A Uni (de Vigo) e os nano (satélites)

imagenA ESA (Axencia Europea Espacial) otorgou á Universidade de Vigo a coordinación do maior proxecto de cooperación internacional de nanosatélites (satélites de menos de dez quilos). Vigo coordinará o lanzamento de nove dos dezaoito satélites, que formarán unha constelación de equipos destinados a dispoñer de comunicacións en países en vías de desenvolvemento en materias como a telemedicina, a monitorización do cambio climático ou a educación e que sirvan tamén para dar cobertura en caso de emerxencias, cando fallen os sistemas de terra. Estes equipos de telecomunicacións orbitarán arredor do planeta a unha distancia comprendida entre 500 e 600 km.O proxecto, que custa medio millón de euros ao ano chámase geocid e está avalado pola ONU. Nel participan oito grupos de investigación da Universidade de Vigo e Fernando Aguado, que coordina aos 70 investigadores (entre profesores, doutores, estudantes de doutorado e enxeñeiros que realizan o proxecto de fin de carreira), sinala que esta iniciativa “vainos consolidar como referencia no campo dos nanosatélites coa posibilidade da definición dun sistema completo”.Esta iniciativa, que de momento xa está apoiada polo Ministerio de Investigación e Ciencia, o concello de Vigo e unha entidade privada aínda non desvelada, coloca á Universidade de Vigo como pilar europeo do Humsat en colaboración coas universidades de California e a Nacional de México.

 

Tags: , ,