanacións nos seus contornos.
Ás veces é moito máis efectiva a mentalización de cada un que todas as denominacións nacionais e internacionais de parques, illas… xuntas.
Martes 18 de Maio do 2010 ás 4:17 pm
Paréceme que está moi ben explicado e que deberíamos de intentar manter o noso ecosistema para seguir tendo a gran variedade de biodiversidade que temos e que está ameazada por a sobreexplotación, a destrución de hábitats e a introducción de especies exóticas. Para iso xa se está tomando medidas nos últimos anos máis que nunca, como por exemplo os carteis que avisan de que especies de plantas e animais hai para que teñamos coidado con eles, non producir cambios no seu medio ( por exemplo pisar plantas, tirar lixo… ) e poidamos aprender máis xa que é importante saber as variedades de plantas e animais que nos rodean.
Mércores 19 de Maio do 2010 ás 9:31 am
A ría é unha das formas que pode adoptar a desembocadura dun río, formando un val costeiro sumerxido que foi anegado polo mar e por unha elevación do seu nivel. Os recursos que unha ría nos ofrece é controlar e preservar os procesos naturais deste ecosistema, estudar e protexer as especies animais e vexetais e o propio medio fisico onde interactúan.
Os valores naturais son realizar proxectos en favor da sostenibilidade ambiental ,recuperación de paisaxes naturais, promoción
de productos reciclados, construcción de infraestructuras para a educación ambiental, etc.
As distancias entre ría e ría non son moi longas, a verdade é que non hai un só pobo que non se merezca visitar, xa que en todo o recorrido encontraremonos con pobos moi bonitos e unha grande variedade de praias fermosas donde se poden pasar uns agradables días en augas limpas e tranquilas.
Venres 21 de Maio do 2010 ás 5:31 pm
Na miña opinión está presentación está moi ben feita xa que explica todo de forma sencilla e clara.
Nela vese o que é unha ría, como se forma, tamén o que é o afloramento e en que lugares se da. Ademais nos fala dos recursos naturais da ria de Arousa como: mexilón, birbiricho, navalla, ameixas. Outro punto que explica é o do valor natural co que conta a nosa ría que ten moitos ecosistemas, fauna e flora moi diversa. Ainda que tamén nos di que podemos chegar a perder a nosa riqueza en biodiversidade débido á sobreexplotación, destrución de hábitats e introducción de especies éxoticas.
Tamén penso que non sabemos o que temos ata que o perdemos e deberiamos coidar moito máis o lugar no que temos a sorte de vivir.
Sábado 22 de Maio do 2010 ás 11:46 am
Gustoume moito a presentación porque de forma clara e concisa axuodume a entender o que é unha ría, os recursos que podemos obter dela e a súa gran importancia ecolóxica.
Eu creo que, por desgraza, moi pouca xente se daá conta dos paraísos naturais que ten ao seu redor, e considero que ás veces teríamos que aprender a observar o noso entorno “con ollos de turista”. E, ademais de admirar a beleza gratuita que nos rodea, deberíamos concienciarnos do fráxil que é e do respeto que da nosa parte merece e non recibe.
Creo que para comezar as autoridades debían ser as primeiras en aplicarse ao conto do respeto, vistos os cavorcos producidos por máquinas para quitar as árbores caídas polo temporal na nosa visita ao Carreirón. Logo, creo que estaría ben crear un centro de información turística no que se informase da enorme “bioriqueza” deses paraxes e da importancia do seu coidado (ou empezar polo menos por incluilos como lugares de interese nos boletíns do concello que se reparten polas casas), pois pode que nós, grazas ás excursións e aos profesores o saibamos pero dubido que os turistas (que como moito lles informaron da existencia da casa natal de Valle-Inclán) saiban que é de vital importancia conservar eses ecosistemas e que o seu ciscado envoltorio de xeado (e o dos autóctonos tamén) fai moito máis dano do que eles pensan.
Domingo 23 de Maio do 2010 ás 7:07 pm
Unha ría é unha forma que pode adoptar unha desembocadura dun río, dando lugar a un val costeiro somerxido que foi anegado polo mar ao elevarse o seu nivel.
