TRASTORNOS ALIMENTICIOS

 Algúns dos trastornos alimenticios son enfermidades mentais ou problemas de autoestima, que soen aparecer nos adolescentes. Aparecen como consecuencia do modo de vida e dos modelos estéticos predominantes de hoxe en día. Estes problemas xorden cando aparece unha insatisfacción persoal, medo a madurar, índices elevados de autoesixencia ou ideas distorsionadas sobre o peso ou a comida.

imagen

 Anorexia: Consiste nunha perda voluntaria de peso, por un desexo intenso de adelgazar, por temor á obesidade. A perda de peso prodúcese mediante redución da alimentación, exercicio físico excesivo, utilización de medicamentos redutores de apetito ou vómitos.

 Bulimia: Produce alteracións no comportamento e nos hábitos de alimentación. O que ocorre é que a persoa tende a darse un atracón de comidas de alto contido calorífico que lle provoca un sentimento de culpa que compensa con dietas abusivas, provocación de vómitos ou inxesta dalgúns medicamentos.

¿Cres que te decatarías se tiveses algunha destas enfermidades? ¿Quen ou que pensas que é o causante de que estes problemas aumentasen nos últimos anos?

 

Tags: , , , , ,

9 Respostas a “TRASTORNOS ALIMENTICIOS”

  1. Xabier Castro e Miguel Suárez Dixo:

    A aparición de problemas alimenticios é consecuencia dos controvertidos modelos estéticos actuais.
    Uns dos culpables de todo isto son os medios de comunicación, que intentan facernos crer que ter un corpo o máis delgado posible é o adecuado.
    Tamén as pasarelas de moda, que obrigan ás modelos a usar unha talla concreta moi pequena, e dalgún modo ensinan á poboación que a beleza consiste en ter unha figura tan delgada que chega a ser insalubre.
    Esta tendencia temporal pode chegar a provocar enfermidades mentais como a anorexia e a bulimia nas persoas que ven como a súa figura está lonxe destos parámetros que designan o “corpo ideal”.

  2. marianagabriela Dixo:

    1º-no creo que me diera cuenta ya que estaria tan obsecionada que no me importaria nada mas
    2º-las propagandas,los malos conceptos del cuerpo perfecto,los acosos y burlas etc

  3. cristelatorres Dixo:

    Non sei se me daría conta.
    Creo que aos adolescentes, que se desen conta de que teñen bulimia ou anorexia,lles costaría aceptar que precisan axuda porque os trastornos alimenticios ocasionados por enfermidades mentais ou problemas de autoestima son antes vistos polas familias ou amigos que polo propio adolescente.

  4. sandropouso Dixo:

    damian e sandro:
    Nos pensamos que hoxe en dia estes trastornos alimenticios son producidos pola cantidade de comida basura que hay na nosa vida cotia como pode ser todas as prefabricadas e alteradas polo ingredientes que lle votan nas fabrabicas, este tipo de comidas producen obesidad na nosa poboacion e moita desta xente despois arrepintese e produce infermidades graves como pode ser a : bulimia , anorexsia etc.

  5. Laura Fontenla e Tais Magariños Dixo:

    Parecenos que este concepto é moi interesante, pois non é so unha enfermidade física se non tamén psicolóxica,pensamos que pode ser debido a imaxe irreal, que nos intentan vender como perfecta tanto en publicidade, televisión etc…
    É moi dificil percibir esta enfermidade, se nos a temos,por que como é psicolóxico,non veriamos no espello a realidade, esta enfermidade se non é tratada por profesionais pode ser moi perigosa, por que existen riscos de desnutrición, anemia, e no caso da bulimia comen demasiado, do que logo se arrepinten e devolven, o que lle pode ocasionar trastornos na dixestion, ou a ruptura do exofágo debido aos ácidos estomacais. Na anorexia, a que o padece, si que ten fame, o que pasa, non come por medo a engordar, e se se deixa andar moito a enfermidade incluso se lle poden pegar os intestinos e morrer.

  6. nereabarreiro Dixo:

    1º Nos creemos que non nos decatariamos, xa que esas persoas teñen unha enfermidade mental e noon se ven como son en realidad, sempre queren adelagazar máis ainda que poñan en risco a súa vida.
    2º O medio que nos rodea, o querer imitar modelos que non son sans e a pouca autoestima.
    Sandra Amoedo e Nerea Barreiro

  7. jessicasilva Dixo:

    Unha das principais causas destas enfermidades alimenticias, son os diferentes medios de comunicación: televisión, prensa… Outras son a roupa, que cada vez taia máis grande unha peza máis pequena, polo que a mentalidade dalgunhas persoas que xa non se encontran agusto co seu corpo, fanlle pensar que están máis gordas, polo que deixan de comer ata chegar a límites nos que periga a súa saúde. E por outro lado, nos desfiles de moda, as modelos cada vez son máis delgadas e iso fai que parte da poboación queira imitalas e ocorran probelmas tan graves como isos.

  8. Adrián Núñez Dixo:

    Este tipo de problemas que se estan a producir de forma cada vez máis destacada nos adolescentes, especialmente en rapazas, é un transtorno alimenticio que afecta o organismo de tal forma que pode chegar a causar a morte.

    Cada persoa terá a súa propia explicacion, que pode ser falta de autoestima ou pola sociedade, como poden ser as modas,os medios de comunicacion, os “medicamentos” ou as modelos, que moitas rapazas admiran seus corpos e algún día a moitas lle gustaría ter un corpo de ese estilo polo que existen dúas enfermidades relacionado con este que son a anorexia (non comer, facer abundante exercicio…) ou a bulimia ( comer excesivamente e logo vómitalo).

    Tamén se estima que en mais ou menos 20 anos a mitad da poblacion mundial será obesa. O que tamén é un problema moi grande, esto debese a comida basura, prefabricados…

  9. andreaoubina Dixo:

    As persoas que están padecendo estos trastornos aliemntarios, non creen que están padecendo ningunha enfermidade, e se se decatan, a maioría cree que é un asunto de pouca importancia.

    Pero o certo é que estas enfermidades están moi “de moda” en diversos adolescentes, isto débese porque a maioría de nós, vémonos imperfectos comparados con modelos ou culturistas, que para algúns son un modelo a seguir, xa que creen que sendo coma a eles veránse máis seguros de si mesmos e tamén en boa forma, pero non é verdade, xa que moitas de estas persoas, non están ben de saude debido a numerosos medicamentos para tonificar ou adelgazar rápidamente.

    En conclusión debemos ser máis seguros de nós mesmos e non deixarnos influenciar polos medios de comunicación e estar perfectos.