Os réptiles prehistóricos mariños regulaban a temperatura do seu corpo
Confirmábao así un equipo internacional de científicos no artículo que publicaba recentemente Science. Os investigadores centráronse en tres tipos de réptiles depredadores que viviron fai entre 251 e 65 millóns de anos. Contrariamente aos réptiles modernos teñen sangue fría, alguns réptiles prehistóricos eran homeotérmicos, é decir que variaban a sua temperatura para “conquistar” novas áreas do mar.
Algúns dos réptiles xigantes que dominaron a cadea alimenticia mariña durante a época dos dinosaurios poderían ser capaces de controlar as temperaturas dos seus propios corpos. Para comprobalo, o equipo de científicos franceses e daneses analizaron tres réptiles nadadores xa extinguidos, principais depredadores dos océanos fai máis de 65 millóns de anos: ictiosaurios, plesiosaurios e mosasaurios.
Os investigadores exploraron o réxime metabólico dos restos fósiles dos tres réptiles prehistóricos e calcularon as composicións de isótopos estables de osíxeno do seu esmalte dental, e comparáronos cos dos peixes que viviron nos mismos entornos.
Os resultados do estudo demostran que os ictiosaurios e plesiosaurios regulaban a sua temperatura corporal “independentemente da do auga do mar que estaba entre 12-2ºC (clima Temprado-frío) e 36-2ºC (tropical)”, afirma Lecuyer, un dos autores do estudo da investigación.
A capacidade de regular a temperatura corporal permitiu os réptiles “conquistar novos entornos mariños” afirma o investigador francés. Según o experto, esta característica tamen lles proporcionou reservas enerxéticas importantes pra ser depredadores eficaces.
No entanto, as análises dos investigadores indican que os mosasaurios parecían “regular peor a sua temperatura corporal e eran máis debiles en augas máis frias”. Os datos para estos reptiles, son confusos, pero o equipo de investigación manten a idea de que poderían controlar a sua temperatura corporal “hasta certo grado”.
Na actualidade, a maioria dos reptiles son de sangue fria, pero alguns dos principales depredadores modernos dos océanos, como ó atún e o peixe espada, son homeotérmicos, é dicir que son capaces de manter as suas temperaturas corporales a unha temperatura constante pese as temperaturas ambientales cambiantes.
Tags: dinosaurios, homeotermos, réptiles