A nosa ría é a de maior extensión de Galicia e ten unha gran riqueza mariña. Nela atopamos a maior produción de mexillón do mundo, conta cunha gran diversidade de especies mariñas e é unha zona de pesca importante, polo que debemos aprender a coidalas para non afectar de forma negativa aos animais que habitan nelas. Xa que por agora paréceme que contribuímos máis a destruílas que a melloralas.
Martes 25 de Maio do 2010 ás 3:46 pm
A ría é un dos posibles accidentes xeográficos que forma a desembocadura dun río nun mar ou nun oceáno.
Creo que esta presentación está moi ben feito, xa que, presentanos e falanos de toda a naturaleza e animais que nos podemos atopar nas rías galegas.Da a coñecer como e galicia, como se vive…
Tamén penso que non coidamos como deberíamos a biodiversidade da que dispoñemos, deberíamos de ter maís limpas as costas e rias, porque nela habitan numerosos animais mariños, dos que os galegos dependemos como o mexillón, ameixas, berberechos e outro moitos animais.
Mércores 26 de Maio do 2010 ás 9:16 am
Unha ría é unha entrada no mar na desembocadura dun rio. os recursos que nos ofrecen entre outros son recursos de valor alimenticio como por exemplo distintos tipos de moluscos, peixes, algas,….
O valor natural e moi importante xa que recolle diversos tipos de ecosistemas, nos que viven seres vivos que so hai nestas zonas, como por exemplo alguns tipos de plantas que so se dan nas dunas, aves que van a alimentarse a ría,…. O plincipal problema e que se estan destruindo as rías e isto supon unha gran perda económica e medio ambiental.
Eu creo que habria que protexer estas zonas para asi manter o seu valor natural.
Sábado 29 de Maio do 2010 ás 4:31 pm
Temos moita sorte de vivir nunha zona na que se nos presenta esta grande diversidade e riqueza e, sen embargo, parece que precisamente é esa sorte que temos o que fai que non o valoremos o suficiente.
Como soe pasar debido á falta de concienciación, non coidamos o que se nos brinda tanto como deberiamos, pensamos que podemos facer o que quieramos e iso non vai traer repercusións negativas, pero equivocámonos. Se realmente apreciamos o que posuímos e queremos conservalo, deberiamos ter unha actitude máis respetuosa co medio ambiente, xa non só por unha cuestión paisaxística e de biodiversidade, senón porque no lugar onde vivimos unha boa parte da economía está baseada tanto na pesca como no marisqueo, razón de máis para non esgotar os recursos deste sector.
En canto á presentación en si, está todo moi ben explicado, resulta concisa e á vez intelixible, así que noraboa aos de 4º polo traballo.
Martes 1 de Xuño do 2010 ás 5:08 pm
Unha ría é: zona costeira resultado da penetración do mar na desembocadura dun río a causa dun fundimento da costa.
dela obtemos mexillóns, ameixas, camaróns, berberechos,etc.
gracias a eso temos zonas naturais como ecosistemas mariños, de praia, sistemas dunares, aves limícolas…
penso que estes lugaresson merecedores de orgullo,pois telos e digno de orgullo propio,sen abusar deles,etc,xa que é un privilexio para todos nós poder contar con estes lugares tan fermosos.
Mércores 2 de Xuño do 2010 ás 9:33 am
Unha ría é unha das formas que pode adoptar a desembocadura dun río. Como consecuencia obtense un brazo de mar que se interna na costa, está tamén rexido pola subida e baixada das mareas.
Unha ría pode ofrecernos: pesca, marisqueo, extracción de algas, cultivos mariños…
Temos que protexela posto que a nosa ría é a que mellor marisco tene tamén é a que da unha maior producción de marisco. Temos que protexela porque é o que lle da de comer maioritariamente ó noso pobo, a parte de que é unha zona natural con moita biodiversidade. Se perdésemos a nosa ría suporía unha perda económica e unha perda no medio ambiente
Mércores 2 de Xuño do 2010 ás 6:10 pm
A Ría de Arousa é a maior das rías de Galicia e de toda España.
Gustoume moito esta presentación xa que fala da ría, e da que a maioría vivimos, por iso nos toca tan de preto.Nomean diferentes paisaxes que se encontran nela de forma clara e precisa, e mostrandonos fotografías para decatarnos mellor da paisaxe que nos rodea.
