Unha solución para a diabete
A diabete é un desorde do metabolismo no cal a insulina non é producida polo páncreas (Tipo I) ou as células do corpo non responden a insulina que este produce (Tipo II).
A biotecnoloxía permitiu a fabricación de insulina humana mediante a introdución do xen no xenoma da bacteria Escherichia coli e posteriormente mediante plantas e animais transxénicos.
Os enfermos de diabete poden ter unha nova solución para a súa enfermidade, grazas á rexeneración das células que producen insulina (terapia xénica). Isto produciríase grazas a unha reprogramación celular que podería axudar a correxir a diabete.
Nesta reprogramación utilízanse células adultas, ás que se lle engaden, mediante virus, xenes que poñen a “cero” o desenvolvemento celular e empezar unha nova maduración para xerar un tecido concreto.
Un científico español Pedro Herrera, conseguiu a rexeneración das células que producen insulina mediante un modelo de ratón transxénico no que” o páncreas adulto rexenerou parcialmente células beta (produtoras de insulina) despois de perdelas case por completo (como nun neno diabético)”. Hai unha conversión celular espontánea de células alfa produtoras doutra hormona (glicagón) en celulas beta produtoras de insulina.
Tags: diabete, enxeñería xenética, insulina, páncreas, reprogramación celular
Martes 4 de Maio do 2010 ás 3:55 pm
Interesante e magnífico descubrimento de ciencia, xa que en España hai actualmente uns 4 millóns de diabéticos, o que supón case o 10% da poboación actual, máis de 220.000 tan só na nosa comunidade autónoma.
Aínda que esta non sexa unha enfermidade que produza dor física, si que conleva manter unha estrita rutina no tocante á dieta e ao exercicio físico, o que pode conlevar unha morea de incomodidades que evitan levar con normalidade actividades cotiás, como por exemplo as comidas familiares, nas que se debe ter especial coidado.
Por iso, este descubrimento pose supor un gran cambio na calidade de vida dos habitantes arriba citados.
Martes 11 de Maio do 2010 ás 4:05 pm
A pesar de todos os avances no tratamento da diabete, a educación do paciente sobre a súa propia enfermidade segue sendo a ferramenta fundamental para o control da diabete. A xente que sofre de diabetes, a diferencia daqueles con moitos outros problemas médicos, non pode simplemente tomarse unhas pastillas ou insulina pola maña, e olvidarse da súa condición o resto do día. Calquera diferencia na dieta, no exercicio, o nivel de estrés, u outros factores pode afectar o nivel de azucre no sangue. Polo tanto, canto mellor conozan os pacientes os efectos destos factores, mellor será o control que poidan gañar sobre a súa condición.
Tamén é necesario que a xente saiba que pode facer para previr ou reducir o risco de complicacions da diabetes. ¡Por exemplo, estimase que cun coidado correcto dos pes, se podría prescindir dun 75% de todas as amputacions en persoas con diabetes!
Martes 11 de Maio do 2010 ás 10:35 pm
Considero este avance moi importante tanto no progreso da Medicina coma na mellora das condicións de vida das persoas que padecen esta enfermidade.
Os estudos epidemiolóxicos revelan que esta enfermidade afecta xa ao 6% da poboación española, cunha tasa de diabete descoñecida do 50%. Na comunidade galega a cifra de diabéticos é de 162.000, pero a tasa de descoñecemento permanece igual. Por iso deberíamos sinalar que este é un gran avance para os diabéticos diagnosticados e que son así debidamente tratados cos medios adecuados. Esta aplicación da biotecnoloxía permítelles dispoñer dunha insulina ante a que xa non sofran reaccións adversas e poder levar, polo tanto, unha vida o máis normal posible.
O problema xorde agora en diabéticos que non están diagnosticados, ou naqueles que, pese a ser conscientes do seu problema “reláxanse” nos seus hábitos alimenticios, na práctica de exercicio físico, nas revisións da vista ou no coidado dos seus pés; para o cal poderíanse promover campañas de diagnóstico precoz (con probas gratuitas de glucemia), de concienciación e charlas ou webs informativas a disposición dos afectados.