OS MEDICAMENTOS NON SEMPRE SON SAUDABLES

imagen

O uso excesivo de medicamentos estase a convertir nun problema habitual xa que algunha xente está automedicándose, consumindo sen ter unha necesidade moi elevada, chegando a acumular na súa casa moitos medicamentos que non utiliza e iso que agora nas farmacias hai puntos SIGRE… Isto pode chegar a ser moi perxudiacial para a saúde individual e de todos, sobre todo se se abusa dos antibióticos.

 

Tags: , ,

3 Respostas a “OS MEDICAMENTOS NON SEMPRE SON SAUDABLES”

  1. Maria casanova Dixo:

    deberíase de concienzar á poboación de que automedicarse pode ser perxudicial para a saúde. os medicamentos so poden ser administrados en caso de que no lo suxira o médico. únicamente nese caso.

  2. alba padin Dixo:

    Penso que a xente non se da de conta do dano que se poden chegar a facer eles mesmos por un uso excesivo do uso dos medicamentos sen necesitalos con urxencia. Xa que o seu abuso diario pode chegar a perder o seu efecto e que chegado o momento en que sí o necesitemos non fagan o efecto esperado.

  3. jessicasilva Dixo:

    A miña opinión é que a maioría das persoas toma medicamentos pola súa conta sen apenas necesitalos para que o malestar pase o máis pronto posible, pero non se dan conta de que canto máis veces tomen o mesmo antibiótico os efectos xa non serán os mesmos, xa que o organismo irase acostumando e como consecuencia algunhas persoas aumentarán a dosis, o que pode producir efectos prexudiciais para a súa saúde. Dende o meu punto de vista, para poñer fin a estes problemas, a solución sería informar mellor aos cidadáns dos efectos dañinos das medicinas consumidas sen alta necesidade e que ante calquera dúbida consulten a un médico, porque a saúde é o principal.