Nela comviven diversos tipos de ecosistemas que solo existen aquí e que deberiamos coidar porque se non desapareceran co paso do tempo, e despois de que desaparezcan non haberá volta atrás.
Xoves 3 de Xuño do 2010 ás 8:41 pm
Penso que está moi ben explicado en parte porque nos mostra do que estamos rodeados, e para os que non coñecen as ria isto venlle moi ben para que sepan como é todo, e que temos ( Mexilon, ameixas,navallas e vexetacion… )
Por outra banda recoñezo que os que vivimos aqui, nos sabemos aprezar todo o que temos e descoidamolo moito.
Luns 7 de Xuño do 2010 ás 2:36 pm
Unha ría e unha entrada no mar na desembocadura dun rio.Unha ría ofrecenos diferentes recursos alimentarios,pesqueiros,medicamento xa que nos ofrece peixes para a pescar,diferentes moluscos e bibalvos para comer e algas para as mediciñas.
En canto a falar do valor natural non nos damos de conta que a nosa ría e unha das mellores de polos arredores xa que aparte de ser unha das mellores conservadas,tamén e moito mais rica en marisco.Nos polo contrario non nos damos de conta do que temos porque ensuciamos o medio natural e matamos moitos ecosistemas.
Martes 8 de Xuño do 2010 ás 9:01 pm
Eu opino que a presentación está moi ben,xa que nos axuda dunha forma bastante clara a entender o que é unha ría,o que esta nos aporta e a riqueza natural que a forma. Cabe destacar este último punto, xa que na presentación, tras mostrarnos a gran riqueza ecolóxica que nos rodea ( unha gran diversidade de fauna e flora), resalta a idea de que podemos perder todo isto. Realmente deberíamos plantearnos esta idea, pois tal vez un ao estar afeito a atoparse rodeado de tal imaxe non se percata do dano que a sociedade e diversos individuos poden causar. Debemos concenciarnos e concenciar do que temos, e non votalo a perder como se nada.
Mércores 9 de Xuño do 2010 ás 4:51 pm
Vivimos rodeados dunha riqueza inmensa e case nin nos damos de conta. Temos unha gran biodiversidade en tan pouco espazo, (engadindo tamén a súa boa calidade) que parece casi imposible.
Con respecto á presentación, gustoume moito, debido a que explica de manera clara e moi sinxela todo o que contén a nosa ría: como se forma, por qué é tan rica, as especies que viven nela… E tamén a parte mala que pouco a pouco está acabando con ela. Problemas como ben di na presentación; a sobreexplotación, a destrucción de hábitats e a introducción de especies exóticas estan acabando co paraíso onde vivimos. E, se nos fixamos un pouco, a solución a todos eses problemas está en nos, á acción da humanidade. So temos que colaborar todos, poñer un pouco da nosa parte para intentar frear isto, e conservar o tesouro que temos por fogar.
Sábado 12 de Xuño do 2010 ás 4:05 pm
nos que vivimos nun sitio donde temos moita dibersidade, non o valoramos o suficiente.
nos que temos moitas zonas con gran variedade de especies, deber coidar esas zonzas para que non desaparezcan facemos todo o contrario non apreciamos o que temos, e non coidamos nada esas zonas, por que todos pensamos que nunca van desaparecer, pero estamonos equivocando.
co noso comportamento estamos provocando que desaparezcan esas zonzas donde temos gran variedad de espacies.
o que teriamos que facer seria coidar mellor o medio hambiente.
Sábado 12 de Xuño do 2010 ás 4:36 pm
A ría é unha das formas que pode pode adoptar
a desembocadura dun río, formando un val costeiro sumerxido.
Os recursos que nos ofrece son os mexilóns, birbirichos, navallas, ameixas, camaróns e tamén diferentes tipos de algas e peixes…
Penso que algunha xente que vive nas Rías Galegas non sabe apreciar o que ten porque están botando a perder lugares, devido a falta de coidado das praias e campos.
Sábado 12 de Xuño do 2010 ás 5:56 pm
Esta presentación está moi ben, porque nos mostra con imaxes o lugar onde vivimos e que nos rodea, e explicanos un puco o que hai nas nosas costas como(mexillón,ameixa e bivalvos…)
Tamén nos falan un pouco dos accidentes xeóloxicos,como se forman a ría e estas cousas que vemos todos os dias.
