Un galego abre a vía para mellorar a eficacia da vacina da gripe.

O traballo, que publica «Nature Inmunology», permitirá desenvolver terapias para xerar máis anticorpos.

Como funciona a vacina da gripe? A resposta é simple e ata obvia: o virus (inactivado ou atenuado) introducese no organismo e é transportado ós nódulos linfáticos onde o sistema inmune xera os anticorpos contra a infección. Sen embargo, pouco se sabe de cómo ocorre este proceso. A pregunta, entonces, habería que reformulala: ¿Quén é o responsable de atrapar o virus e de activar os linfocitos B encargados de conter a infección viral mediante a xeración de anticorpos?

Un investigador galego que traballa na Universidade de Harvard (EE.UU.), Santiago Fernández González (Vilanova de Arousa) acaba de dar a resposta como principal autor dunha investigación que hoxe publica Nature Inmunology , a revista máis importante no campo da inmunología.

A clave para que todo funcione son as células dendríticas (glóbulos blancos que protexen ó corpo de microbios invasores), que son as responsables de atrapar o virus da gripe para que se inicie a resposta inmune ante a agresión. No traballo tamén se describeu o mecanismo polo cal estas células capturan e transportan o virus dentro do nódulo linfático ata levalo ós linfocitos B que producen os anticorpos. “Asa agora -recalca Santiago Fernández- descoñecíamos o proceso que vai dende a inxección da vacina asa a xeración da resposta inmune no organismo”.

Inmunodeprimidos

Este descubrimento non so supon un importante avance no conocemento de cómo funciona realmente a vacina da gripe, senón que tamén pode ter importantes aplicacións na práctica médica. Se se sabe cal é o mecanismo de captura e transporte do virus é factible mellorar a eficacia da vacinación, en especial en meniños e ancians, xa que 0 seu sistema inmune xera menos anticorpos, e en persoas inmunodeprimidas, como enfermos de cáncer ou sida. Nestos casos a súa eficacia é limitada.

imagen

 

Tags: , , , , , , , , , , ,