DIETA DUKAN ¿REALMENTE SAUDABLE?
Esta famosa dieta na súa fase de ataque, básase en alimentos ricos en proteínas, para despóis de forma progresiva ir introducindo outros alimentos. Para cada etapa o Dr. Dukan elaborou unha listaxe de alimentos permitidos pero sen medir as cantidades. Hai que cumprir dúas regras fundamentais para manter a liña: unha xornada de dieta proteica pura por semana e tres cucharadas de salvado de avena diarios, xa que este alimento diminúe a absorción de calorías. Esta dieta non se recomenda a diabéticos nin a persoas que padecen problemas cardíacos ou renais ademas de ser calificada pola Asociación Española de Dietistas coma unha dieta “ineficaz, fraudulenta e con efecto io-io” presenta outros inconvenientes coma a pérdida de moita auga e o sometemento de fígado e rils a un traballo agotador de eliminación de residuos (as proteínas xeran máis que os carbohidratos), estreñemento por falta de fibra,vitaminas e minerais, entre outras cousas… Todo isto vai en contra das millóns de persoas que seguen esta dieta e aseguran estar satisfeitas e ter conseguido perder peso.
Cres que esta dieta funciona e sobre todo é saudable?
Tags: alimentos, dieta, efecto io-io, peso, proteínas, saúde
Domingo 19 de Xuño do 2011 ás 9:28 pm
os que siguen esta dieta tan estricta, no meu punto de vista teñen que estar moi desesperador con perder peso xa que se toman medidas que poden ser un pouco malas contra a saúde de cada persoa.
Pode funcionar pero tamen pode baixar as defensas que as persoas temos e incluso pode debilitalas.
no meu punto de vista o mellor e exercico e levar unha vida alimentaria comendo de todo
Domingo 19 de Xuño do 2011 ás 9:40 pm
Non descarto a posibilidade de que sea unha dieta eficaz, según o dito por persoas que o comprobaron. Pero isto no quere dicir que sexa realmente saudable, xa que según se explica nesta noticia ten bastantes contraindicacións. Na miña opinión non creo que se deba levar ata o extremo de perxudicar ó noso corpo, polo mero feito de perder uns quilos.
Hai dietas máis variadas e saudables que funcionan do mesmo feito, pero sen perxudicarnos.
Luns 20 de Xuño do 2011 ás 5:58 pm
Para min esta dieta é como outras moitas que din que funciona e que si qe se perde peso, pero para miña opinión para perder peso necesitase facer exercicio,non tomar grasas nin aceites…e ter por suposto forza de voluntade.
Pero iso de que as persoas que seguen esta dieta a leven ao extremo de non comer nada e só comer un puco do que se di nesta dieta para min é unha tonteria e estás poñendondo en perigo a saúde do teu corpo.
Xoves 22 de Setembro do 2011 ás 9:12 am
Unha dieta que resulte eficaz e co tempo non recuperes o peso perdido non se basa en deixar de comer, se non en comer variado e saludable e facer exercicio polo menos 3 ou 4 veces por semana. Tamen se poden producir cambios no organismo por que con dietas como esta pérdense moitos nutrientes esenciais para a vida.
Xoves 22 de Setembro do 2011 ás 9:22 am
Esta dieta carece de moitísimas vitaminas e minerais imprescindibles para que o noso organismo funcione correctamente. Con esta dieta non teremos unha alimentación saudable, xa que abusase das proteínas, dandolle traballo demáis os riles. Penso que esta dieta non é recomendable para ninguén, aínda que esté moi controlado. Aparte, con esta dieta aínda que poidas perder moita grasa tamén se perde masa muscular, e con ela, a saúde.
Xoves 6 de Outubro do 2011 ás 10:25 pm
Eu creo que todo este tipo de dietas son puro fraude. Non fai falla seguir unha dieta preestablecida para adelgazar, só fai falla controlar o que comes, non comer graxas,seguir unha alimentación variada e sobre todo facer algo de deporte, por pouco que sexa.
Ademáis estas dietas só funcionan se as fas durante toda a vida, porque no momento que deixes de seguila aumentarás o teu peso de novo, incluso superando o de antes de empezar coa dieta.
Martes 6 de Novembro do 2012 ás 5:52 pm
Non dubidamos que sexa eficaz pero, a costa de que? Moitas persoas están obsesionadas co seu físico e con perder peso, pero non se dan conta dos riscos que isto conleva…
Non estamos dicindo que perder peso estea mal, porque está ben, pero dentro duns límite; non se debe abusar de facer exercicio nin deixar de comer de todo un pouco.
Estas dietas como a Dukan o único que fan é crear problemas permanentes no organismo e ademais, só funcionan no periodo de tempo en que as realizas.
En definitiva, opinamos que se se quere perder peso, o mellor e visitar a un médico especializado en nutrición, se non funcionan o exercicio regular e a dieta normal.
Mércores 5 de Decembro do 2012 ás 7:45 pm
Na miña opinión, creo que esta dieta funciona ata un certo nivel… Hoxe en dia moitas persoas están demasiado obsesionas con eso de “estar delgado” e ter un “bo corpo” pero non se dan conta de que comezar a facer dietas novas que se inventan sen ter coñecenmentos previos sobre ela ou sen saber os seus efectos ao longo do tempo poden provocar cambios drásticos no seu organsimo… Pois ben algunhas persoas confesan ter comezado esta clase de dieta sen consultar con niguén nin con ningún medico nin experto. Unha muller da unha declaración acerca disto: di que chegou a perder 3 kilos en tan só un fin de semana e así seguido vendo que podía comer e beber todo o que quixese sen ter enconta engordar, pois ben, ela ao cabo do tempo sentíase agotada e moi cansa, tiña variacións na súa menstruación e moitas cambios no seu corpo pero a súa obsesión era tan forte que nin sequera estes problemas conseguiron que deixara de facela dieta, que tanto dano lle estaba a provocar. Con esto quero concluir que cando te metes en algo así tes que ter moito coidado coas túas decisións xa que non tomalas ben pode provocar serios problemas no teu organismo.