Unha planta de tabaco transxénica logra producir unha réplica do coláxeno humano
Un equipo de Agricultura, Alimentos e Medio Ambiente da Universidade Hebrea de Xerusalén, conseguiu insertar cinco xenes humanos encargados de crear a proteína do coláxeno na planta do tabaco grazas a técnicas de enxeñería xenética, segundo un comunicado de prensa difundido por dita institución académica.
O coláxeno é a proteína máis frecuente no corpo human e o compoñente principal dos tecidos da pel e as articulacións, atopándose presente tamén en ósos e cartílagos. No campo da mediciña esta proteína empregase para fabricar implantes biolóxicos en ciruxías traumatolóxicas, así como para a curación de feridas.Tamén, no campo da cosmética as propiedades do coláxeno son ben coñecidas para rechear ou alisar as enrrugas, entre otras utilidades.
Tags: ciruxía, planta do tabaco, tecidos, transxénico, xene