NUNCA MÁIS…?
Hai un mes aproximadamente unha plataforma petroleira situada cerca do golfo de México empezou a verter petróleo ó mar debido a unha explosión que provocou o seu afundimento. Estamos ante un dos maiores desastres ecolóxicos mundiais que terá unhas consecuencias terribles, xa que calcúlase que cada día se verten unhas 10 toneladas de crudo e hai un total de 600 especies ameazadas.
Este non é un problema só dos paises de Centroamérica e de EEUU senón que mesmo podería chegar a Europa. Ademáis dos problemas que ocasionou a catástrofe hai que engadir outros provocados por como se tentou solucionar, un exemplo disto son os dispersantes químicos.
Esta mancha de petroleo é enorme como se pode apreciar nas imaxes do satélite.
Mira o video do primeiro enlace é da a tua opinión sobre a relación que hai entre que esto ocorrera e os intereses económicos e políticos.
Tags: golfo de México, marea negra, Petroleo
Martes 15 de Xuño do 2010 ás 7:22 pm
O petroleo é imprescindible na nosa sociedade, esto fai que os gobernos sacrifiquen os recursos naturais para obter incalculables beneficios de empresas dedicadas a extraccion de crudo.
O problema do petroleo e que non so contamina cando ocorren estas desgrazas, senon que cando andas no teu coche estas emitindo gases perxudiciais para o medio ambente.
O petroleo como conbustible fosil e unha enerxia non renobable, cada vez queda menos cantidade, e cada vez esgotase mais deprisa debido a accidentes como este, pero debido sobre todo a aparicion de novos consumidores como as potencias emerxentes da China e da India. Isto proboca que o actual premio nobel da paz este ¨maniatado¨ por esas xigantescas multinacionais (que en ocasións teñen mais presuposto que moitas nacions).Na miña opinión o homo sapiens fai tempo que perdeu o sapiens, isto demostrase cando os nosos dirixentes sacrifican o futuro do planeta por motivos economicos, quizais a natureza sexa unha victima mais do noso sisitema capitalista
Mércores 16 de Xuño do 2010 ás 12:29 pm
Os intereses ecolóxicos veranse enormemente afectados, debido ás mortes inmediatas e a todo o tempo que lle levará a zona afectada recuperarse, e acadar o normal número de especies que habitaba na zona ata o momento do desastre.
Os intereses económicos da empresa responsable do desastre (ou mási ben do conxunto de empresas responsables, máis ben ao entramado de empresas responsables, e que intentan entre elas eludir responsabilidades).
Políticamente, o que interesa é que o escándalo pase o menos desapercibido posible, e que non se relacione a ningún personaxe político coa empresa responsable, ou aproveitarse dos desperfectos para criticar á oposición.