Anel lunar
Os problemas enerxéticos do mundo poderían solucionarse mediante o aproveitamento da enerxía solar con base na Lúa. A compañía xaponesa Shimizu Corporation plantexa a idea de construír un cinturón de placas solares aorredor do ecuador da Lúa (uns 11000km) e converter esta enerxía en potentes microondas e láseres enviados á terra onde volverán a ser convertidos en electricidade.
Repaso o que sei da Lúa e do aproveitamento da enerxía solar.
Interesante dende o punto de vista ecolóxico? Factible dende o punto de vista tecnolóxico e económico?
Tags: enerxía solar, lúa, placas solares
Xoves 10 de Xuño do 2010 ás 7:42 pm
Dende un punto de vista ecolóxico esta inxeniosa idea pode acabar coa destrucción dos océanos(xa que por eles non terían que pasar os barcos cargados con petróleo e non correriamos o risco de padecer unha catastrofe como a que está ocorrendo en México e como a que pasou en Galicia co Prestige)e tamén é un paso máis cara a utilización de enerxías limpas que cada vez son máis necesarias para o mundo no que vivimos. Esta idea podería rematar coa destrucción do noso propio planeta que cada vez estamos poñendo en perigo.
Dende o punto de vista tecnolóxico tamén é moi boa a idea xa que require unha inversión e un avance da tecnoloxía que sería necesaría para contruír o cinturón de placas solares arredor da Lúa.
E por último, dende un punto de vista económico sería unha moi boa inversión e iniciativa xa que grazas a esta nova idea pódese sacar cantidades elevadas de diñeiro e, ademáis, contribuir moito á limpeza do planeta. Esto tamén supón que non todo o mundo estea de acordo posto que ás petroleiras, gasolineiras, etc, etc, non lle saldría para nada económico e acabarían perdendo os seus negocios.
Dende o meu punto de vista paréceme unha moi boa idea que se debería levar a cabo pese o que pese xa que grazas a isto o noso planeta non terá que pagar tanto as nosas consecuencias.
Xoves 10 de Xuño do 2010 ás 8:13 pm
Dende o punto de vista ecolóxico podería chegar a ser interesante tendo en conta o aproveitamento dunha superficie que recibe unha gran cantidade de sombra e está inutilizada, pero tamén hai que ter en conta que para a fabricacíon de 11.000 km de placas solares serán precisas unhas “cantas” placas solares, e para a fabricación de placas solares é imprescindible o sílice, que ainda que posuímos amplas reservas, é unha cantidade que podería pór en perigo as mesmas (sílice, entre outros materiais).
Despois tamén nos atopamos co probema do transporte, ¿como se transportan todas esas placas solares ata a Lúa? Algúns dos cohetes empregados para levar partes da Estación Espacial Internacional, empregaban só para acender o motor uns 23.000 litros de combustible, polo que transportar todos eses materiais ata a Lúa ocasionaría algún que outro quebradoiro de cabeza.
É de supoñer que tería un custo bastante desorbitado, pouco factible nun período de crise mundial.
A iniciativa da empresa xaponesa non me parece mal, pero quizais é mellor comezar por pequenos xestos nos propios fogares de cara ás enerxías renovables antes de dar un xiro tan brusco.
Venres 11 de Xuño do 2010 ás 7:50 pm
Penso que por unha parte estaria ven que conseguiran construir un cinturón de placas solares arredor do ecuador da Lua, pois asi non ocuparian terreo na Terra, xa que para que as placas solares cubran as necesidades eléctricas necesitarianse bastas extensións e o estar na Lua ese problema desapareceria. Tendrian que estudar os ciclos lunares pois o mellor intervendrian no funcionamento das placas. Por a banca economica, penso que seria moi costoso levar os materiais de construción ata a Lua e non sei se cos anos compensaria, supoño que si saira todo ben si, pero si non fora asi seria moitos cartos perdidos tanto tecnoloxicamente como ecomonmicamente.
