A enorme diversidade xenética dos Bosquimáns
Un equipo internacional de científicos, secuenciou os xenomas de varios indíxenas sudafricanos e, entre outros descubrimentos, descubriron que están entre as persoas con maior diversidade xenética do mundo.
Os xenomas de catro bosquimáns do deserto de Kalahari e unha persoa da etnia bantú son os primeiros dunha poboación indíxena en ser secuenciados. Máis de 1,3 millóns de variantes xenéticas novas engadíronse ás bases de datos sobre as variacións do xenoma humano, que ata agora se limitaran case ás variantes europeas.
Este descubrimiento ten importantes implicacións para a investigación médica, proporcionando indicadores potenciais sobre as orixes de moitas das enfermidades máis complexas, incluíndo o cancro. Tamén proporciona aos científicos datos importantes que lles axudarán a profundizar na historia da evolución humana e tamén en cómo evolucionaron as enfermidades que afectan á especie humana.
Tags: diversidade xenética