A autoestima e o consumo de tóxicos en adolescentes

Na universidade Rey Juán Carlos fíxose un estudo sobre tres tipos de variables en adolescentes. O sexo, o consumo de drogas legais e non legais e a aceptación social. Este modelo pon en relación tres tipos de variables: sociodemográficas (sexo), condutas de saúde e dimensións da autoaceptación social (rendemento escolar, círculo de amigos…). Ademais  obsérvase que os rapaces que se sinten miás aceptados polos pares (amigos e compañeiros de clase) síntense populares, teñen moitos amigos e gañan facilmente o seu afecto, consumen tabaco e cannabis con maior asiduidade, mentres que as rapazas que se perciben con alta aceptación social consumen tabaco e alcohol frecuentemente, pero non cannabis. Non obstante, as rapazas con altas puntuaciones en amizade íntima consumen máis cannabis e non tabaco e alcohol.

imagen

Estas mesmas tendencias obsérvanse con xente xoven que se perciben con menor competencia escolar, xa que pensan que seu comportamento non é adecuado e que non están facendo o que se espera de eles. Unha posible explicación de estes resultados é que o consumo de substancias de risco para a saúde pode ser unha práctica aceptada, incluso normativa, en aqueles grupos de adolescentes que chegan a recibir por esto a aprobación e a amizade dos seus compañeiros.

 

Tags: , , , ,

3 Respostas a “A autoestima e o consumo de tóxicos en adolescentes”

  1. Daniela Arango e Sole Dixo:

    Nos cremos que a xuventude actual, moitas veces, consume tóxicos por integrarse mellor no seu ambito escolar, ou cos seus amigos, xa que se no grupo todos fuman ou consumen algunha substancia tóxica, pensa que facendo o mesmo cos outros integrarase mellor.
    Isto é un grave problema, xa que perxudica a saúde e ao rendemento académico.

  2. nereabarreiro Dixo:

    Hoxe en día apenas quedan adolescentes que non beban ou/e fumen, xa que esto faite intengrarte mellor, aparte o alcohol faite ser máis extrovertida e decir cousas que non serías capaz sen el ou facer novas amizades facilmente, e controlando pásalo mellor. Isto é risco para á saúde xa que cada vez precisas máis cantidade e podes acabar dependendo del, como droga que é, ademais aumenta o risco de cancro e mata neuronas, polo que acabas rendindo menos nos estudios.
    Sandra Amoedo e Nerea Barreiro.

  3. nuriacarro Dixo:

    Nos pensamos que isto débese pola nosa sociedade, xa que algúns adolescentes valoran máis sair que estudar. A falta de auntoestima e de personalidade fai que algunhas persoas queiran cambiar a súa forma de ser;xa que deixanse levar pola xente popular porque pensan que nese momento é o máis importante e que así van a ser máis aceptados socialmente. Este é o motivo, segundo a nosa opinión, de que a xente empece a consumir alcohol e outro tipo de drogas porque é o que os demáis fan e queren sentirse identificados con eles socialmente.
    Alba Torrado e Nuria Carro