Sábado 12 de Xuño do 2010 ás 6:55 pm
Dende o punto de vista ecolóxico sí, porque non habería contaminación atmosferica,só na proudición da electricidade na Terra.
Dende o punto de vista tecnolóxico e económoco sería unha inversión desmesurada, por unha parte é a fabricación dos paneis solares e o transporte que o levara a Lúa, como se colocaran…Pola parte do económico tamén sería unha grande inversión e coa crisis que estamos tendo sería unha loucura.
En definitiva eu penso que isto podrá facerse detro duns 20ou30 anos, polo que van as cousas ata que haxa a tecnoloxía necesaria e diñeiro suficien para esta inversión.
Luns 14 de Xuño do 2010 ás 12:37 pm
Dende un punto de vista ecolóxico, parece unha boa idea porque estamos falando de enerxía solar, que é un recurso renovable, e ademais ao situar a fonte na Lúa teoricamente salvamos tódolos inconvintes que acostuma supoñer a instalación destas centrais no noso planeta. Pero o certo é que non estou moi segura de que esta instalación non vaia traer consigo consecuencias negativas, xa non só respecto á alteración do estado paisaxístico celeste, senón por consecuencias máis graves. Teñamos en conta que a Lúa non é un astro que actúe dun modo totalmente independente á Terra, senón que inflñúe en moitos aspectos (por poñer un exemplo, as mareas).
No aspecto práctico atopo máis dificultades, debido basicamente á distancia que nos separa do noso astro. É certo que a idea consiste en enviar a enerxía obtida a través de microondas, de modo que non debería supoñer ningún problema a súa recolección, pero penso que no caso de que se producise calquera tipo de irregularidade, a súa reparación sería complicada. O cal é un contratempo que non nos poderiamos permitir se realmente chegasemos a depender desta fonte de enerxía.
Luns 14 de Xuño do 2010 ás 12:42 pm
Eu non o vexo interesante en ningún dos casos tanto ecolóxicos como tecnolóxicos e menos económicos.Creo que facer este cinturón sería unha forma máis de contaminar o noso espazo,se se chega a facer este proxecto tendríase que levar máquinas a Lúa e traballar nela e no espazo e iso require moito embestimento.Creo que primeiro se tendrían que explotar as enerías renovables que temos na Terra,loitar para facelas cada vez máis eficaces,e non gastar unha millonada en un proxecto case irreal,mentras que nestes momentos hai unha enorme crise no mundo.Aparte non está xa moi contaminado o planeta?Hai que contaminar,máis do que xa está,tamén o espazo?.
Luns 14 de Xuño do 2010 ás 6:51 pm
Na miña opinión dende o punto de vista ecolóxico penso que non é moi interesante,xa que estes compoñentes poden chegar a contaminar o espazo.Dende o punto de vista tecnolóxico creo que é unha boa fonte para a aplicación da teconoloxía e do punto de vista económico é interesante,xa que move cartos no mercado.
Luns 14 de Xuño do 2010 ás 8:56 pm
Penso que sería unha moi boa idea pero habería que investigar moito xa que non se sabe moi ben cales son as consecuencias como todas as novas tecnoloxías. Ademáis axudaría ao cambio que teñen que facer os países para evitar que siga empeorando o cambio climático.
Martes 15 de Xuño do 2010 ás 10:13 pm
Dende un punto de vista ecolóxico non sería factible, na miña opinión. Sería transformar gran parte da superficie lunar, si para un consumo limpo de enerxía, pero non sabemos ata que punto pode afectar á lúa e se está preparada para iso. Os beneficios económicos que se obtiveran darían problemas á hora de ver de que empresa son ou de que estado, porque en realidade a lúa é de todos e non é de ninguén, non teríamos dereito a cobrar por algo que non nos pertence. É certo que quen está promovendo isto son os xaponeses, pero ata que punto sería xusto que levaran eles todos os beneficios de algo que non lles pertence só a eles? Sería mellor á hora de que aforraríamos enerxía non renovable, pero traería outros inconvenientes. Esa enerxía por difícil que pareza poderiámola sacar de outra parte, pero o problema é si estamos dispostos a sacalo de outra parte, por exemplo cerrando algunha das centrais de enerxía non renovable para obter unha que non contamine.