Eu creo que teriamos que facer acto de conciencia e pensar un pouco no medio ambiente e non botar tanta basura nas nosas rias para que estas esten sempre limpas e coidadas para o futuro.
Sábado 12 de Xuño do 2010 ás 7:32 pm
Unha ría e un entrante costeiro nun relieve macizo, causado pala penetración do mar nun río e na presentación amosase perfectamente que e una ría de maneira moi clara. As rías baixas aportanos grandes riquezas, tanto animais como vexetais. Debemos coidar estos ecosistemas para poder conservalos. Debemos coidar estas zonas mantendoos limpios, sen sobrepesca, estudando os organismos para poder axudarlles… Todo esto exemplos debemos levalos a cabo para poder manter a biodiversidade que aquí nos e de moita importancia xa que moita da poboación de Galicia se dedica o mar, o que supondría a perda de alimentos e de cartos.
Domingo 13 de Xuño do 2010 ás 3:56 pm
Con esta presentación podemos chegar a coñecer máis sobre a ría na que vivimos e darnos conta de todo o que nos ofrece a natureza e que nós somos os encargados de protexer todo o que nos da.
Algo moi común no noso entorno e que todos coñecemos é o furtivismo, algo que está sancionado pola lei, pero polo simple motivo de protexer a eses seres vivos. Se todos nos dedicásemos o furtivismo, collésemos todos os organismos mariños que nos viñeran en gana sen ter conta das súas medidas e demais o único que faríamos sería acabar con esas especies. Para que iso non suceda a captura está controlada e son moitas as persoas que se dedican a protexer a nosa diversidade e se benefician dela como son os mariscadores da ría, pero dunha forma controlada.
Por iso deberíamos apreciar máis todo o que temos o noso arredor e non estragalo, senón intentar mantelo o mellor posible.
Luns 14 de Xuño do 2010 ás 3:15 pm
Creo que vivimos nun sitio privilexiado xa que temos abundantes recursos como: o mexillón, a ameixa, etc.
A presentación está moi ben por que explica todo o que temos na nosa ría.Nesta presentación explica como se forma, a biodiversidade que hai nela,etc; pero tamén nos conta como a acción humana está acabando con ela,este tema é moi interesante xa que nos inflúe a todos.
Luns 14 de Xuño do 2010 ás 4:03 pm
A ría é unha das formas que pode adoptar a desembocadura dun río,formando un valle costeiro rexido pola subida e baixada das mareas.
Ao que se refire a presentación,gustame moi xa que é clara e ten uns contidos moi doados de entender.
A nosa ría ofrecenos diferentes recursos alimentarios,diferentes moluscos e bibalvos para comer,algas para as mediciñas, pesqueiros,e sobre todo unha gran riqueza ecolóxica.
Simplemente debemos coidar o que temos e valoralo maís.
Luns 14 de Xuño do 2010 ás 5:30 pm
Penso que está moi ben. Xa que explica perfectamente como é unha ria, vivimos cunha grande riqueza de biodiversidade e resalta que podemos perder todo isto xa que non nos damos conta do que temos e pra non perdelo temos que coidalo xa que perdela supoñeria unha gran perda para toda esta zona e non só unha perda ecolóxica, senón tamén económica.
Luns 14 de Xuño do 2010 ás 5:57 pm
A ria e unha das formas que pode adoptar a desembocadura dun rio,formando un valle costeiro sumergido o estuario que foi anegado polo mar e por unha elevación do seu nivel.Come consecuencia obtense un brazo do mar que se interna na costa,coincidindo coa desembocadura dun rio,que está rexido polas subidas e baixadas da marea.
Moitos dos recursos que nos ofrece unha ría son de caracter alimenticio…como son os peixes,moluscos…
Tamén e moi importante para a economía,xa que ay moita xente que vive do mar,a maioría da xente que vive nas zonas da ría de Arousa viven deso…da pesca,do marisco…
Unha ría tamén ten un importante valor natural,xa que recolle diversos tipos d ecosistemas,nos que hai seres vivos únicos da zona.
O problema é que están destruíndo as rías e esto supón unha gran perda económica e do medio.por eso opino que deberiamos coidar máis as rias…xa que non as valoramos como debiamos.
Martes 15 de Xuño do 2010 ás 12:00 am
Unha ría é unha entrada no mar na desembocadura dun rio.
