A composición e procedencia do po doméstico.

No seu estudo, os investigadores David Layton e Paloma Beamer sinalan que o po das vivendas é unha mestura de produtos que inclúen partículas de pel morta desprendida dos corpos das persoas, fibras das alfombras e de mobles tapizados, e partículas transportadas dende o exterior polo aire ou polas solas dos zapatos e outros obxetos afíns. Tamén pode incluir chumbo, arsénico e outras substancias potencialmente daniñas que proceden do aire e da terra exteriores. Isto pode ser especialmente preocupante se temos en conta que os nenos poden inxerilos involuntariamente ao meter na boca xoguetes e outros obxectos sucios de po. Os investigadores encontraron que aorredor do 60 por cento do po dunha vivenda orixínase fóra dela. Tamén estiman que case o 60 por cento do arsénico presente no po do chan das vivendas pode provir do arsénico existente no aire circundante.

imagen

 

Tags: ,

3 Respostas a “A composición e procedencia do po doméstico.”

  1. Señor Equis Dixo:

    É interesante saber máis ou menos de que está feito o po, sobre todo para un alérxico coma min. Tamén chama a atención saber que pode ser moi perxudicial se, acidentalmente, se inxire, polo seu posible contido en chumbo ou arsénico.
    Non me extraña que sexa alérxico a iso!

  2. David Dixo:

    Moi orixinal, pero deberíase especificar as cantidades si os investigadores as calcularon xa que parece que se pon chumbo e arsénico por alarmar.

  3. Sole y Daniela Dixo:

    Parecenos moi orixinal o articulo xa que os investigadores ,David Layton e Paloma Beamer,nos informan da composición e procedencia do po,que moitas veces pode incluir chumbo, arsénico e outras substancias potencialmente daniñas para os nenos que poden inxerir sen querer obxectos que conteñan po.