Mércores 16 de Xuño do 2010 ás 4:54 pm
Desde o punto de vista ecolóxico paréceme un dos proxectos máis ambiciosos para mellorar a vida no noso planeta, porque tratarìase dun recurso enerxètico inesgotable, unha forma de que a Terra poida obter enerxìa natural e limpa sen contaminantes, o que suporìa “reservar” os outros recursos dos que dispón o noso planeta como excedente e ter unha mellor calidade de vida. Pero tamèn os cientìficos terìan que valorar os efectos que tería sobre a Terra o colocar ese Anel na Lùa, por exemplo se afectaría á influencia gravitatoria que ten a Lúa sobre as correntes mariñas dos nosos oceanos, sobre as mareas, etc… ; Non vexo viable que se leve a cabo polo menos ata que teñamos maiores avances tecnolòxicos que os actuais xa que penso que é un proxecto dun gasto incalculabe que deixarìa sen apoio económico outras investigaciòns non menos importantes para o ser human como è a investigación no campo da mediciña. O mellor camiño na miña opinión é mellorar a vida de todolos seres humans buscando outras alternativas e fontes de enerxìa limpas como a dos nosos océanos.
Mércores 16 de Xuño do 2010 ás 7:16 pm
Ë interesante dende o punto de vista ecolóxico xa que así dentro de uns anos o planeta non será destruido culpa do cambio climatico
con paneis solares arrederos da lua o noso planeta non sufrirá todos esos danos que sufreu durante moitos anos.
E dende o punto de vista tecnoloxico tamen e factible xa que seria un avance na tecnoloxia e a economía do pais sería moito mellor.
Xoves 17 de Xuño do 2010 ás 11:08 pm
Se o miramos dende o punto de vista ecolóxico resultaría moi interesante xa que sería unha enerxía renovable, acabando así con unha maioría dos problemas provocados pola contaminación das non renovables e o esgotamento das mesmas.
Dende o punto de vista tecnólóxico,supondría un gran avance para a nova tecnoloxía ,aínda que construílo levaría moitos cartos, á larga sería rentable, debido ao encarecemento das enerxías non renovables, como o petroleo, a causa do seu esgotamento.
Venres 18 de Xuño do 2010 ás 5:18 pm
E moi interesante desde o punto de vista ecolóxico xa que non estariamos contaminando o planeta e aparte a enerxia obtida seria enerxia limpa. E desde o punto de vista económico non creo que fora factible xa que sería moi caro levar todo o material para o espazo, aparte todo o mantemento que habria que realizar.
Luns 21 de Xuño do 2010 ás 8:20 am
no creo que sea interesante dende o punto de vista ecoloxico, porque ainda que non estemos destruindo o noso planeta, estamos a destruir a lua, que ainda que non ten vida propia, e o noso satelite.
A idea de rodear de paneis solares a lua seria non creo que fose moi etico, xa que forma parte de nos.
pola contra, dende o punto de vista tecnoloxico, proderia resultar bo porque produciria un gran avance tecnoloxico, o cal produciria unha grande mellora na economia.
Luns 21 de Xuño do 2010 ás 11:20 am
Creo que sería unha boa iniciativa xa que los mecanismos que utilizamos de enerxía é basicamente quemar combustible fósil e a ventaxa coas placas solares é que son unha enerxía limpa e barata.
En teoría é perfectamente posible construir algo así aunque económicamente sería imposible porque agotaría o presuposto da NASA durante varios años.
Luns 21 de Xuño do 2010 ás 12:18 pm
Dende un punto de vista ecolóxico claro que é interesante. Quen non se preocupa hoxe en día polo cambio climático? Habería que estar moi cego para non preocuparse!
Dende un punto de vista tecnolóxico pois tamén é bastante interesante e útil xa que todo o que sexa avanzar está ben e si con iso nos preocupamos polo noso planeta aínda mellor.