Nos o vivir cerca dunha zona asi non apreciamos o que temos cerca ata que falte, todos deberiamos de coidar o entorno que nos rodea nel temos unha gran variedade de especies e se non a coidamos podemos provocar que desaparezca coa explotación masiva dalgunhas zonas, en concreto provocando asi a sua destruccion.
Martes 15 de Xuño do 2010 ás 11:57 pm
A Ría e algo que temos nos do que deberíamos estar orgullosos e darlle valor porque non sabemos o gran valor que temos tan preto de nos, a natureza, o mar, a pesca, a vexetación, a paisaxe… en xeral todo o medio ambiente que nos rodea na nosa ría. Nos no vemos porque o temos preto todolos días pero a xente que non vive preto, moita xente debecería por ter esta paisaxe, paisaxe a cal nos non lle damos moita importancia nin a coidamos. Temos que aplicar o conto e ter mais coidado, para poder presumir do noso tesouro e non só iso senon disfrutalo.
Sábado 19 de Xuño do 2010 ás 1:22 pm
A presentación está moi ben. Penso que de vez en cando cómpre que alguén nos lembre o privilexiados que somos de vivir nun sitio coma a ría de Arousa, pois ás veces olvidámonos de que non todos teñen a mesma sorte que nós. Por todo isto deberíamos optar por facer cousas que non destrúan o medio, cousas tan sinxelas como por exemplo non deixar o lixo na area cando vamos á praia, porque todos estes residuos van parar ó mar, e esta, xunto con outras actitudes igual de sinxelas axudarán a conservar de mellor xeito o lugar no que vivimos.
Domingo 20 de Xuño do 2010 ás 3:08 pm
É unha presentación moi ben feita na que explica todo dunha maneira clara e penso que se entende.
Falanos do que é unha ría, o que esta nos aporta a nós e da gran biodiversidade que temos. Sobre esto último móstranos a idea de que o podemos perder todo. Penso que estamos demasiado acostumbrados a velo todo así e que non nos damos de conta do que temos ata que o perdemos. Cada un tense que concienciar do dano que lle facemos continuamente ás nosas rías e tratar de cambiar iso XA antes de que sea demasiado tarde. Non podemos permitir tampouco que outra xente allea ás nosas rías e ás nosas paisaxes, lles faga máis dano cada vez que as visita.
Luns 21 de Xuño do 2010 ás 11:32 am
Unha ría é unha zona costeira resultado da penetración do mar na desembocadura dun río a causa dun afundimento da costa e dela obtemos os mellores recursos mariños.
Hai que intentar protexer a nosa ría porque é a maior productora de marisco que hai no mundo e se perdemos a nosa ría conlevaría a unha perda económica e medioambiental.
Mércores 13 de Xuño do 2012 ás 1:12 pm
damian fernandez :
A ria e unha das formas que pode adoptar a desembocadura dun rio,formando un valle costeiro sumergido o estuario que foi anegado polo mar e por unha elevación do seu nivel.Como consecuencia obtense un brazo do mar que se interna na costa,coincidindo coa desembocadura dun rio,que está rexido polas subidas e baixadas da marea.
Mércores 13 de Xuño do 2012 ás 1:33 pm
JOSE PIÑEIRO E ELENA VÁZQUEZ.
Nesta presentación fálasenos sobre as rías en xeral, e das Rías Baixas en particular.
Fálanos da clase de moluscos vivalvos como o mexillón, ameixa(xapónica, fina e san), do berberecho e navalla; contanos como e onde crian estes moluscos e como se pode aproveitar económicamente deles. Por exemplo: os mexillón crecen nas rochas mais podemos aumentar a súa producción en bateas, as ameixas e berberechos podense obter mediante o arte do marisqueo a pé(ir á seca) ou a flote(raño).
Sábado 16 de Xuño do 2012 ás 12:53 pm
A presentación é clara, sinxela á hora de expresarse para que se poida entender claramente e complexa nos seus contidos, polo que se pode calificar de moi boa.
En canto ás nosas rías, vivimos nas Rías Baixas sí, pero máis concretamente na Ría de Arousa.
