Selección natural

Podemos explicar a selección natural  mediante o exemplo da bolboreta Biston betularia, que presenta dúas coloracións, unha clara e unha escura. Antes da revolución industrial só se observaba bolboretas de cores claros en árbores de tronco claro. Coa contaminación causada pola Revolución Industrial os troncos das árbores oscurecéronse e as bolboretas escuras convertíronse en predominantes. A razón foi que as aves predadoras localizaban mellor as bolboretas brancas polo contraste de cor coa codia escurecida das árbores. A limpeza dos bosques a mediados do século XX volver a facer predominante as bolboretas claras.imagenAplica este concepto ao exemplo do uso dos antibióticos sobre as poboacións bacterianas. Explica por que dicimos que o uso abusivo dos antibióticos favorece a proliferación de bacterias resistentes.

 

Tags:

Unha resposta a “Selección natural”

  1. abelares Dixo:

    Con este exemplo das bolboretas que tiveron que mudar a súa cor, vemos claramente a selección natural das especies. Só sobreviven as que mellores aspectos e cualidades teñan. Aquí coas bolboretas vese que só puideron sobrevivir as que mudaron a cor da pel para poder pasar desapercibidas ante os seus depredadores.
    No caso dos antibióticos, o uso abusivo destes é malo porque ao usalos en grandes cantidades pode producir a resistencia antibiótica, que trata da capacidade que adiquire o microorganismo para resistir os efectos do antibiótico. A resistencia producese naturalmente pola selección natural a través de mutacións producidas por azar.