Ao meu parecer a ría de Arousa é a mellor ría de Galicia. É a máis grande, conta dentro dela con varias illas moi fermosas (Cortegada, A Illa de Aorousa, A Toxa e Sálvora), é da que vive máis xente, a que conta con máis bateas, e quizáis unha das menos contaminadas. Isto último débese a que en rías coma a de A Coruña, Ferrol, Pontevedra e Vigo hai unha grande industria e verta de residuos directamente a estas rías. Algo que debería estar totalmente prohibido. Sen embargo a ría de Arousa non ten un núcleo industrial tan desenvolto o que provoca a súa boa conservación medioambiental. Nas rías máis contaminadas empréganse as letras de A, B, C e D para catalogar os puntos máis limpos e os máis contaminados para a pesca e marisqueo. Os furtivos tenden a coller marisco das zonas D, as máis contaminadas, de ahí a súa polémica. Chamoume a atención da presentación o da planta Uña de Gato. Pois téñoa visto polas praias da Illa de Arousa no Carreirón e posteriormente quitáronas, e non sabía que proviñan dunha especie sudafricana implantada aquí.
Domingo 17 de Xuño do 2012 ás 4:06 pm
A ría é un dos posíbeis accidentes xeográficos que forma a desembocadura dun río no mar ou océano. É un grande estuario formado a partir dun vale costeiro mergullado.
A nosas rías, a Rías Baizas, e máis precisamente a ría de Arousa no noso caso, da que forman parte as poboacións: Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo ao norte e Vilagarcía, Vilanova, Cambados e O Grove ao sur, é a mías grande das rías de Galicia, e é famosa pola súa riqueza mariñeira e as súas praias.
Nela atopamos a maior produción de mexillón do mundo,unha gran diversidade de especies mariñas e é unha zona de pesca importante…polo tanto temos que concienciarnos do que temos é coidalo máis que ninguén, xa que ata agora estamos destruíndoa en vez de coidala e mellorala; xa que non nos damos conta da sorte que temos de vivir nunha zona con tanta biodiversidade e riqueza, como é a nosa.
E para rematar, dicir que moi bo traballo, o que faceron os alumnos de 4ª da ESO do instintituto IES.A Basella, de Vilanova de Arousa.
Martes 19 de Xuño do 2012 ás 3:02 pm
Unha presentación moi clara e directa segundo a miña opinión.
A Ría de arousa é probablemente a máis rica en canto a biodiversidade e a conservación, mais aínda que sexa a menos contaminada, non hai que esquecer que no seu leito existen moitos produtos contaminantes tales como plásticos, latas, produtos pesqueiros (redes,cordas…)ou verquidos procedentes de fábricas ou de barcos.
Debido a que a ría,é esto mesmo, unha ría, as correntes mariñas non son o suficientemente fortes como para desprazar todos estes verquidos a mar adentro, polo que tendenden a acumularse no leito mariño da ría.
O alto emprego de fertilizantes agrarios tamén pode supoñer unha ameaza sobre todo ao afloramento, debido a que o aumento de fosfatos (procedentes de augas subterraneas que foron contaminadas por abonos) pode supor a largo prazo unha eutrofización das augas, o que aumentaría o número de productores (algas) que non permitirían o correcto funcionamento de cadea trófica, impedindo a proliferación de especies como a ameixa,e provocando perdas no sector do marisqueo.
Martes 27 de Novembro do 2012 ás 6:04 pm
A maioría da xente que vive na ría non se da conta do tesouro que ten.
Moita xente que ven de excursión, queda asombrada con todo o que temos, e cando saen a dar unha volta polo mar, ou ven a xente mariscando, traballando na batea ou indo ó raño, quedan flipando, xa que eles non teñen esto, e danse de conta que detras de unha lata de mexillón ai moitos meses de traballo.
Nós deberiamos de aproveitar o recurso que temos, xa que e do que vivimos, se non ai capturas no mar, non se compra nas tendas, xa que na Illa de arousa, case un 90% da xente vai arriba grazas ao mar.
Temos que coidar o noso arredor, xa que somos uns privilexiados comparados con outras zonas, en cambio nós non nos damos de conta, xa que o vemos ahí a diario e non lle damos moita importancia, e vemos como si nunca se fose a acabar, e si o tratamos mal, ou excedemos en algo, poden empezar a extinguirse algunhas cousas, e eso non lle convén a ninguén, xa que poderíamos ir a ruína.